
No mundo que te rodea a materia está presente diariamente. Esta fase, ademais de para formar os grupos para as actividades, vaiche servir para activar os coñecementos que tes relacionados ca temática.
Co que xa sabes, xunto co que aprenderás, serás quen de superar o reto final: evitar que se produza un cambio irreparable na materia que compón a Humpty Dumpty.
Lectura facilitada
No mundo todo é materia.
Nesta fase imos formar os grupos para as actividades.
Tamén imos activar coñecementos relacionados co tema.
Con eses coñecementos vas superar o reto final.
Hai que evitar que se rompa Humpty Dumpty.