Gótico
De seguro que cando escoitas a palabra "gótico" véñenche á mente imaxes de xente con roupa negra, maquillaxes escuras e caras moi pálidas. Esta subcultura gótica ten as súas orixes na chamada "novela gótica" do século XIX (sóache un tal Drácula?). Nesta época estaban fascinados pola arte da Idade Media, en concreto pola arte dos séculos XIII-XV: a arte gótica orixinal.
Adóitase dicir que o gótico é a arte das cidades porque os monumentos máis representativos desta arte son as catedrais, que eran os monumentos máis grandes e espectaculares das cidades. Recordas de unidades anteriores o que era unha catedral? Preme aquí para refrescar estes coñecementos.
A orixe do termo "gótico" fai referencia a unha xente que xa coñecemos: os godos! Cando en Italia empregaron por primeira vez o termo "gótico" para referirse a este estilo artístico fixérono para marcar a diferenza que percibían entre a arte clásica e o románico ("dos romanos"), que empregaban os arcos de medio punto, e os arcos apuntados que xurdiron no norte de Europa. Parece que estes godos non eran tan bárbaros despois de todo...
Unha catedral é unha igrexa onde un bispo ten a súa sede principal. O nome vén do latín "cathedra", que significa cadeira. O termo fai referencia ao trono onde senta o bispo durante as celebracións relixiosas. Non todas as cidades teñen catedrais, soamente aquelas que son a capital dunha diocese, que como recordarás son as unidades da división relixiosa do territorio. Por poñer un exemplo, as dioceses serían o equivalente ás provincias, mentres que as parroquias poderían ser un equivalente aos concellos.
Lectura facilitada
A palabra "gótico" asociase a imaxes de xente con roupa negra, maquillaxes escuras e caras moi pálidas.
Esta subcultura gótica ten as súas orixes na chamada "novela gótica" do século XIX (sóache un tal Drácula?).
Nesta época estaban fascinados pola arte da Idade Media, en concreto pola arte dos séculos XIII-XV: a arte gótica orixinal.
Adóitase dicir que o gótico é a arte das cidades porque os monumentos máis representativos desta arte son as catedrais,
que eran os monumentos máis grandes e espectaculares das cidades.
A orixe do termo "gótico" fai referencia a unha xente que xa coñecemos: os godos!
Cando en Italia empregaron por primeira vez o termo "gótico" para referirse a este estilo artístico
fixérono para marcar a diferenza que percibían entre a arte clásica e o románico ("dos romanos"),
que empregaban os arcos de medio punto, e os arcos apuntados que xurdiron no norte de Europa.
Parece que estes godos non eran tan bárbaros despois de todo...