Diario de aprendizaxe

Xa finalizamos a fase 5 da nosa situación de aprendizaxe e cubrindo o seu apartado imos rematar o noso diario de aprendizaxe.
É o momento de sacar conclusións sobre a maneira na que nos avaliamos. Tiveches a oportunidade de avaliarte de varias maneiras: seguindo unha lista de tarefas, cas opinións dos teus compañeiros e compañeiras e seguindo unha rúbrica de auto-avaliación na que de maneira persoal reflexionaches sobre o realizado durante toda a situación de aprendizaxe.
Crees que é sinxelo realizar unha boa avaliación con estes instrumentos? Serviuche ter unha lista de tarefas para guiarte no proceso? Como levaches as opinións dos demais? Anota no diario as túas reflexións e recorda que esta información pode servirche para aprender máis sobre ti e sobre a maneira na que aprendes.
Lectura facilitada
Imos cubrir a fase 5 no noso diario de aprendizaxe centrada na avaliación.
Xa tiveches a oportunidade de avaliarte de varias maneiras: seguindo unha lista de tarefas, cas opinións dos teus compañeiros e compañeiras, seguindo unha rúbrica de auto-avaliación, etc.
Anota no diario as túas reflexións e recorda que,
esta información pode servirche para aprender máis sobre ti e sobre a maneira na que aprendes.