Actividades finais
Actividade de lectura: O poema da Fonte dos Leóns
Na fonte do patio dos leóns hai inscrito un poema. Lédeo:
"Bendito sexa Aquel
que concedeu ao imán Muhammad
fermosas ideas para engalanar as súas mansións.
(...)
Vedes como a auga se derrama na taza, mais os seus canos agóchanse deseguida?
É un amante cuxas pálpebras rebordan de bágoas
bágoas que agochan por medo a un delator (....)
Analizade por parellas o poema e a fonte:
1.- Se o Corán prohibía a representación de figuras humanas e animais, por que na Alhambra de Granada hai 12 leóns vertendo auga e suxeitando unha fonte?
2.- Con que cualificativos definiriades a un león?
3. Pode haber algunha relación entre un león e o sultán? Cal? Que cualificativos da cuestión 2 poderiades utilizar para definir a un sultán?
4.- Observade os leóns na imaxe. Son todos iguais? Que diferencias vedes? Cal se cre que é a súa orixe?
5.- Cales son as principais ideas do poema? De quen fala? Que se di del? Explicade as palabras marcadas en negriña. Podedes axudarvos do dicionario da RAG. Premer aquí
6.- Seriades quen de dedicarlle vós un poema (un cuarteto) á mesma fonte?
Podedes atopar máis información sobre a Fonte dos Leóns no Blog do Padroado da Alhambra e Xeneralife premendo aquí.
Xa coñecemos o vocabulario da arte árabe. Resolvemos o Rosco?
Observe as letras, identifique e encha as palabras que faltan.
Importante: Lembrade que o Roscón é sensible ás faltas de ortografía, mais non tanto ás maiúsculas e minúsculas.
ÁNIMO! A XOGAR!!!
De volta ao diario
Xa traballaches cos contidos da Idade Media.
Aproveita que tes frescos os coñecementos adquiridos e cobre a fase 3 do teu diario de aprendizaxe.
Servirache para adiantar traballo de cara ao reto final.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0