Saltar navegación

A arquitectura

 

Glosario

Arco de medio punto

Imaxe do arco de medio punto

Definición:

Elemento construtivo con forma xeralmente de semicírculo curva, que serve de soporte ou de ornamento.

Exemplo:

Esquema dun arco de medio punto.

Bóveda de canón

Imaxe da bóveda de canón

Definición:

Obra de fábrica de sección semicircular, que cobre ou espazo comprendido entre dous muros ou varios piares.

Exemplo:

Esquema dunha bóveda de canón.

Bóveda de aresta

Imaxe da bóveda de aresta

Definición:

Elemento arquitectónico abovedado que se utiliza para cubrir espazos cuadrangulares; resulta da intersección de dúas bóvedas de canón, que se cruzan perpendicularmente.

Exemplo:

Esquema dunha bóveda de aresta.

Contraforte

Imaxe dun contraforte

Definición:

É un engrosamento puntual no lenzo dun muro, normalmente cara ao exterior, usado para transmitir as cargas transversais á cimentación. Os contrafortes, que permiten ao muro resistir empuxes, coñécense desde tempos antigos e foron profusamente usados en todo tipo de construcións, sendo elementos característicos da arte románica e gótica.

Exemplo:

Esquema dos contrafortes (gris escuro), apoiando os muros (gris claro).

Ciborio

Fotografía dun cimborrio

Definición:

É un elemento arquitectónico en forma de torre erixido sobre o cruceiro dunha igrexa,​ que permite iluminar e ventilar o interior. Xeralmente son de planta cadrada ou octogonal e descansan sobre os arcos torais ou ben sobre pechinas ou trompas.

Vista interior dun ciborio sobre trompas.

Doela

Imaxe dunha Doela

Definición:

Cada unha das pedras, en forma de cuña que compoñen o arco ou a bóveda e se caracterizan pola súa disposición radial (ver arco de medio punto).

Exemplo:

Esquema das doelas dun arco. A central chamase clave.

Fuste

Fotografía dun Fuste

Definición:

Parte alongada dunha columna, comprendida entre a base e o chapitel.

Exemplo:

Fustes das columnas do claustro de San Andrés de Arroyo.

Lintel

Imaxe dun Lintel

Definición:

Peza horizontal, xeralmente de pedra ou madeira, que limita pola parte superior o oco dunha porta ou ventá.

Exemplo:

Esquema dun vano ou oco cuberto con lintel.

Mandorla

Fotografía dunha Mandorla

Definición:

Encadramento elíptico que rodea algunhas imaxes relixiosas.

Exemplo:

Detalle do pórtico de Santa Fe de Conques, no que podes ver a mandorla.

Nave

Fotografía dunha nave central

Definición:

Espazo amplo e alongado que forma o interior dun edificio, normalmente cuberto por unha bóveda ou algo similar.

Exemplo:

Nave central da basílica de Vezelay.

Óculo

Fotografía dun Óculo

Definición:

Unha abertura ou xanela de forma circular ou oval. A súa función é a de proporcionar iluminación. Tamén pode usarse de xeito exclusivamente decorativo.

Exemplo:

Óculo do transepto da catedral de Santiago

Pechina

Esquema dunha pechina

Definición:

Elemento estrutural e construtivo que resolve o encontro entre a base circular dunha cúpula e un espazo inferior de planta cadrada, mediante os arcos torais sobre os que apoia

Exemplo:

Esquema do sistema de cúpula (a), sobre pechinas (b).

Parteluz

Fotografía dun parteluz

Definición:

Columna que divide en dous o oco dun pórtico ou dunha ventá.

Exemplo:

Parteluz do Pórtico da Gloria, catedral de Santiago.

Trompa

Esquema dunha trompa

Definición:

Unha porción de bóveda truncada semicónica que sobresae fóra de dous muros que se cortan e que permite a transición de dúas estruturas portantes de diferente trazado xeométrico, como o dunha bóveda octogonal ou esférica sobre unha base cadrada ou para achafranar unha esquina.

Exemplo:

Esquema de trompa como elemento de transición entre un espazo cadrado e outro circular.

Rosetón

Fotografía dun rosetón

Definición:

É unha fiestra circular calada, dotada de vidreiras, cuxa trazaría disponse xeralmente de forma radial.

Exemplo:

Rosetón da fachada do Mosteiro de Santa María da Armenteira.

Vidreira

Detalle dunha vidreira

Definición:

Son elementos arquitectónicos constituídos por anacos de vidro, xeralmente de cores, combinados para formar deseños.

Exemplo:

Detalle dunha vidreira, capela de Eyneburg, Bélxica.

Información

O primeiro románico

Unha vez que vimos os elementos da arquitectura, as pezas principais, imos  ver como evolucionaron as formas construtivas ao longo dos séculos, saltando de século en século na nosa viaxe, nos que o románico foi o estilo construtivo de moda na arquitectura europea. E antes coma agora ir á moda era importante!

O xeito de construír vaise modificando co paso do tempo, querían gañar altura, ter unha maior luminosidade, facer os edificios máis grandes e máis proporcionados. Buscaban ir máis alá da funcionalidade, tamén querían edificios harmoniosos. 

O denominado primeiro románico, de principios do século once (XI),  ten a súa orixe  na  zona da Lombardía, ao norte de Italia; en Normandía, ao norte de Francia, na Borgoña, na zona central de  Francia, onde parece que naceu, e en Cataluña por influencia Lombarda.

A difusión dos estilos realízase a través da difusión de obradoiros itinerantes de canteiros desas zonas. As construcións empregan, xeralmente, un tipo de aparello pequeno de pedra con dimensións parecidas ao ladrillo, e tallados de xeito irregular.

Cara ao exterior os muros están decorados por series de arquillos cegos e bandas lombardas. Polo xeral, esta decoración adoita empregarse en pequenos edificios. En Galicia temos un exemplo, a Igrexa, antes mosteiro, de San Antoniño de Toques. Unha doazón de terras que o rei de Galiza, Don García, concede en abril de 1067 ao mosteiro beneditino.

Fotografía da Igrexa de San Antolín de Toques
Igrexa de San Antolín, Toques (A Coruña)

Aínda que as igrexas son, polo xeral de planta basilical, este exemplo por ser un templo de pequenas dimensións só ten unha nave.

Recollen este tipo de planta de tradición paleocristiá, dunha nave principal cadrada e outras laterais máis baixas, con filas de columnas, con ou sen cripta. Neste período desenvólvense notablemente as cabeceiras dos edificios, a parte da ábsida.

Moito máis coñecidas que o exemplo de San Antoniño son as igrexas da zona do Pireneo catalán que pola súa proximidade á zona de orixe encaixan moito mellor nas características deste primeiro románico.

  • Cabeceiras desenvolvidas, fíxate que ten tres ábsidas, un para cada unha das naves interiores da planta basilical.
  • Emprego de aparello irregular.
  • Decoración exterior en bandas lombardas.
Fotografía das Ábsidas de Sant Climent de Taüll
Ábsida de Sant Climent de Taüll, Vall de Bohí (Lleida)

O románico pleno

Chegamos a finais do século once e principios do trece (ss. finais XI-principios XII). Denomínase románico pleno a arquitectura que se desenvolve en Europa occidental neste tempo. Agora poder ver un estilo xa maduro e capaz de crear grandes complexos arquitectónicos, como as grandes igrexas de peregrinación, e grandes catedrais e centro monásticos coma os de Vezelay, Cluny, Moissac.

Fotografía da Basílica de Vezelay
Interior da Basílica de Ste. Madeleine de Vezelay, Francia

Fíxate agora como este estilo ten unhas características diferentes ás construcións do período anterior.

Os edificios están repletos de escultura monumental, decóranse as portadas e capiteis con programas iconográficos máis complexos, xeralmente o Xuízo Final, e as esculturas están policromadas. Todo o edificio está decorado, reservándose a pintura ao fresco para o interior das igrexas.
Nos muros, emprégase o perpiaño, pedra cortada a escuadrada e pulida. Deixan de lado a pedra pequena e irregular do período anterior.
Para soster as cubertas, ademais doutros soportes úsase o piar composto e a columna.
Os edificios fanse agora máis complexos, con múltiples volumes e alturas,  máis grandes desenvolvendo as cabeceiras con xirolas e ábsidas máis complexas.
O Románico pleno propágase rapidamente por toda a Europa do século once (XI) pola influencia da unificación monástica de Cluny, que exporta o seu modelo a toda Europa para as súas edificacións e o auxe das peregrinacións, que van estender pola rede do Camiño, o modelo de Igrexa de Peregrinación. Podes saber moito máis destes edificios no apartado inferior.

Debuxo da Igrexa de Cluny 3
Recreación da Igrexa de Cluny, alzado exterior (Francia)

Neste tempo xurdiu unha nova orde relixiosa. A orde de Cluny contribuíu decisivamente ao esplendor da arte románico, sendo un dos centros desde onde se expandiu ao resto de Europa a través da fundación de novos mosteiros. Fundáronse numerosas casas por toda Europa que dependían da casa nai, nun número impresionante: 850 en Francia, 52 en Italia, 109 en Alemaña, máis de 20 na Península Ibérica e 43 en Gran Bretaña, superando entre todas os 10.000 monxes en Europa.

Deste xeito converteuse nunha orde moi poderosa e un dos principais focos da vida intelectual e artística da Europa medieval, grazas a toda a súa rede de mosteiros. Debido á sistematización das súas construcións, construían segundo o modelo da igrexa orixinal, e a ser un dos puntos de partida para o Camiño de Santiago foi o centro de irradiación do románico e da Reforma Gregoriana da Igrexa.

Esta igrexa de Cluny que tes arriba, denominada Cluny 3 (III), era un grande espazo basilical,  de 187 metros de lonxitude, dividido en cinco naves no corpo principal da igrexa, posúe un cruceiro dobre, (unha cruz con dous transeptos ou brazos curtos). Aos pes da igrexa ábrese un atrio ou pórtico para acoller os fieis.

Plano da abadía de Cluny 3
Plano da abadía de Cluny, Francia

 Fíxate no gran desenvolvemento da cabeceira. Ten unha grande xirola, sobre a que poderían "xirar" os fieis, ao redor das reliquias e cinco capelas absidais, que se abren á xirola. 

O románico final

No século XII, a partir do seu derradeiro terzo,  comezou o declinar da arte románica. En Francia, os mestres albaneis dos arredores de París déronlle á bóveda de crucería un novo papel, creando bóvedas que lanzan sobre naves máis altas, con máis e máis luz, nas grandes catedrais.

Comezan a aparecer os arcos apuntados, ao principio como simple recurso construtivo e máis tarde como arte ornamental, son máis elegantes. Case todas as igrexas dos mosteiros da nova orde relixiosa do Císter que leva o pulo construtivo en Europa nese momento,  empregan estes arcos apuntados, ao mesmo tempo que se seguen usando os pesados contrafortes e arcadas de medio punto propias do románico.  A orde cisterciense naceu como unha reforma da cluniacense anterior, co desexo dunha nova espiritualidade. Por iso buscan o ermo, os lugares afastados, como lugar de emprazamento para os seus mosteiros.

As súas construcións prescinden dos adornos, en consonancia cos preceptos da súa orde de ascetismo rigoroso e pobreza, conseguindo uns espazos limpos e orixinais. O seu estilo inscríbese no final do románico, con elementos do gótico inicial, o que se chamou «estilo de transición».

Pouco a pouco vaise conformando un novo estilo. O Gótico.

Noutras partes de Europa e tamén dentro Galicia, séguese construíndo en estilo románico, este é o tempo da finalización da catedral de Santiago. A grande catedral estaba aínda sen rematar. O proxecto previsto non se leva a cabo, partes desta estrutura incorpóranse á decoración da portada de Praterías.

O Mestre Mateo, un mestre construtor do que se pensa que tiña un orixe galego e parece que tiña unha dilatada carreira as súas costas ao longo do Camiño de Santiago,  finaliza os derradeiros tramos das naves e o peche occidental, xa que a catedral estaba sen rematar. así como o seu pórtico e cripta. Todo elo nun estilo románico que continúa no estilo do xa feito en arquitectura, mantendo a unidade de estilo no interior,  pero que rompe coa tradición en escultura.

Coa realización do peche occidental a estrutura da catedral queda fixada ata a realización das obras na nova fachada do Obradoiro, xa no Barroco.

Debuxo da fachada do Obradoiro de José Vega
fachada do Obradoiro de José Vega (Santiago de Compostela)

Como podes ver, a fachada era moi distinta á actual. O Pórtico da Gloria estaba no exterior, exposto aos elementos, unha fachada con tres portas, un grande rosetón, que aínda é visible detrás da fachada actual e torres asimétricas.

A planta, queda rematada segundo un proxecto basilical cruciforme, con transepto, con capelas,  de tres naves, xirola, deambulatorio e capelas radiais. Seguindo as mesmas características que outras grandes igrexas do Camiño.

Lectura facilitada

 As formas construtivas evolucionan ao longo dos séculos,

querían gañar altura, ter unha maior luminosidade, facer os edificios máis grandes e máis proporcionados. 

O denominado primeiro románico, de principios do século once (XI),

ten a súa orixe  na  zona da Lombardía, ao norte de Italia;

en Normandía, ao norte de Francia, na Borgoña, na zona central de  Francia.

A difusión dos estilos realízase a través de obradoiros itinerantes de canteiros desas zonas.

Cara ao exterior os muros feitos con cachotes, están decorados por series de arquillos cegos e bandas lombardas. 

As igrexas son, polo xeral de planta basilical, as cabeceiras dos edificios, con gran desenvolvemento da ábsida.

Os elementos

Para comezar....

Esta é unha época, o Medievo,  de grande poder económico e social, da Igrexa que emprende grandes reformas monásticas reforzando a súa organización, e fomenta o desenvolvemento dos mosteiros, grandes centros económicos na época feudal e os mosteiros convértense en centro de oración, de vida intelectual, foco artístico, lugar de protección ante as invasións e conflitos. 
O poder da Igrexa e a forza da relixiosidade desta sociedade, nesta época maniféstase tanto nas cruzadas, a recuperación para a Cristiandade do que se chamaba nesa época Terra Santa, como no desenvolvemento das peregrinacións aos grandes centros do mundo cristián: Xerusalén, Roma e Santiago de Compostela, e no fenómeno das reliquias. Obxectos que tiñan carácter sagrado por estar en contacto ou ser parte dun santo ou santa, ou as máis importantes de apóstolos ou do mesmo Cristo.

Tamén se manifesta no monopolio de boa parte da cultura e da fe cristiá. Os mosteiros acumulan nas súas bibliotecas copias de obras e saber clásico e mesmo de Oriente e o Islam, que servirán de inspiración e fonte de coñecemento do saber medieval.

Así os edificios relixiosos,  as igrexas e catedrais son elementos necesarios para a salvación de toda a comunidade na que se localiza e para a poboación que contribúe a súa construción.

Cada estilo artístico, ten unha serie de elementos que axudan a súa identificación. Pensade nelas como as pezas dun xogo de construción. Neste tipo de xogos, hai pezas de distintas formas, bloques máis grandes, pequenos, rectangulares, cadrados... O románico ten unhas pezas de seu. Arcos de medio punto, compostos de doelas,  bóvedas de aresta e de canón, piares e columnas.... Algunhas son pezas para soster o edificio e outras están sostidas por estas. A combinación destas pezas ao longo do tempo dará lugar aos diferentes tipos de edificios.

Debuxo dun Xogo de pezas románicas

Imos ver algunha destas pezas coas que crear edificios románicos!!:

O arco

O arco. De medio punto, empregábase para pechar os vanos, portas e fiestras, cun remate semicircular, é un elemento tomado a imitación do mundo romano. Pensade que hai mil anos os restos de construcións romanas eran moito máis abundantes que hoxe e servían de referencia e aprendizaxe.

Cada unha das pezas que compón o arco chámanse doelas. As doelas son pedras labradas en forma de cuña, para formar os arcos e as  bóvedas. A máis importante é a central chamada clave, as veces pode estar decorada, con elementos vexetais ou figurados.

As bóvedas

Os arcos cobren os vanos (portas e fiestras), cando se prolongan para cubrir un espazo, temos as bóvedas. Na arte románica empréganse fundamentalmente dous tipos de bóvedas, as de canón un arco prolongado que cubre un espazo rectangular, unha nave; e as de aresta, que se xera cando dúas bóvedas de canon se cruzan. Empréganse principalmente nas naves laterais. Neste exemplo podes ver as diferenzas.

Fotografía das Naves lateral e central da Catedral de Santiago.
Naves lateral e central da Catedral de Santiago (Galicia, España)

Columnas e piares

 As columnas e piares sostiñan a cubrición do edificio. Columna cando era un só soporte de sección circular e piares cando a sección é poligonal, e pode levar outras columnas acaroadas.

Fotografía so Piar da catedral de Santiago.
Piar da catedral de Santiago (Galicia)

As cubertas

Inicialmente foron edificios cubertos de madeira, pero a medida que pasa o tempo se desenvolve a cuberta en pedra, o abovedamento. A bóveda de canón tamén tomada do mundo romano, non é mais que a multiplicación de arcos de medio punto que cobren un corredor ou espazo rectangular. O peso da estrutura descansa os muros nos que se apoia, por iso, o muro, non é soamente cerramento do edificio senón que serve de apoio das bóvedas. No románico os muros serán grosos e macizos para soportar esta carga.

Fotografía da Columna e cubertas da Corticela en Compostela
 Columna e cubertas da Corticela en Compostela

Os capiteis

Sobre as columnas e piares, atopabanse os capiteis, de forma tronco-piramidal que se converte en un espazo moi apto para a decoración escultórica, escenas da Biblia ou ensinanzas morais.

Este exemplo, tomado da catedral de Santiago, ilustra un dos castigos que lle esperaban aos avaros, ser aforcados e queimados no inferno para toda a eternidade, por dous demos. Como ves toda a escena é moi expresiva e adáptase á forma do capitel, sen importar as proporcións das figuras. Preme na imaxe para ver os detalles.

Fotografía do Capitel do avaro, catedral de Santiago
 Capitel do avaro, catedral de Santiago

A planta

Para construír os grandes edificios da época, igrexas e catedrais, buscábase un modelo que entroncaba ca Antigüidade, este modelo era a basílica, que desde a época Paleocristiá era un modelo de edificio, que se adaptou moi ben á liturxia cristiá. Unha ábsida para o altar e un edificio divido en naves lonxitudinais para albergar os fieis, mantendo as divisións da sociedade do Medievo.

Debuxo dunha Planta dunha basílica
 Planta dunha basílica

Os contrafortes

 Están no exterior do edificio por mor do grande peso das bóvedas. Os contrafortes axudan a soportar o peso das cubertas e recollen os empuxes das bóvedas.

Fotografía dos Contrafortes
 Mosteiro das Huelgas, Burgos (España)

Lectura facilitada

No Medievo, a Igrexa tiña moito poder e construíu grandes edificios,

como as catedrais que eran necesarias para a salvación e a vida da comunidade.

A Igrexa atesouraba o coñecemento clásico nas súas bibliotecas.

A arquitectura románica usaba elementos como arcos de medio punto,

bóvedas e columnas para soster os edificios e crear un estilo propio.

Pensa nestes elementos; eran como as pezas dun xogo de construción

cos que se que formaban as grandes igrexas da época.

Apoio visual

Elementos da arquitectura románica

As igrexas de Peregrinación

As peregrinacións son un fenómeno que colle un grande auxe no século once (XI) en Europa, prodúcese unha febre por entrar en contacto con restos do pasado relixioso da cristiandade e os tempos e ordes buscan ter reliquias para atraer aos fieis aos seus templos.

Para acoller a esas grandes masas de peregrinos, xorden novas necesidades de espazo e de organización dos fieis, para isto vanse estendendo polo Camiño unha serie de templos románicos que presentan grandes semellanzas arquitectónicas. Son os grandes edificios do Románico pleno.

Son edificios de grandes proporcións, con tres ou cinco naves,  de planta basilical cruciforme cunha xirola ao redor das reliquias, moi desenvolvida á que se abren capelas radiais. Así se  permitiría ao mesmo tempo a celebración de cerimonias e outras necesidades do culto, coa trasfega de peregrinos e peregrinas que visitaban o templo.

A organización interior tamén se fai máis complexa, con unha división tripartita en altura. Unha parte inferior con arcos de medio punto que sosteñen a tribuna, un novo espazo sobre as naves laterais moi útil para aloxar os peregrinos e sobre esta, a bóveda de canón sostida por arcos faixóns que a reforzan.

Fotografía da nave central da catedral de Santiago de Compostela
Nave central da catedral de Santiago de Compostela, A Coruña

Fíxate no seguinte exemplo é Saint Sernín de Toulousse, en Francia, unha das denominadas igrexas de peregrinación, coma a de Compostela. Na súa planta podes observar todas as características deste tipo de edificios. Ten cinco naves lonxitudinais, unha das poucas diferencias coa compostelá que ten só tres, transepto de tres naves,  xirola, e ciborio sobre o cruceiro.

Esquema da Planta de S Sernín de Toulousse

1 Porta dos condes

2 Panteón dos condes

4 Porta de Miegeville

6 e 7 Torres occidentais

9, 10, 16, 17 Capelas transepto 

11-15 Ábsidas radiais capelas xirola

18 Ciborio

Lectura facilitada

As peregrinacións son un fenómeno que colle un grande auxe no século once (XI) en Europa.

Para acoller a esas grandes masas de peregrinos,

xorden novas necesidades de espazo e de organización dos fieis.

Edificios de grandes proporcións, con tres ou cinco naves,

de planta basilical cruciforme cunha xirola á que se abren capelas radiais. 

Na organización interior, unha división tripartita en altura.

Unha parte inferior con arcos de medio punto que sosteñen a tribuna,

a bóveda de canón sostida por arcos faixóns que as reforzan.

Descobre e relaciona

Cada pardal co seu igual. Busca a relación entre a imaxe e a característica que máis lle corresponda.

%E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D6%F7%E1%F1%E7%F0%E0%F7%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%AE%E2%AC%D1%F3%F6%F3%B2%E2%F3%E0%F6%F3%FE%B2%F1%FD%B2%E1%F7%E7%B2%FB%F5%E7%F3%FE%BC%B2%D0%E7%E1%F1%F3%B2%F3%B2%E0%F7%FE%F3%F1%FBa%FC%B2%F7%FC%E6%E0%F7%B2%F3%B2%FB%FF%F3%EA%F7%B2%F7%B2%F3%B2%F1%F3%E0%F3%F1%E6%F7%E0%7F%E1%E6%FB%F1%F3%B2%E3%E7%F7%B2%FFs%FB%E1%B2%FE%FE%F7%B2%F1%FD%E0%E0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F3%BC%AE%BD%E2%AC%B0%BE%B0%E1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%FB%E6%FB%FC%F7%E0%F3%E0%EB%B0%A8%E9%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FE%E7%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%A6%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%D5%F3%FF%F7%B0%A8%C9%E9%B0%F6%F3%E6%F3%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D3%E0%F1%FD%B2%F6%F7%B2%FF%F7%F6%FB%FD%B2%E2%E7%FC%E6%FD%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%A6%A4%A4%E2%EA%BF%D3%E0%F1%FD%CD%E0%FD%FF%F3%FC%FB%F1%FD%CD%F6%F7%CD%C1%F3%FC%CD%C2%F7%F6%E0%FD%CD%F6%F7%CD%FE%F3%E1%CD%D6%E7%F7%FC%F3%E1%CD%BA%DF%BC%D3%BC%DC%BC%BB%CD%A2%A3%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A7%BF%A3%AB%A0%A0%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A7%BF%A3%AB%A0%A6%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%D3%E0%F1%FD%B2%F6%F7%B2%DF%F7%F6%FB%FD%B2%C2%E7%FC%E6%FD%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%BE%B0%FE%F7%FC%F5%E6%FA%B0%A8%A2%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%F6%F3%E6%F3%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A7%BF%A3%AB%A0%A5%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%D1%F3%FE%B2%F4%FD%FB%B2%FD%B2%E6%FB%E2%FD%B2%F6%F7%B2%E2%FE%F3%FC%E6%F3%B2%FFs%FB%E1%B2%E7%E6%FB%FE%FB%E8%F3%F6%F3%B2%FC%F3%B2%F3%E0%E3%E7%FB%E6%F7%F1%E6%E7%E0%F3%B2%E0%F7%FE%FB%EA%FB%FD%E1%F3%B2%FC%FD%B2%C0%FD%FFs%FC%FB%F1%FD%AD%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%BE%B0%FE%F7%FC%F5%E6%FA%B0%A8%A2%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%C2%FE%F3%FC%E6%F3%B2%F0%F3%E1%FB%FE%FB%F1%F3%FE%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%A4%A6%A2%E2%EA%BF%C1%F3%FC%CD%DF%F3%E0%E6%FB%FC%CD%F6%F7%CD%D4%E0%FD%FF%FB%E1%E6%F3%BF%C2%FE%F3%FC%E6%F3%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A7%BF%A3%AB%A1%A2%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%D3%B2%E2%FE%F3%FC%E6%F3%B2%F0%F3%E1%FB%FE%FB%F1%F3%FE%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%F6%F3%E6%F3%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%DB%FF%F3%EA%F7%B2%F6%E7%FC%FA%F3%B2%FF%F3%FC%F6%FD%E0%FE%F3%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%A7%A5%A4%E2%EA%BF%A0%A2%A2%A1%CD%D1%FD%FC%E3%E7%F7%E1%CD%F1%F3%E0%E4%FB%FC%F5%CD%F6%F7%E6%F3%FB%FE%CD%DB%DF%D5%CD%A4%A1%A7%A0%BC%F8%E2%F7%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A7%BF%A3%AB%A6%A2%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C7%FC%FA%F3%B2%FF%F3%FC%F6%FD%E0%FE%F3%B2%7B%BC%BC%BC%AD%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A7%BF%A3%AB%A1%AB%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%FA%F3%FE%FD%B2%FD%E4%F3%FE%B2%FC%FD%B2%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6s%FC%B2%FB%FC%E1%F7%E0%FB%F6%FD%E1%B2%E2%F7%E0%E1%FD%FC%F3%EA%F7%E1%B2%E1%F3%F5%E0%F3%F6%FD%E1%B2%F6%F3%B2%E0%F7%FE%FB%EA%FBa%FC%B2%F1%E0%FB%E1%E6%FBs%BE%B2%E1%F7%FC%F6%FD%B2%FD%B2%FFs%FB%E1%B2%F1%FD%FFh%FC%B2%D1%E0%FB%E1%E6%FD%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%BE%B0%FE%F7%FC%F5%E6%FA%B0%A8%A2%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%F6%F3%E6%F3%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%DB%FF%F3%EA%F7%B2%F6%F7%B2%E6%E0%FD%FF%E2%F3%B2%F7%B2%F1h%E2%E7%FE%F3%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%A6%A3%AA%E2%EA%CD%F7%E1%E3%E7%F7%FF%F3%CD%E6%E0%FD%FF%E2%F3%BC%E2%FC%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A4%BF%A3%AB%A2%A2%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A4%BF%A3%AB%A2%A2%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C6%E0%FD%FF%E2%F3%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%BE%B0%FE%F7%FC%F5%E6%FA%B0%A8%A2%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%F6%F3%E6%F3%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D6%F7%F0%E7%EA%FD%B2%F6%F3%B2%F0a%E4%F7%F6%F3%B2%F6%F7%B2%F1%E0%E7%E8%F3%E0%7F%F3%B2%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%A6%A0%A0%E2%EA%CD%F5%E0%FD%FB%FC%F7%F6%CD%E4%F3%E7%FE%E6%CD%A2%A2%A3%BC%E2%FC%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A4%BF%A3%AB%A2%A7%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A4%BF%A3%AB%A2%A4%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%D0a%E4%F7%F6%F3%B2%F6%F7%B2%F1%E0%E7%E8%F3%E0%7F%F3%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%BE%B0%FE%F7%FC%F5%E6%FA%B0%A8%A2%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%F6%F3%E6%F3%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D6%F7%F0%E7%EA%FD%B2%F6%F3%B2%F0a%E4%F7%F6%F3%B2%F6%F7%B2%F1%F3%FCa%FC%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%A6%A6%A4%E2%EA%CD%E1%FB%FC%F5%FE%F7%CD%E4%F3%E7%FE%E6%CD%A2%A2%A3%BC%E2%FC%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A4%BF%A3%AB%A3%A2%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A4%BF%A3%AB%A3%A3%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%D0a%E4%F7%F6%F3%B2%F6%F7%B2%F1%F3%FCa%FC%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%BE%B0%FE%F7%FC%F5%E6%FA%B0%A8%A2%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%F6%F3%E6%F3%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%C2%FE%F3%FC%E6%F3%B2%F0%F3%E1%FB%FE%FB%F1%F3%FE%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%E1%F3%FC%E6%FB%F3%F5%FD%CD%F6%F7%CD%F1%FD%FF%E2%FD%E1%E6%F7%FE%F3%CD%E2%FE%F3%FC%CD%E4%F7%E0%E6%FB%F1%F3%FE%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A4%BF%A3%AB%A3%A4%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DC%FD%E1%C6%E6%E1%BF%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A0%A4%BF%A3%AB%A3%A7%BC%E5%F3%E4%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C2%FE%F3%FC%E6%F3%B2%F0%F3%E1%FB%FE%FB%F1%F3%FE%B2%F1%E0%E7%F1%FB%F4%FD%E0%FF%F7%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%BE%B0%FE%F7%FC%F5%E6%FA%B0%A8%A2%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A2%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A2%A2%A2%A2%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F4%F4%F4%F4%F4%F4%B0%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%EF%CF%BE%B0%FB%E1%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%A3%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D0%E7%E6%E6%FD%FC%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%E0%F7%E2%F7%F3%E6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D3%F4%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%F3%E1%F7%C1%F7%FC%E1%FB%E6%FB%E4%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D4%D0%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E4%F7%E0%E1%FB%FD%FC%B0%A8%A3%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%DF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E6%FB%FF%F7%C1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%A1%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E6%E1%B0%A8%A2%BE%B0%F5%F3%FF%F7%DF%FD%F6%F7%B0%A8%A2%BE%B0%F5%F3%FF%F7%DE%F7%E4%F7%FE%E1%B0%A8%A3%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%F3%E0%F6%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%DB%D6%B0%A8%B0%E1%F7%F5%E7%FB%FF%F7%FC%E6%FD%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A7%A3%A0%A7%A3%AA%A0%A7%A7%BF%A4%A2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F0%FF%FB%E6%B0%A8%B0%D7%FC%E4%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B2%7B%A8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%CA%FD%F5%F3%E0%B2%FD%E7%E6%E0%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F3%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%E1%B0%A8%B0%D7%E0%E0%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%E1%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%C4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%FB%E6%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C1%F3%7F%E0%B2%F6%F7%B2%E2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%DB%FF%F3%F5%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B2%E1%F7%FC%B2%FB%FF%F3%EA%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FD%FE%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%C6%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%A1%A1%A2%B2%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%D7%EA%F1%F7%FE%F7%FC%E6%F7%B3%B2%EE%B2%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%EE%B2%DF%FD%FB%B2%F0%F7%FC%B3%B2%EE%B2%C2%F7%E0%F4%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F7%E0%F3%B2%FB%E1%FD%B3%B2%EE%B2%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%DC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%C1%F7%FC%E6%7F%FF%FD%FE%FD%B3%B2%EE%B2%D7%E0%E0%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%DC%F7%F1%F7%E1%FB%E6%F3%E1%B2%E2%FD%FE%FD%B2%FF%F7%FC%FD%E1%B2%E7%FC%B2%B7%E1%B7%B2%F6%F7%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%BC%B2%C4%FD%FE%E4%F7%B2%E6%F7%FC%E6%F3%FE%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%FC%E6%F7%E1%B2%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F1%FD%FF%F7%F1%F7%B2%F3%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%FD%FC%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%E2s%EA%FB%FC%F3%B2%FC%FD%FC%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%E7%FC%B2%E2%F3%E3%E7%F7%E6%F7%B2%C1%D1%DD%C0%DF%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%D3%E7%E6%FD%E0%7F%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F3%E7%E6%FD%FF%F3%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DE%F3%E1%E6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%F6%F3%B2%7B%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E6%EB%D1%FD%FF%E2%FE%EB%B0%A8%B0%CA%F3%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%F1%FA%F7%E1%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C6%FB%FF%F7%E1%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%FD%E1%F7%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%D3%E7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%F0%FD%FD%E6%B0%A8%B0%C0%F7%FB%FC%FB%F1%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%DD%E4%F7%E0%B0%A8%B0%DD%B2%E6%F7%E7%B2%E6%F7%FF%E2%FD%B2%F4%FB%FC%F3%FE%FB%E8%FD%E7%BC%B2%C6%7B%FC%E6%F3%FD%B2%F6%F7%B2%FC%FD%E4%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%FE%FE%D3%E6%E6%F7%FF%E2%E1%B0%A8%B0%D7%E1%F5%FD%E6%F3%F1%FA%F7%E1%B2%E6%FD%F6%FD%E1%B2%FD%E1%B2%FB%FC%E6%F7%FC%E6%FD%E1%B3%B2%C2%E0%FD%F0%F3%B2%F6%F7%B2%FC%FD%E4%FD%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D3%FE%FE%D1%F3%E0%F6%E1%B0%A8%B0%D3%E6%FD%E2%F3%F1%FA%F7%E1%B2%E6%FD%F6%F3%E1%B2%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F7%FE%FE%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D3%FE%FE%C6%E0%FB%FD%E1%B0%A8%B0%D3%E6%FD%E2%F3%F1%FA%F7%E1%B2%E6%FD%F6%FD%E1%B2%FD%E1%B2%E6%E0%7F%FD%E1%B3%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D3%FE%FE%C3%E7%F3%E0%E6%F7%E6%E1%B0%A8%B0%D3%E6%FD%E2%F3%F1%FA%F7%E1%B2%E6%FD%F6%FD%E1%B2%FD%E1%B2%F1%E7%F3%E0%E6%F7%E6%FD%E1%B3%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D5%F3%FF%F7%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%DD%B2%EA%FD%F5%FD%B2%F1%FD%FF%F7%E8%FD%E7%B3%B2%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FB%FD%FC%F3%B2%F6h%F3%E1%B2%F1%F3%E0%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D5%F3%FF%F7%C1%E6%F3%E0%E6%A1%B0%A8%B0%DD%B2%EA%FD%F5%FD%B2%F1%FD%FF%F7%E8%FD%E7%B3%B2%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FB%FD%FC%F3%B2%E6%E0%F7%E1%B2%F1%F3%E0%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D5%F3%FF%F7%C1%E6%F3%E0%E6%A6%B0%A8%B0%DD%B2%EA%FD%F5%FD%B2%F1%FD%FF%F7%E8%FD%E7%B3%B2%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FB%FD%FC%F3%B2%F1%F3%E6%E0%FD%B2%F1%F3%E0%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%F0%F7%E0%E1%D3%E6%E6%F7%FF%E2%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%FB%FC%E6%F7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%F3%FB%E0%E1%B0%A8%B0%C2%F3%E0%F7%FE%FE%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%FB%FD%E1%B0%A8%B0%C6%E0%7F%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C3%E7%F3%E0%E6%E1%B0%A8%B0%D1%E7%F3%E0%E6%F7%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E6%E6%F7%FF%E2%E6%E1%B0%A8%B0%C6%F7%FC%E6%F3%E6%FB%E4%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%C2%F3%FB%E0%B0%A8%B0%C7%FC%FA%F3%B2%E2%F3%E0%F7%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%BC%B2%D3%B2%E2%FD%FE%F3%B2%E1%F7%F5%E7%FB%FC%E6%F7%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%C6%E0%FB%FD%B0%A8%B0%C7%FC%B2%E6%E0%7F%FD%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%FD%BC%B2%D3%B2%E2%FD%FE%F3%B2%E1%F7%F5%E7%FB%FC%E6%F7%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%C3%E7%F3%E0%E6%F7%E6%B0%A8%B0%C7%FC%B2%F1%E7%F3%E0%E6%F7%E6%FD%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%FD%BC%B2%D3%B2%E2%FD%FE%F3%B2%E1%F7%F5%E7%FB%FC%E6%F7%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%FE%F7%F1%E6%D1%F3%E0%F6%B0%A8%B0%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FB%FD%FC%F3%B2%FD%E7%E6%E0%F3%B2%E6%F3%E0%EA%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%FE%F7%F1%E6%D1%F3%E0%F6%DD%FC%F7%B0%A8%B0%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FB%FD%FC%F3%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E6%F3%E0%EA%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%FD%FD%F9%FB%F7%B0%A8%B0%DB%FC%FB%F1%FB%F3%FE%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%E2%F7%E0%E6%B0%A8%B0%DF%F7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%E1%E6%F7%E0%B0%A8%B0%D3%E4%F3%FC%E8%F3%F6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%F7%E4%F7%FE%B0%A8%B0%DC%FB%E4%F7%FE%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%FE%F7%F1%E6%DE%F7%E4%F7%FE%B0%A8%B0%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FB%FD%FC%F3%B2%E7%FC%B2%FC%FB%E4%F7%FE%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D6%F7%E1%F1%FD%F0%E0%F7%B0%EF%EF
012345600112233445566
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Estudo de caso

As igrexas de peregrinación foron a solución ás novas necesidades que crearon as peregrinacións e os desprazamentos de fieis ao longo de Europa occidental. 

Aquí tes dous exemplos do que se denomina Igrexas de peregrinación. Na parte esquerda a catedral de Santiago de Compostela e na parte dereita a basílica de Sant Sernín de Toulousse, ambas do século once (XI).

Como xa viches, ao longo do Camiño circulaban as cuadrillas e obradoiros que construían os edificios principais. As grandes catedrais presentan así elementos comúns ata o punto de parecer xemelgas.

Fai unha lista no teu caderno sobre cales son os elementos comúns nestes dou exemplos. Fíxate nos arcos, bóvedas, columnas.... Por que pensas que ocorre isto?

Fotografía do interior da Catedral de Santiago de Compostela
Interior da Catedral de Santiago de Compostela (Galicia, España)
Fotografía do interior de Sant Sernín de Toulousse
Interior de Sant Sernín de Toulousse (Francia)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)