Glosario
Átomo
-
Definición:
-
Unidade básica que compón a materia
-
Exemplo:
-
O núcleo do átomo está composto por partículas chamadas protóns e neutróns.
Composición
-
Definición:
-
Elementos polos que está formado algo.
-
Exemplo:
-
A composición da auga é un átomo de osíxeno e dous de hidróxeno (H₂O).
Elementos químicos
-
Definición:
-
Son as substancias que compoñen a táboa periódica.
-
Exemplo:
-
Hai 118 elementos químicos na táboa periódica entre os que están o osíxeno, aluminio, ferro etc.
Heteroxéneo
-
Definición:
-
Que está formado por elementos de distinta natureza ou diferentes.
-
Exemplo:
-
Unha macedonia é unha mestura heteroxénea formada por froitas.

