Saltar navegación

A pintura

Información

A pintura é de todas as artes a que menos se conserva, debido a súa fraxilidade, e que se desenvolvía no interior das igrexas e polo fume das candeas e o uso degradábanse e eran substituídas por outras ou directamente encaladas. Os mellores exemplos son as pinturas do Penteón Real de San Isidoro de León; os frescos de San Clemente y Santa María de Tahull, no Val de Bohí no Pireneo catalán: e no caso de Galicia as pinturas da basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz). Todas estes exemplos son do século doce (XII).

Fotografía da Ábsida de Santa María de Tahüll
Ábsida de Santa María de Tahüll, Vall de Bohí (Lleida)

Entre as características xerais da pintura románica destácanse:

  • A técnica do fresco para a pintura mural en paredes e ábsidas do interior das igrexas, como neste caso.
  • Grande influencia da arte bizantina sobre todo na estilización, o hieratismo e o siluetado das figuras. Empregan unhas figuras esquemáticas que son silueteadas de vermello e con anatomías desproporcionadas, sen perspectiva lineal nin profundidade.
  • Emprego de cores planas, puras e brillantes, sen mesturas, como contrapunto á escuridade dos interiores.
  • Os temas son relixiosos, cunha función didáctica, incluíndo contidos alegóricos, igual que na escultura.
  • A composición é antinatural, sen profundidade nin sombras nin introdución da paisaxe, utilizando só a perspectiva xerárquica.
  • A severidade e a maxestade son dúas características básicas de figuras como a de Cristo como Pantocrator.

Lectura facilitada

A pintura é de todas as artes a que menos se conserva, debido a súa fraxilidade.

Os mellores exemplos son as pinturas do Panteón Real de San Isidoro de León;

os frescos de San Clemente e Santa María de Tahull, no Val de Bohí no Pireneo catalán.

No caso de Galicia as pinturas da basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz).

Todas estes exemplos son do século doce (XII).

Entre as características xerais da pintura románica destácanse:

A técnica do fresco para a pintura mural en paredes e ábsidas do interior das igrexas.

Figuras estilizadas e hieráticas  e o siluetado das figuras. 

Cores planas, puras e brillantes.

Os temas son relixiosos, cunha función didáctica, igual que na escultura.

A composición é antinatural, sen profundidade, utilizando só a perspectiva xerárquica.

Severidade e a maxestade en figuras como a de Cristo como Pantocrator.

Pregunta de selección múltiple

Pregunta

Neste exemplo de San Climent de Tahüll, observa a imaxe, fai clic para agrandala se así o precisas.

Cales das características da pintura románica están presentes neste exemplo?

Fotografía da Ábsida de S Climent Tahüll

Respostas

Emprégase a técnica do fresco para a pintura mural en paredes e ábsidas do interior das igrexas.

Os temas non son relixiosos, incluíndo contidos alegóricos.

A severidade e a maxestade son dúas características básicas de figuras como a de Cristo como Pantocrator.

A composición natural, con sombras e paisaxes.

Emprégase a perspectiva xerárquica.

A influencia da arte romana reflíctese na estilización, o hieratismo e o siluetado das figuras.

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)