Glosario
Flotar
-
Definición:
-
Manterse na superficie dun líquido.
-
Exemplo:
-
A cortiza flota na auga.
Definición:
Manterse na superficie dun líquido.
Exemplo:
A cortiza flota na auga.
Saberías dicir se os ovos flotan? Se lle preguntas o teu avó ou avoa diranche que se un ovo flota é porque está podre e non se pode comer. Como bos científicos imos empregar a nosa capacidade crítica para recadar datos para poder contrastar ou non esa hipótese.
A continuación, podes consultar unha noticia para obter unha resposta. (Ver noticia)
Comenta cos teus compañeiros e compañeiras as túas conclusións.
Os ovos flotan?
Imos a empregar a nosa capacidade crítica e buscar datos. Imos contrastar ou non esa hipótese.
Podes consultar esta noticia para obter unha resposta.
Comenta cos teus compañeiros e compañeiras as túas conclusións.
A flotabilidade é a capacidade que ten un obxecto de flotar nun líquido. Esta propiedade está determinada pola densidade do líquido e a densidade do sólido. Se a densidade do corpo é menor que a do líquido, este flotará.
Para entendela, podemos imaxinar o que ocorre co ovo, que acabamos de investigar. Cando colocamos un ovo fresco nun vaso con auga, normalmente afúndese. Isto sucede porque o ovo é máis denso ca a auga.
A densidade é unha propiedade que mide canta materia hai nun espazo determinado. Se o ovo ten máis materia concentrada que a auga, non pode flotar e vai ao fondo. Porén, se o ovo é vello, pode comezar a flotar. Isto ten que ver co que ocorre dentro do ovo co paso do tempo: no seu interior hai unha pequena cámara de aire que aumenta de tamaño a medida que o ovo envellece. Isto sucede porque parte da auga que hai no interior do ovo evapórase a través da súa cuncha, que é porosa.
Fíxate na seguinte táboa. Serías capaz de dicir se o obxecto flota ou non en cada un dos líquidos. Se a densidade do obxecto é maior ca do líquido non flotará, pero se é menor si. Podes descargar o documento para cubrir aquí: Taboa de flotabilidade.

A flotabilidade é a capacidade dun sólido de flotar nun líquido.
Depende da densidade do líquido e a densidade do sólido.
O corpo sólido flotará se a súa densidade é menor que a do líquido.
Un ovo fresco afunde nun vaso con auga. É máis denso ca a auga.
A densidade mide a cantidade de materia nun espazo determinado.
Se o ovo ten máis materia concentrada que a auga non pode flotar.
O ovo vello ten unha pequena cámara de aire. Parte da auga do interior do ovo evapórase.
Fíxate na seguinte táboa.
Di se o obxecto flota ou non en cada un dos líquidos.
Se a densidade do obxecto é maior ca do líquido non flotará. Se é menor si.
Fíxate na táboa anterior e responde as seguintes preguntas.
Verdadeiro
Falso
Verdadeiro
Verdadeiro
Imos experimentar coa flotabilidade. Cada equipo teredes un recipiente con auga e un recipiente con sal. Como xa dixemos, para un obxecto flote ten que ter menos densidade co líquido no que o somerxemos.
Atréveste a usar o método científico para intentar facer flotar un ovo novo nun vaso de auga? Cos teus compañeiros/as de equipo irás reflexionando sobre os seguintes apartados:
Imos a experimentar coa flotabilidade.
Cada equipo teredes un recipiente con auga e un recipiente con sal.
Para un obxecto flote ten que ter menos densidade co líquido.
Usarás o método científico para facer flotar un ovo novo nun vaso de auga?
Cos teus compañeiros/as de equipo reflexionarás sobre os seguintes apartados:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0