Saltar navegación

4.1. Mulleres con ciencia

 

Glosario

Interacción

Intercambio
Definición

Acción que supón unha relación de influencia mutua entre dúas ou máis cousas ou persoas.

Exemplo.

Durante o adestramento, as interaccións entre os membros do equipo fortalecen o vínculo e a colaboración entre eles.

Mulleres con ciencia

Nesta fase, vaste converter nunha verdadeira persoa científica, amosando que a creatividade, o coñecemento e a innovación non teñen límites nin xénero. En Galicia hai grandes mulleres que demostran día a día que poden brillar nas carreiras STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas). Investiga un pouco sobre elas e demostra ti tamén que es quen de seguir os seus pasos: investigar, experimentar e crear solucións únicas.

Amparo Alonso

Amparo Alonso Betanzos

Icona dunha lupa que ao pulsar accede a información sobre Amparo Alonso Betanzos. Ábrese en nova xanela.  Icona de descarga que ao pulsar accede a información sobre Amparo Alonso Betanzos. Ábrese en nova xanela.

Elena Vázquez

Elena Vázquez Cendón

Icona dunha lupa que ao pulsar accede a información sobre Elena Vázquez Cendón. Ábrese en nova xanela.  Icona de descarga que ao pulsar accede a información sobre Elena Vázquez Cendón. Ábrese en nova xanela.

Concepción Paz

Concepción Paz Penín

Icona dunha lupa que ao pulsar accede a información sobre Concepción Paz Penín. Ábrese en nova xanela.  Icona de descarga que ao pulsar accede a información sobre Concepción Paz Penín. Ábrese en nova xanela.

Enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial. Entre os seus traballos destacan aqueles relacionados coas aplicacións informáticas, na aplicación da intelixencia artificial en aeroxeradores ou na fabricación de automóbiles.

Licenciada é doutora en Matemáticas pola Universidad de Santiago de Compostela. Dedícase á docencia e á investigación e é unha grande activista pola igualdade, forma parte de moitos proxectos divulgativos como o Estalmat - Galicia, que ten a finalidade de estimular aos nenos e nenas no estudo das matemáticas e da ciencia.

Enxeñeira industrial, investigadora, catedrática, doutora e profesora da Universidade de Vigo. Ademais, dirixe o Centro de Investigación en Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais, departamento punteiro no campo das enerxías renovables, a biomédica, a intelixencia artificial e en procesos de eficiencia enerxética.

Contamos a súa historia.

Táboa con datos para encher a biografía.Estas tres mulleres son so un exemplo de todas as mulleres que dedican a súa vida a ciencia.

Anímaste co teu equipo a facer unha biografía coma a da imaxe dunha muller científica?

Podes escoller unha das tres que acabamos de ver ou outra que ti ou o teu equipo coñezades. 

Cando a teñades completa, presentarédela ao resto de equipos de clase.

Lectura facilitada

Estas tres mulleres son so un exemplo.

Hai moitas mulleres que dedican a súa vida a ciencia.

Ides facer en equipo unha biografía dunha muller científica.

Podedes escoller unha das tres que acabamos de ver.

Tamén podedes escoller outra que ti ou o teu equipo coñeza.

 A presentaremos ao resto dos equipos de clase.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)