Glosario
Combustible
-
Definición:
-
Substancia que se utiliza para obter enerxía en forma de luz ou calor.
-
Exemplo:
-
As máquinas para funcionar necesitan combustible.
Enerxía
-
Definición:
-
Capacidade que ten un corpo de producir movemento ou calor.
-
Exemplo:
-
O motor da lavadora funciona con enerxía eléctrica.
Fonte
-
Definición:
-
Materia, sistema, obxecto que produce luz, calor etc.
-
Exemplo:
-
O sol é fonte de luz e calor.
Sostible
-
Definición:
-
É usar a enerxía de forma que non prexudique o planeta, aproveitando recursos que non se esgotan, como o sol ou o vento.
-
Exemplo:
-
As enerxías renovables favorecen un desenvolvemento sostible do planeta.
