Saltar navegación

A arquitectura gótica

De que vai isto da arquitectura gótica?

Na actualidade a ninguén se lle ocorrería derrubar a catedral de Santiago para construír enriba un rañaceos de aceiro e cristal. De feito... a case ninguén. Pero o certo é que este criterio conservacionista do patrimonio é relativamente recente. Historicamente, cando xurdía un estilo novo, non era raro que se derrubaran monumentos de épocas anteriores construídos en estilos que xa non estaban de moda para substituílos por outros novos. Sempre que houbera diñeiro, claro, porque xa podedes imaxinar que construír unha catedral non era un proxecto precisamente barato.

Antes de comezar coa arte gótica presentámosvos a catedral de Beauvais, en Francia. É un exemplo único, xa veredes o motivo.

En Beauvais había unha catedral románica, pero no século trece (XIII) decidiron renovala e substituíla por unha nova catedral gótica. Comezaron pola cabeceira, xa que era algo habitual para poder empregar o edificio aínda que non estivera rematado. O que pasou é que a catedral era tan alta (case cincuenta metros) que caeu! Volveron reconstruír a cabeceira, e levoulles case douscentos anos, de xeito que no século quince (XV) a catedral seguía sen rematar. No século dezaseis (XVI) caeu a cuberta do transepto e decidiuse que non era posible rematala. Deste xeito hoxe en día a catedral de Beauvais é un exemplo perfecto no que se pode ver a grande diferenza entre a nova parte gótica e a románica orixinal.

Fotografía da Catedral de Beauvais
Catedral de Beauvais, Francia

Lectura facilitada

En Beauvais había unha catedral románica, pero no século trece (XIII) decidiron renovala e substituíla por unha nova catedral gótica.

Comezaron pola cabeceira, xa que era algo habitual para poder empregar o edificio aínda que non estivera rematado.

O que pasou é que a catedral era tan alta (case cincuenta metros) que caeu!

Volveron reconstruír a cabeceira, e levoulles case douscentos anos, de xeito que no século quince (XV) a catedral seguía sen rematar.

No século dezaseis (XVI) caeu a cuberta do transepto e decidiuse que non era posible rematala.

Deste xeito hoxe en día a catedral de Beauvais é un exemplo perfecto no que se pode ver a grande diferenza entre a nova parte gótica e a románica orixinal.

A arquitectura gótica

A arquitectura gótica representa unha ruptura enorme da arquitectura románica. Ao final do século XV os edificios góticos van ser tan altos, tan luminosos e tan decorados como nunca se vira ata ese momento. Para que despois digan que a Idade Media foi un período escuro...

Sainte-Chapelle, París (Francia)
Fotografía da Sainte-Chapelle, París

Case todos os elementos arquitectónicos seguen a ser os mesmos que na arquitectura románica, pero vemos algunhas diferenzas:

Bóvedas de crucería

As bóvedas de crucería tamén se chaman bóvedas nervadas porque, efectivamente, teñen nervios! Os nervios son esas estruturas de pedra que comezan nas columnas e que continúan pola bóveda ata xuntarse no medio, na clave. Estes nervios son propios da arquitectura gótica, e transmiten a falsa idea de estar soportando o peso das cubertas, pero non é así. Por dicilo dalgunha maneira, son uns falsos soportes máis decorativos que funcionais. As bóvedas de crucería poden ser moi simples, con catro nervios que se cruzan no medio como as do claustro do mosteiro de Alcobaça en Portugal, ata exemplos moito máis complicados, como as "bóvedas tolas" da catedral de Lincoln, no Reino Unido.

Fotografía das Bóvedas de cruzaría do claustro do mosteiro de Alcobaça, Portugal
Bóvedas de cruzaría do claustro do mosteiro de Alcobaça, Portugal
Fotografía das Bóvedas tolas
Bóvedas tolas

Arcos apuntados

Mentres que no románico os arcos eran de medio punto, como na época clásica, na arquitectura gótica empregarán arcos apuntados, que son máis fortes e permiten levantar edificios máis altos, xa que soportan mellor as presións das bóvedas. Por que ocorre isto? Porque ao ter un remate máis apuntado as presións distribúense mellor cara os laterais, e non tanto sobre o propio arco. Mira o seguinte experimento para comprender mellor como funcionan os dous tipos de arcos:


Arcobotantes

Os arcobotantes son un invento da arquitectura gótica que permitiron levantar grandes edificios ademais de abrir grandes ventás, creando así grandes espazos diáfanos e moi luminosos. Estas estruturas pódense ver no exterior dos edificios, e son uns arcos que van dende o muro ata uns contrafortes illados. Esta innovación fixo que os muros soportaran moito menos peso e, por tanto, podíanse abrir enormes ventás. Compara estas dúas imaxes da catedral de Beauvais: á esquerda tés un alzado (unha representación do edificio como se o cortaramos cun coitelo para ver como é por dentro), mentres que á dereita tés a imaxe deses mesmos contrafortes na realidade. Ves como se corresponde o debuxo cos elementos do edificio?

Esquema de Arcobotante
 Esquema dun Arcobotante
Fotografía dos Arcobotantes e contrafortes da catedral de Beauvais, Francia
Arcobotantes e contrafortes da catedral de Beauvais, Francia

Novos tipos de elementos decorativos

A medida que o estilo foi evolucionando apareceron novos elementos decorativos que se incorporaron á arquitectura. Os dous principais elementos que aparecen nas últimas fases da arquitectura gótica son os gabletes e os pináculos.

  • Os gabletes son uns frontóns triangulares que se colocan enriba dos vanos, xa sexan fiestras ou portais. Estes elementos están moi decorados e ás veces soamente son elementos de tracería que unicamente teñen unha función ornamental.
  • Os pináculos son uns elementos que teñen forma de piña, de aí o nome, e están colocados enriba dos contrafortes ou rematando as torres dos edificios. Estes pináculos, ademais de ter unha función decorativa tamén teñen unha misión estrutural, xa que engaden peso ao contraforte na parte superior, mellorando a súa estabilidade e facendo que soporte mellor o peso dos arcos e os arbotantes que se apoian nel.
  • As tracerías son elementos decorativos que se colocan no interior dos vanos, é dicir, das fiestras, e serven para dividir o espazo delas e para decorar. Por exemplo, o máis sinxelo é abrir un oco no muro e deixalo así, como ocorre na arte románica. Pero no gótico decidiron decorar estes vanos, pois eran demasiado grandes. Deste xeito foron complicándose e evolucionando cara exemplos cada vez máis complexos e decorados.
Gablete
Fotografía resaltada do Gablete na catedral de Sevilla
Pináculos
Fotografía resaltada dos Pináculos na catedral de Amiens, Francia
Tracerías
Fotografía resaltada das Tracerías do claustro da catedral de Burgos

Novos tipos de edificios

Nos últimos séculos da Idade Media construíuse moito e as cidades creceron rapidamente. Ademais, cada vez máis membros do terceiro estamento tiñan máis riqueza, de xeito que construíron pazos como os da nobreza ou centros de comercio, como as lonxas e as bolsas. A verdade e que conservamos moitos máis edificios laicos de estilo gótico que románico, xa que a meirande parte dos edificios conservados dos séculos X-XII son relixiosos (igrexas ou catedrais) ou están relacionados directamente co clero. No caso dos séculos XIII-XV contamos con importantes exemplos de edificios non relixiosos, como a casa de Jacques Coeur en Bourges (Francia) ou a lonxa de Valencia. Outro edificio impresionante é o concello de Lovaina, en Bélxica, que foi construído dende o principio para ser a sede do goberno da cidade.

Fotografía do Pazo de Jacques Coeur en Bourges, Francia
 Pazo de Jacques Coeur, Bourges (Francia)
Fotografía do Interior da lonxa da seda de Valencia
Interior da lonxa da seda de Valencia
Fotografía do Concello de Lovaina, Bélxica
Concello de Lovaina, Bélxica

Lectura facilitada

A arquitectura gótica representa unha ruptura enorme da arquitectura románica.

Ao final do século XV os edificios góticos van ser tan altos, tan luminosos e tan decorados como nunca se vira ata ese momento.

Para que despois digan que a Idade Media foi un período escuro...

Case todos os elementos arquitectónicos seguen a ser os mesmos que na arquitectura románica, pero vemos algunhas diferenzas:

Bóvedas de crucería:

As bóvedas de crucería tamén se chaman bóvedas nervadas porque, efectivamente, teñen nervios!

Os nervios son esas estruturas de pedra que comezan nas columnas e que continúan pola bóveda ata xuntarse no medio, na clave.

Estes nervios son propios da arquitectura gótica, e transmiten a falsa idea de estar soportando o peso das cubertas, pero non é así.

Por dicilo dalgunha maneira, son uns falsos soportes máis decorativos que funcionais.

Arcos apuntados:

Mentres que no románico os arcos eran de medio punto, como na época clásica,

na arquitectura gótica empregarán arcos apuntados, que son máis fortes e permiten levantar edificios máis altos,

xa que soportan mellor as presións das bóvedas. Por que ocorre isto?

Porque ao ter un remate máis apuntado as presións distribúense mellor cara ós laterais, e non tanto sobre o propio arco.

Arcobotantes:

Os arcobotantes son un invento da arquitectura gótica que permitiron levantar grandes edificios ademais de abrir grandes ventás,

creando así grandes espazos diáfanos e moi luminosos.

Estas estruturas pódense ver no exterior dos edificios, e son uns arcos que van dende o muro ata uns contrafortes illados.

Esta innovación fixo que os muros soportaran moito menos peso e, por tanto, podíanse abrir enormes ventás.

Novos tipos de elementos decorativos:

A medida que o estilo foi evolucionando apareceron novos elementos decorativos que se incorporaron á arquitectura.

Os dous principais elementos que aparecen nas últimas fases da arquitectura gótica son os gabletes e os pináculos.

Os gabletes son uns frontóns triangulares que se colocan enriba dos vanos, xa sexan fiestras ou portais.

Estes elementos están moi decorados e ás veces soamente son elementos de tracería que unicamente teñen unha función ornamental.

Os pináculos son uns elementos que teñen forma de piña, de aí o nome, e están colocados enriba dos contrafortes ou rematando as torres dos edificios.

Estes pináculos, ademais de ter unha función decorativa tamén teñen unha misión estrutural,

xa que engaden peso ao contraforte na parte superior, mellorando a súa estabilidade e facendo que soporte mellor o peso dos arcos e os arbotantes que se apoian nel.

As tracerías son elementos decorativos que se colocan no interior dos vanos, é dicir, das fiestras, e serven para dividir o espazo delas e para decorar.

Por exemplo, o máis sinxelo é abrir un oco no muro e deixalo así, como ocorre na arte románica.

Pero no gótico decidiron decorar estes vanos, pois eran demasiado grandes.

Deste xeito foron complicándose e evolucionando cara exemplos cada vez máis complexos e decorados.

Novos tipos de edificios:

Nos últimos séculos da Idade Media construíuse moito e as cidades creceron rapidamente.

Ademais, cada vez máis membros do terceiro estamento tiñan máis riqueza,

de xeito que construíron pazos como os da nobreza ou centros de comercio, como as lonxas e as bolsas.

A verdade e que conservamos moitos máis edificios laicos de estilo gótico que románico,

xa que a meirande parte dos edificios conservados dos séculos X-XII son relixiosos (igrexas ou catedrais) ou están relacionados directamente co clero.

No caso dos séculos XIII-XV contamos con importantes exemplos de edificios non relixiosos,

como a casa de Jacques Coeur en Bourges (Francia) ou a lonxa de Valencia.

Outro edificio impresionante é o concello de Lovaina, en Bélxica, que foi construído dende o principio para ser a sede do goberno da cidade.

Identificas os elementos arquitectónicos?

Imos tratar de identificar os elementos arquitectónicos que estudamos a partir dunha descrición. Tranqui, tés un par de pistas para adiviñar de que estamos a falar.

1
%E9%B0%F3%E1%FB%F5%FC%F3%E6%E7%E0%F3%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%DB%F6%F7%FC%E6%FB%F4%FB%F1%F3%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%D7%EA%F7%B0%A8%B0%B7%A1%D1%E2%B7%A1%D7%DB%FF%FD%E1%B7%A0%A2%E6%E0%F3%E6%F3%E0%B7%A0%A2%F6%F7%B7%A0%A2%FB%F6%F7%FC%E6%FB%F4%FB%F1%F3%E0%B7%A0%A2%FD%E1%B7%A0%A2%F7%FE%F7%FF%F7%FC%E6%FD%E1%B7%A0%A2%F3%E0%E3%E7%FB%E6%F7%F1%E6%B7%D4%A1%FC%FB%F1%FD%E1%B7%A0%A2%E3%E7%F7%B7%A0%A2%F7%E1%E6%E7%F6%F3%FF%FD%E1%B7%A0%A2%F3%B7%A0%A2%E2%F3%E0%E6%FB%E0%B7%A0%A2%F6%E7%FC%FA%F3%B7%A0%A2%F6%F7%E1%F1%E0%FB%F1%FB%B7%D4%A1%FC%BC%B7%A0%A2%C6%E0%F3%FC%E3%E7%FB%B7%A0%D1%B7%A0%A2%E6%B7%D7%AB%E1%B7%A0%A2%E7%FC%B7%A0%A2%E2%F3%E0%B7%A0%A2%F6%F7%B7%A0%A2%E2%FB%E1%E6%F3%E1%B7%A0%A2%E2%F3%E0%F3%B7%A0%A2%F3%F6%FB%E4%FB%B7%D4%A3%F3%E0%B7%A0%A2%F6%F7%B7%A0%A2%E3%E7%F7%B7%A0%A2%F7%E1%E6%F3%FF%FD%E1%B7%A0%A2%F3%B7%A0%A2%F4%F3%FE%F3%E0%BC%B7%A1%D1%BD%E2%B7%A1%D7%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%C7%E6%FB%FE%FB%E8%F3%B2%F3%E1%B2%E2%FB%E1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F6%F7%E1%F1%E7%F0%E0%FB%E0%B2%F3%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%B2%FD%F1%E7%FE%E6%F3%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%B0%BE%B0%E1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%C0%F3%FF%F6%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E6%FB%FF%F7%C1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%A1%BE%B0%FB%E6%FB%FC%F7%E0%F3%E0%EB%B0%A8%E9%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FE%E7%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%A6%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%B0%E3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%D5%F3%FF%F7%B0%A8%C9%E9%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%D1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D1%FD%FE%E7%FF%FC%F3%E1%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%C1%F3%FC%E6%F3%CD%DF%F3%E0%FB%F3%CD%F6%F7%CD%D1%F3%E0%E0%F3%F1%F7%F6%FD%BE%CD%A0%A2%BF%A0%BF%A0%A2%A3%A2%CD%BA%A3%A1%BB%BF%FF%FB%FC%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C1%FD%E2%FD%E0%E6%F7%BE%B2%FB%FE%FE%F3%F6%FD%B2%FD%E7%B2%F3%F6%FD%E1%F3%F6%FD%B2%F3%FD%B2%FF%E7%E0%FD%BE%B2%E3%E7%F7%B2%F3%F5%E7%F3%FC%E6%F3%B2%E7%FC%FA%F3%B2%F1%E7%F0%F7%E0%E6%F3%BE%B2%E7%FC%B2%F3%E0%F1%FD%B2%FD%E7%B2%FD%E7%E6%E0%FD%E1%B2%F7%FE%F7%FF%F7%FC%E6%FD%E1%BC%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D1%FD%FE%E7%FF%FC%F3%B0%BE%B0%F1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%C9%B0%D7%E1%E6s%B2%F4%FD%E0%FF%F3%F6%F3%B2%E2%FD%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%F0%F3%E1%F3%BE%B2%E7%FC%B2%F4%E7%E1%E6%F7%B2%F7%B2%E7%FC%B2%F1%F3%E2%FB%E6%F7%FE%BC%B0%BE%B0%DC%F3%B2%7B%E2%FD%F1%F3%B2%F1%FEs%E1%FB%F1%F3%B2%E2%FD%F6%7F%F3%FC%B2%E1%F7%E0%B2%F6a%E0%FB%F1%F3%E1%BE%B2%EAa%FC%FB%F1%F3%E1%B2%FD%E7%B2%F1%FD%E0%FB%FC%E6%FB%F3%E1%BC%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E6%E1%B0%A8%A1%EF%BE%E9%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%D1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D3%E0%F1%FD%B2%F3%E2%E7%FC%E6%F3%F6%FD%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DE%F3%CD%C1%F3%FC%E6%F3%CD%D7%E1%E2%FB%FC%F3%BE%CD%A5%BF%A7%BF%A0%A2%A3%A5%CD%BA%A0%A0%BB%BF%FF%FB%FC%BC%D8%C2%D5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C6%FB%E2%FD%B2%F6%F7%B2%F3%E0%F1%FD%B2%E2%E0%FD%E2%FB%FD%B2%F6%F3%B2%F3%E0%E3%E7%FB%E6%F7%F1%E6%E7%E0%F3%B2%F5a%E6%FB%F1%F3%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D3%E0%F1%FD%B2%F3%E2%E7%FC%E6%F3%F6%FD%B0%BE%B0%F1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%C9%B0%C0%F7%F1%FB%F0%F7%B2%FD%B2%FC%FD%FF%F7%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%E1%F7%B2%E2%F3%E0%F7%F1%F7%B2%F3%B2%E7%FC%FA%F3%B2%F4%E0%F7%F1%FA%F3%BC%BC%BC%B0%BE%B0%DD%B2%FC%FD%FF%F7%B2%E2%F3%E0%7B%F1%F7%E1%F7%B2%F3%FD%B2%F6%FD%B2%F3%E0%F1%FD%B2%F6%F7%B2%FF%F7%F6%FB%FD%B2%E2%E7%FC%E6%FD%B2%F6%FD%B2%E0%FD%FFs%FC%FB%F1%FD%BC%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E6%E1%B0%A8%A6%EF%BE%E9%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%D1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D0a%E4%F7%F6%F3%B2%F6%F7%B2%F1%F3%FCa%FC%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%DB%DF%D5%CD%A0%A2%A0%A7%A2%A3%A3%A4%CD%A3%A1%A2%A5%A7%A6%BC%A0%BF%FF%FB%FC%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C6%FB%E2%FD%B2%F6%F7%B2%F0a%E4%F7%F6%F3%B2%E2%E0%FD%E2%FB%F3%B2%F6%FD%B2%E0%FD%FFs%FC%FB%F1%FD%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D0a%E4%F7%F6%F3%B2%F6%F7%B2%F1%F3%FCa%FC%B0%BE%B0%F1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%C9%B0%C2%E0%FD%F6h%F1%F7%E1%F7%B2%F1%F3%FC%F6%FD%B2%E7%FC%B2%F3%E0%F1%FD%B2%F6%F7%B2%FF%F7%F6%FB%FD%B2%E2%E7%FC%E6%FD%B2%E1%F7%B2%E2%E0%FD%FE%FD%FC%F5%F3%B2%FC%FD%B2%F7%E1%E2%F3%E8%FD%BC%B0%BE%B0%C6%F7%FC%B2%E7%FC%B2%FC%FD%FF%F7%B2%F0%F3%E1%E6%F3%FC%E6%F7%B2%F7%EA%E2%FE%FD%E1%FB%E4%FD%BC%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E6%E1%B0%A8%A6%EF%BE%E9%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%D1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D1%F3%E2%FB%E6%F7%FE%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%C1%F3%FC%CD%C2%F7%F6%E0%FD%CD%F6%F7%CD%D3%FC%E1%F7%FF%FB%FE%BE%CD%A0%A3%BF%AA%BF%A0%A2%A0%A2%CD%BA%A1%BB%BF%FF%FB%FC%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D7%FE%F7%FF%F7%FC%E6%FD%B2%E3%E7%F7%B2%E0%F7%FF%F3%E6%F3%B2%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%E1%E7%E2%F7%E0%FB%FD%E0%B2%F6%E7%FC%FA%F3%B2%F1%FD%FE%E7%FF%FC%F3%B2%F7%B2%E3%E7%F7%B2%E1%FD%F7%B2%E0%F7%F1%FB%F0%FB%E0%B2%F6%F7%F1%FD%E0%F3%F1%FBa%FC%BC%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D1%F3%E2%FB%E6%F7%FE%B0%BE%B0%F1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%C9%B0%D7%E1%E6s%B2%F7%FC%E6%E0%F7%B2%FD%B2%F4%E7%E1%E6%F7%B2%F7%B2%FD%B2%F3%E0%E3%E7%FB%E6%E0%F3%F0%F7%BC%B0%BE%B0%C6%F7%FC%B2%E7%FC%FA%F3%B2%FB%FF%E2%FD%E0%E6%F3%FC%F1%FB%F3%B2%CE%B0%F1%F3%E2%FB%E6%F3%FE%CE%B0%B2%FC%F3%B2%F7%E1%F1%E7%FE%E6%E7%E0%F3%B2%E0%FD%FFs%FC%FB%F1%F3%BC%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E6%E1%B0%A8%A6%EF%BE%E9%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%D1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%C6%E0%F3%F1%F7%E0%7F%F3%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%D6%C1%D1%A2%A0%A2%A6%AA%BF%FF%FB%FC%BA%A3%BB%BC%D8%C2%D5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D7%FE%F7%FF%F7%FC%E6%FD%B2%F6%F7%F1%FD%E0%F3%E6%FB%E4%FD%B2%E2%E0%FD%E2%FB%FD%B2%F6%FD%B2%F5a%E6%FB%F1%FD%B2%E3%E7%F7%B2%F1%FD%FC%E1%FB%E1%E6%F7%B2%F7%FC%B2%F4%FD%E0%FF%F3%E1%B2%EA%F7%FD%FF%7B%E6%E0%FB%F1%F3%E1%B2%F6%F7%B2%E2%F7%F6%E0%F3%B2%E3%E7%F7%B2%F6%FB%E4%FB%F6%F7%FC%B2%E7%FC%B2%E4%F3%FC%FD%BC%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C6%E0%F3%F1%F7%E0%7F%F3%B0%BE%B0%F1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%C9%B0S%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%E1%F7%E0%E4%F7%B2%E2%F3%E0%F3%B2%E1%FD%E2%FD%E0%E6%F3%E0%B2%E4%FB%F6%E0%F7%FB%E0%F3%E1%B2%F6%F7%B2%F1%FD%E0%F7%E1%B2%F7%B2%E2%F7%F1%FA%F3%E0%B2%F3%E1%7F%B2%FD%E1%B2%E4%F3%FC%FD%E1%BC%B0%BE%B0%C1%F7%E0%E4%F7%B2%E2%F3%E0%F3%B2%E6%E0%F3%E8%F3%E0%B2%FE%FBc%F3%E1%B2%F6%F7%B2%E2%F7%F6%E0%F3%B2%FC%FD%B2%F7%E1%E2%F3%E8%FD%B2%F6%FD%B2%E4%F3%FC%FD%BC%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E6%E1%B0%A8%A6%EF%BE%E9%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%D1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D0a%E4%F7%F6%F3%B2%F6%F7%B2%F1%E0%E7%E8%F3%E0%7F%F3%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%C1%F3%FC%E6%F3%CD%DF%F3%E0%FB%F3%CD%F6%F7%CD%DA%E7%F7%E0%E6%F3%BE%CD%A3%A0%BF%A3%A0%BF%A0%A2%A3%AA%CD%BA%A3%A2%A6%BB%BF%FF%FB%FC%BC%D8%C2%D5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C6%FB%E2%FD%B2%F6%F7%B2%F0a%E4%F7%F6%F3%B2%E2%E0%FD%E2%FB%F3%B2%F6%FD%B2%F7%E1%E6%FB%FE%FD%B2%F5a%E6%FB%F1%FD%B2%FC%F3%B2%E3%E7%F7%B2%E1%F7%B2%F3%E2%E0%F7%F1%FB%F3%FC%B2%FD%E1%B2%FC%F7%E0%E4%FD%E1%B2%F6%F7%B2%E2%F7%F6%E0%F3%BC%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D0a%E4%F7%F6%F3%B2%F6%F7%B2%F1%E0%E7%E8%F3%E0%7F%F3%B0%BE%B0%F1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%C9%B0%C2%E0%FD%F6h%F1%F7%E1%F7%B2%F1%F3%FC%F6%FD%B2%E1%F7%B2%FF%F3%E0%F1%F3%FC%B2%F1%FD%FC%B2%FC%F7%E0%E4%FD%E1%B2%F6%F7%B2%E2%F7%F6%E0%F3%B2%F3%E1%B2%F3%E0%FB%E1%E6%F3%E1%B2%F6%F3%B2%F0a%E4%F7%F6%F3%BC%B0%BE%B0%DD%E1%B2%FC%F7%E0%E4%FD%E1%B2%F1%E0h%E8%F3%FC%E1%F7%B2%FC%F3%B2%F1%FE%F3%E4%F7%B2%F6%F3%B2%F0a%E4%F7%F6%F3%BC%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E6%E1%B0%A8%A6%EF%BE%E9%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%D1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D1%FE%F3%E7%E1%E6%E0%FD%B2%F1%FD%FC%B2%F5%FE%F3%F0%F7%E6%F7%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%D1%F3%E6%F7%F6%E0%F3%FE%CD%F6%F7%CD%C1%F3%FC%E6%F3%CD%DF%F3%E0%FB%F3%CD%FE%F3%CD%C0%F7%F3%FE%CD%F6%F7%CD%C2%F3%FF%E2%FE%FD%FC%F3%BC%CD%D1%FE%F3%E7%E1%E6%E0%FD%BF%FF%FB%FC%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D7%FE%F7%FF%F7%FC%E6%FD%B2%F6%F7%F1%FD%E0%F3%E6%FB%E4%FD%B2%F1%FD%FC%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%F6%F7%B2%F4%E0%FD%FC%E6a%FC%B2%E6%E0%FB%F3%FC%F5%E7%FE%F3%E0%B2%E2%E0%FD%E2%FB%FD%B2%F6%F3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%F4%F3%E1%F7%B2%F6%F3%B2%F3%E0%E6%F7%B2%F5a%E6%FB%F1%F3%BC%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D5%F3%F0%FE%F7%E6%F7%B0%BE%B0%F1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%C9%B0%5B%B2%E7%FC%B2%F7%FE%F7%FF%F7%FC%E6%FD%B2%E2%E0%FD%E2%FB%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F3%E0%E3%E7%FB%E6%F7%F1%E6a%FC%FB%F1%FD%BE%B2%E2%F7%E0%FD%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F3%E2%F3%E0%F7%F1%F7%E0%B2%F7%FC%B2%F7%E1%F1%E7%FE%E6%E7%E0%F3%BC%B0%BE%B0%DC%FD%FC%B2%E6%F7%FC%B2%FC%FB%FC%F5%E7%FC%FA%F3%B2%F4%E7%FC%F1%FBa%FC%B2%E2%E0s%F1%E6%FB%F1%F3%BE%B2%E1a%B2%FD%E0%FC%F3%FF%F7%FC%E6%F3%FE%BC%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E6%E1%B0%A8%A6%EF%BE%E9%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%D1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%D3%E0%F1%FD%F0%FD%E6%F3%FC%E6%F7%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%A7%A3%A3%E2%EA%BF%D4%FE%EB%FB%FC%F5%CD%F0%E7%E6%E6%E0%F7%E1%E1%CD%DC%FD%E6%E0%F7%CD%D6%F3%FF%F7%CD%F6%F7%CD%C1%E6%E0%F3%E1%F0%FD%E7%E0%F5%CD%C1%E6%E0%F3%E1%F0%FD%E7%E0%F5%CD%D4%C0%D3%CD%A2%A2%A3%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D3%E0%F1%FD%B2%E3%E7%F7%B2%E1%FD%E2%FD%E0%E6%F3%B2%F3%E1%B2%F0a%E4%F7%F6%F3%E1%B2%F7%B2%F6%F7%E1%F1%F3%E0%F5%F3%B2%FC%E7%FC%B2%F1%FD%FC%E6%E0%F3%F4%FD%E0%E6%F7%B2%FC%FD%B2%F7%EA%E6%F7%E0%FB%FD%E0%BE%B2%F6%F7%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E3%E7%F7%B2%FD%E1%B2%FF%E7%E0%FD%E1%B2%FC%FD%FC%B2%E1%FD%E2%FD%E0%E6%F3%FC%B2%FD%B2%E2%F7%E1%FD%B2%F6%F3%E1%B2%F1%E7%F0%F7%E0%E6%F3%E1%BC%B0%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D3%E0%F1%FD%F0%FD%E6%F3%FC%E6%F7%B0%BE%B0%F1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%C9%B0%C6%E0s%E6%F3%E1%F7%B2%F6%E7%FC%B2%FB%FC%E4%F7%FC%E6%FD%B2%E2%E0%FD%E2%FB%FD%B2%F6%F3%B2%F3%E0%E3%E7%FB%E6%F7%F1%E6%E7%E0%F3%B2%F5a%E6%FB%F1%F3%BC%B0%BE%B0%C2%F3%E0%F7%F1%F7%FC%B2%F7%E1%E6%F3%E0%B2%E1%E7%E1%E2%F7%FC%F6%FB%F6%FD%E1%B2%FC%FD%B2%F7%EA%E6%F7%E0%FB%FD%E0%B2%F6%F3%E1%B2%F1%F3%E6%F7%F6%E0%F3%FB%E1%BC%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%CF%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E6%E1%B0%A8%A6%EF%CF%BE%B0%FB%E1%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%A3%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D0%E7%E6%E6%FD%FC%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%E0%F7%E2%F7%F3%E6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E6%FB%E6%FE%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D3%F4%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D4%D0%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E4%F7%E0%E1%FB%FD%FC%B0%A8%A3%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%DF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%F3%E4%F3%FC%F1%F7%F6%DF%FD%F6%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%DB%D6%B0%A8%B0%E1%F7%F5%E7%FB%FF%F7%FC%E6%FD%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A7%A0%AB%AB%A1%AB%A3%AA%BF%A4%A2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F0%FF%FB%E6%B0%A8%B0%D7%FC%E4%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%C2%E7%FE%E1%F7%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F8%E7%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%E1%B0%A8%B0%D7%E0%E0%FD%E0%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%E1%B0%A8%B0%D3%F1%FB%F7%E0%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%FB%E6%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C1%F3%FE%FB%E0%B2%F6%F7%FE%B2%FF%FD%F6%FD%B2%E2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%DB%FF%F3%F5%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B2%E1%FB%FC%B2%FB%FFs%F5%F7%FC%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%DA%F3%B2%E2%F7%E0%F6%FB%F6%FD%B2%E7%FC%F3%B2%E4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%FE%FE%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B03%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%E1%B2%FE%F3%E1%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B03%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B23%D7%EA%F1%F7%FE%F7%FC%E6%F7%B3%B2%EE%B23%D5%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%EE%B23%DF%E7%EB%B2%F0%FB%F7%FC%B3%B2%EE%B23%C2%F7%E0%F4%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B03%DC%FD%B2%F7%E0%F3%B2%F7%E1%FD%B3%B2%EE%B23%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B23%DC%FD%B2%F7%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B23%DE%FD%B2%E1%F7%FC%E6%FB%FF%FD%E1%B3%B2%EE%B23%D7%E0%E0%FD%E0%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%DE%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%FD%B2%E1%F7%B2%E2%E7%F7%F6%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%E2s%F5%FB%FC%F3%B2%FC%FD%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%B2%F6%F7%B2%E7%FC%B2%E2%F3%E3%E7%F7%E6%F7%B2%C1%D1%DD%C0%DF%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B03%C1a%FE%FD%B2%E2%E7%F7%F6%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0%B2%FE%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E7%FC%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%C1a%FE%FD%B2%E2%E7%F7%F6%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E7%FC%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%D3%E7%E6%FD%E0%7F%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%C1%E7%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E1%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0s%B2%F6%F7%E1%E2%E7%7B%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%C1a%FE%FD%B2%E2%E7%F7%F6%F7%B2%F8%E7%F5%F3%E0%B2%E7%FC%F3%B2%E4%F7%E8%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%C1%E7%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E1%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0s%B2%F3%E7%E6%FD%FFs%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E2%E7%7B%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C1%E7%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%F7%F6%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0%B2%FE%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E3%E7%FB%F7%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DE%F3%E1%E6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%DE%F3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%F6%F3%B2%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E6%EB%D1%FD%FF%E2%FE%EB%B0%A8%B0%CB%F3%B2%FA%F3%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%F6%FD%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C6%FB%FF%F7%E1%B0%A8%B0%C2%E7%F7%F6%F7%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%B2%F1%E7%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%E3%E7%FB%F7%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%DC%F7%F1%F7%E1%FB%E6%F3%B2%F3%FE%B2%FF%F7%FC%FD%E1%B2%E7%FC%B2%B7%E1%B7%B2%F6%F7%B2%E0%F7%E1%E2%E7%F7%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%FE%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%BC%B2%C4%E7%F7%FE%E4%F3%B2%F3%B2%FB%FC%E6%F7%FC%E6%F3%E0%FE%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%FD%E1%F7%B0%A8%B0%D1%F7%E0%E0%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%C1%E7%F5%F7%E0%F7%FC%F1%FB%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%DF%FD%E1%E6%E0%F3%E0%B2%E7%FC%F3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%FA%FD%E5%DC%F7%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%DF%FD%E1%E6%E0%F3%E0%B2%FD%E6%E0%F3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%E1%F7%D4%E7%FE%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%F7%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B2%E3%E7%F7%B2%E1%F7%E0s%B2%FF%E7%EB%B2h%E6%FB%FE%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%F3%F6%FB%FC%F5%B0%A8%B0%D1%F3%E0%F5%F3%FC%F6%FD%BC%B2%D7%E1%E2%F7%E0%F7%BE%B2%E2%FD%E0%B2%F4%F3%E4%FD%E0%BC%BC%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%D3%E7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E2%FE%EB%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F7%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E6%E6%F7%FF%E2%E6%E1%B0%A8%B0%DB%FC%E6%F7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%FD%E1%B2%F7%FC%B2%F8%E7%F7%F5%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%FC%E1%E5%F7%E0%B0%A8%B0%D7%E1%F1%E0%FB%F0%F7%B2%FE%F3%B2%E0%F7%E1%E2%E7%F7%E1%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%D1%F3%FC%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%C2%E7%F7%F6%F7%E1%B2%FB%FC%E6%F7%FC%E6%F3%E0%FE%FD%B2%FD%E6%E0%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D5%F3%FF%F7%C1%E6%F3%E0%E6%F7%F6%B0%A8%B0%D7%FE%B2%F8%E7%F7%F5%FD%B2%EB%F3%B2%FA%F3%B2%F1%FD%FF%F7%FC%E8%F3%F6%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D5%F3%FF%F7%D7%FC%F6%B0%A8%B0%D8%E7%F7%F5%FD%B2%E6%F7%E0%FF%FB%FC%F3%F6%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%D3%FC%E1%E5%F7%E0%B0%A8%B0%DE%F3%B2%E0%F7%E1%E2%E7%F7%E1%E6%F3%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%B2%F7%E1%A8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FD%E4%F7%DD%FC%F7%B0%A8%B0%C2%F3%E1%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%E1%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%DA%F3%E1%B2%E7%E6%FB%FE%FB%E8%F3%F6%FD%B2%E7%FC%F3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%BC%B2%C1%FD%FE%FD%B2%E2%E7%F7%F6%F7%E1%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%B7%E1%B2%E2%E7%FC%E6%FD%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%E1%F7%D3%FE%FE%D1%FE%E7%F7%E1%B0%A8%B0%CB%F3%B2%FA%F3%E1%B2%E7%E6%FB%FE%FB%E8%F3%F6%FD%B2%E6%FD%F6%F3%E1%B2%FE%F3%E1%B2%E2%FB%E1%E6%F3%E1%BC%B2%C1%FD%FE%FD%B2%E2%E7%F7%F6%F7%E1%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%B7%E1%B2%E2%E7%FC%E6%FD%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FD%F6%F7%C5%FA%FB%E6%F7%D0%FD%F3%E0%F6%B0%A8%B0%DF%FD%F6%FD%B2%E2%FB%E8%F3%E0%E0%F3%B2%F6%FB%F5%FB%E6%F3%FE%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FA%F7%F1%F9%DE%F7%E6%E6%F7%E0%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%E0%FD%F0%F3%E0%B2%FE%F3%B2%FE%F7%E6%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%B2%FC%FD%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%B2%FC%FD%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%DB%F6%F7%FC%E6%FB%F4%FB%F1%F3%B0%EF%EF
01234567
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

As fases da arquitectura gótica

A arquitectura gótica foi evolucionando dende os seus orixes no século doce (XII) ata a súa fin  no século quince (XV). Principalmente imos distinguir catro fases: gótico inicial, gótico clásico, gótico radiante e gótico flamíxero.

Gótico inicial

Século doce (XII)

Trátase dun período de transición entre o románico e o gótico. Os arcos comezan a ser lixeiramente apuntados e os edificios son máis altos. Ademais as esculturas son máis naturalistas e cada vez gañan máis expresividade. Tradicionalmente considérase que o primeiro edificio gótico é a abadía de Saint Denis, preto de París (Francia). Alí, o abade Suger decidiu renovar a igrexa do mosteiro pola importancia que tiña como panteón dos reis de Francia. Se observas a imaxe inferior, verás como os arcos son lixeiramente apuntados nas fiestras dos pisos superiores, pero aínda se trata dunha fachada que recorda moito ás das igrexas románicas.

Fotografía da Fachada da abadía de Saint Denis, Francia
Fachada da abadía de Saint Denis, Francia

Gótico clásico

Século trece (XII)

O seguinte período é no que o estilo xa está plenamente asentado e xa se fai un uso xeneralizado dos arcos apuntados e dos arcobotantes. O exemplo máis significativo é a fachada da catedral de Notre Dame de París: aquí podes ver como xa se configura a fachada principal con tres portais, aparece unha galería decorada con estatuas de reis e no medio da fachada destaca un grande rosetón, mentres que aos lados colócanse dúas torres. Estes serán elementos máis ou menos comúns a todas as catedrais, pero pode haber diferenzas: algunhas poden non ter galería de reis, ou poden ter cinco portais en lugar de tres. En canto ao gótico clásico no interior das catedrais, un bo exemplo é o da catedral de Reims, que era o lugar onde se coroaban os reis de Francia. Un exemplo de gótico clásico preto de nós está na catedral de León, que se inspira no exemplo de Reims, en Francia.

Notre Dame de París
Fotografía da Fachada de Notre Dame de París, Francia
Notre Dame de Reims
Fotografía do Interior da catedral de Notre Dame de Reims, Francia
Catedral de León
Fotografía da Fachada da catedral de León

Gótico radiante

Século trece (XIII) - século catorce (XIV)

Segundo foron avanzando as técnicas construtivas, os arquitectos e albaneis do período foron buscando unha maior altura dos edificios e muros cada vez máis finos nos que abrir grandes vanos. Cada cidade competía por ter a catedral máis grande e máis luminosa, chegando a construír verdadeiros rañaceos medievais! De feito, algunhas catedrais caeron porque os medios técnicos non estaban preparados para soportar tanto peso e tantas presións. Porén, algúns dos mellores exemplos deste período non son precisamente os máis altos. Un caso excepcional é a Sainte Chapelle de París, construída durante o reinado de Luis IX de Francia para gardar a súa colección de reliquias. Se observas a foto verás que practicamente todos os muros están baleiros e ocupados por vidreiras de cores, creando una arquitectura que non ten nada que ver co interior escuro das igrexas románicas.

Fotografía do interior de Sainte Chapelle de París, Francia
Sainte Chapelle de París, Francia

Gótico flamíxero

Século quince (XV)

A última fase da arte gótica chámase gótico flamíxero porque os edificios parece que están ardendo debido á multitude de gabletes e pináculos que decoran os seus exteriores. Trátase dunha fase moi decorativa onde se busca un efecto que se chama "horror vacui", que quere dicir "horror ao baleiro", porque non queda ningunha superficie sen decorar. Tecnicamente non se diferenza do gótico radiante, xa que emprega os mesmos recursos arquitectónicos, pero os edificios son moito máis rechamantes. Velaí dous exemplos:

Fotografía da Fachada sur da igrexa de Notre Dame de Louviers, Francia
Fachada sur da igrexa de Notre Dame de Louviers, Francia
Fotografía de Notre Dame de Rouen, Francia
Notre Dame de Rouen, Francia

Reconstruímos Notre Dame!

En 2019 a catedral de Notre Dame de París sufriu un terrible incendio que se orixinou durante unhas obras de restauración no tellado. Aínda que a catedral non se derrubou e resistiu bastante ben, a agulla que remataba o edificio e que estaba feita de madeira queimouse completamente e caeu: a caída da agulla de Notre Dame foi todo un símbolo para Francia, pois trátase dunha das catedrais máis famosas e recoñecibles da historia da arte.

Tras o incendio houbo un debate sobre como reparar Notre Dame. Por unha banda, a catedral non só era unha atracción turística moi visitada, senón que é un símbolo de toda Francia. Unha grande parte da xente consideraba que o máis axeitado era reconstruír a catedral tal como era antes do incendio. Porén, outra parte da poboación pensaba que era unha boa opción desenvolver unha intervención máis rompedora e actualizar o monumento á época contemporánea. Algúns dos estudios de arquitectura máis famosos do mundo fixeron as súas propostas para a nova Notre Dame, e pódelas ver premendo nesta ligazón. Houbo propostas tan novidosas como a creación dun invernadoiro ou dunha agulla de cristal.

Agora tócavos a vós facer as vosas propostas para reconstruír Notre Dame. Que vos parece? Habería que respectar a arquitectura orixinal ou pensades que é unha boa idea actualizar os monumentos e a arte se a ocasión o permite? Collede os vosos cadernos e debuxade as vosas ideas! A continuación, poñede en común as vosas propostas e votade cal pensades que é a mellor opción para reconstruír a catedral.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)