Glosario
Resistencia
-
Definición:
-
Oposición que presenta un corpo a unha forza contraria.
-
Exemplo:
-
Os materiais con resistencia alta poden aguantar cargas pesadas.
Definición:
Oposición que presenta un corpo a unha forza contraria.
Exemplo:
Os materiais con resistencia alta poden aguantar cargas pesadas.
Os ovos non voan, pero si poden caer con estilo. Neste apartado do REA imos experimentar como é o comportamento dun ovo nun medio gasoso polo que, para non escachar ovos de verdade imos crear uns ovos coa impresora 3D. Con este titorial poderás crealo de maneira sinxela. Por un lado necesitarás a app Tinkercad para realizar o obxecto en formato .stl e por outro lado un programa laminador como o Ultimaker Cura ou o Prusa Slicer para convertelo nun arquivo .gcode que sexa capaz de imprimir a impresora. No seguinte vídeo tes toda a información.
Resultouche moi sinxelo? Por que non probamos a facer un Humpty Dumpty? Escolle entre os diferentes obxectos que ofrece o programa, combínaos e mestúraos, para facer a túa propia figura.

Os ovos non voan. Os ovos caen con estilo.
Imos experimentar como é o comportamento dun ovo nun medio gasoso.
Imos crear uns ovos coa impresora 3D.
Con este titorial poderás crealo de maneira sinxela.
Necesitarás a app Tinkercad para realizar o obxecto en formato .stl.
Logo necesitarás o Ultimaker Cura para convertelo nun arquivo .gcode.
Resultouche moi sinxelo?
Por que non probamos a facer un Humpty Dumpty?
Escolle entre os diferentes obxectos que ofrece o programa para facer a túa propia figura.
A aerodinámica é a parte da ciencia que estuda como se moven os obxectos polo aire. É a razón pola que un avión de papel voa máis lonxe que unha pedra, por exemplo.
Cando un obxecto, como un globo ou un avión, se move polo aire, este choca contra as partículas que están ao seu redor. Estas partículas son invisibles, pero están aí. A aerodinámica axuda a entender como deseñar cousas para que se movan mellor, máis rápido e con menos esforzo a través do aire.
Un paracaídas, por exemplo, funciona grazas á aerodinámica, porque está deseñado para aumentar a resistencia do aire. Cando cae, a súa gran superficie atrapa o aire, creando unha forza que frea a caída e reduce a velocidade e o impacto co chan.
Ata os paxaros usan a aerodinámica! As súas ás están feitas para que voen máis fácil e rápido.
Agora que sabes isto, podes fixarte máis nas formas dos obxectos. Cantas cousas con deseños aerodinámicos ves ao teu redor?
A aerodinámica é a ciencia que estuda como se moven os obxectos polo aire.
É a razón pola que un avión de papel voa.
Cando un avión se move polo aire choca contra as partículas que están ao seu redor.
Estas partículas son invisibles. A aerodinámica axuda a que os obxectos se movan mellor, máis rápido e con menos esforzo a través do aire.
Un paracaídas funciona grazas á aerodinámica. Está deseñado para aumentar a resistencia do aire. A súa gran superficie atrapa o aire ao caer. Crea unha forza que frea a caída e reduce a velocidade e o impacto co chan.
Ata os paxaros usan a aerodinámica! As súas ás están feitas para que voen máis fácil e rápido.
Agora que sabes isto, podes fixarte máis nas formas dos obxectos.
Cantas cousas con deseños aerodinámicos ves ao teu redor?
Superaches o "challenge" anterior? Pois Humty Dumpty proponche outro, está vez para facer por parellas.
Teredes que conseguir que, lanzando un folio polo aire, chegue o mais lonxe posible. En equipo poderedes investigar e buscar a información necesaria para conseguir que o folio avance a maior distancia posible polo aire. Podedes facer varias probas ata que teñades a vosa proposta definitiva. So se pode usar un folio sen engadir ningún outro material. Logo por equipos poñeremos os prototipos a proba e veremos cal é o que mais distancia recorre.
Aceptas o Humpty Challenge?
Superaches o "challenge" anterior?
Humty Dumpty proponche outro.
Superaches o "challenge" anterior? Pois Humty Dumpty proponche outro, está vez para facer por parellas.
Hai que facer que un folio chegue o máis lonxe posible.
En equipo investigaredes e buscaredes información.
O folio ten que ir polo aire.
Podedes facer varias probas antes de escoller a proposta definitiva.
So se pode usar un folio sen engadir ningún outro material.
Por equipos poñeremos os prototipos a proba.
Veremos cal recorre máis distancia.
Aceptas o Humpty Challenge?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0