Saltar navegación

2.4. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Icona do diario de aprendizaxe

Chegaches ao fin desta fase 2, polo que é o momento de cubrir o diario de aprendizaxe.

Nesta ocasión debes reflexionar sobre a importancia de compartir coñecementos respondendo a estas cuestións:

  1. Consideras que compartir coñecementos coas compañeiras e compañeiros enriquece as aprendizaxes de todos ou fai que ti saibas menos cos demais?
  2. Crees que será importante o traballo en equipo para superar este reto?

Lectura facilitada

Remataches a fase 2,  debes cubrir o diario de aprendizaxe.

Debes pensar sobre como aplicas o que aprendes na aula á túa vida.

Cando foi a última vez que as túas aprendizaxes che axudaron a resolver un problema? Conta como foi a situación e como a resolveches.

Non esquezas que tes moitas habilidades que che axudan a resolver eses problemas. Fai unha listaxe con elas mencionando as que che axudarán a resolver este reto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)