Avaliación que alguén fai de si mesmo ou dalgún aspecto ou actividade propia.
Exemplo.
Pensas en como fas as cousas. É como darte unha nota cando te autoavalías.
Coavaliación
Coavaliación
Acción de estimar os coñecementos, habilidades e rendemento dos seus compañeiros.
Exemplo.
A co-avaliación promove a aprendizaxe colaborativa ao permitir que os compañeiros se dean comentarios sobre o seu traballo.
Expoñemos os prototipos e coavaliamos
Chegou o momento de que cada equipo expoña o seu traballo ao resto da clase, para o cal utilizaredes de guía a presentación que fixéchedes no punto 4.4, onde explicaredes o voso prototipo, como funciona e que probas fixestes. Antes de facer a proba presencial do prototipo preguntaredes aos outros equipos se creen que o voso prototipo funcionará. Os outros equipos votarán utilizando as palas que vos propuxemos construír:
Pala verde: Confían en que o prototipo funcionará.
Pala vermella: Pensan que Humpty Dumpty se romperá.
Pala verde
Pala vermella
Contaredes cantos votos verdes e cantos vermellos hai e comentaredes os resultados. Despois de recoller os votos, faredes a proba do voso prototipo diante de toda a clase. Mostraredes se o voso prototipo consegue protexer a Humpty Dumpty ou non. Lembrade que o importante non é só se funciona, senón todo o traballo que fixestes para chegar ata aquí.
Aquí tedes algún que outro consello para a exposición:
Explicade todo con calma e seguridade.
Facede que a pregunta aos outros equipos sexa divertida, ¡é unha maneira de xerar curiosidade!
Non vos preocupedes se o prototipo non funciona como esperabades, porque aprendemos tanto dos éxitos como dos erros.
Cando rematedes a vosa presentación e a proba do prototipo, os outros equipos valorarán o voso traballo. Para iso ídesvos axudar dunha ficha de avaliación onde aparecen diferentes criterios que teredes que, analizar, cuantificar e cualificar. Cada grupo deberá de cubrir a seguinte ficha de coavaliación. Aquí tedes a súa ligazón:
Aínda que os vosos proxectos foron expostos na aula é unha mágoa que o resto da comunidade educativa non goce deles.
Gustaríavos compartilos de algunha maneira? Aquí tedes algunhas opcións.
Exposición física, creando unha exposición no voso cole con: Prototipos desenvolvidos, paneis explicativos do proceso e fotografías das diferentes fases do proxecto.
Crear un vídeo documental do proxecto ou elaborar un blog ou páxina web explicativa.
Organizar unha xornada de portas abertas, invitando a outras clases e familias a coñecer o proxecto.
Ou calquera outra opción que se vos ocorra.
A decisión é vosa!
Lectura facilitada
Chegou o momento de expoñer o voso traballo ao resto da clase. Cada equipo usará a presentación que fixestes no punto 4.4. Explicaredes o voso prototipo, como funciona e que probas fixestes.
Antes de facer a proba do prototipo, preguntaredes aos outros equipos: "Pensades que o noso prototipo funcionará?"
Os outros equipos votarán coas palas que construístes:
Pala verde: Confían en que funcionará. Pala vermella: Pensan que Humpty Dumpty se romperá.
Contaredes os votos verdes e vermellos. Comentaredes os resultados co resto da clase.
Despois de recoller os votos, faredes a proba do prototipo. Mostraredes se o prototipo consegue protexer a Humpty Dumpty ou non.
Lembrade que o importante non é só se funciona. O importante tamén é todo o traballo que fixestes para chegar ata aquí.
Consellos para a exposición: Explicade todo con calma e seguridade. Facede que a pregunta aos outros equipos sexa divertida. Non vos preocupedes se o prototipo non funciona como esperabades. Aprendemos tanto dos éxitos como dos erros.
Cando rematedes a presentación e a proba, os outros equipos valorarán o voso traballo.
Usarán unha ficha de avaliación para completar, analizar e puntuar diferentes aspectos.
Cada grupo cubrirá esa ficha de coavaliación.
Queredes difundir os vosos proxectos? Aínda que xa presentastes os proxectos na aula, podedes compartilos con máis xente. Aquí tedes algunhas ideas:
Exposición física:
Creade unha exposición no cole. Mostrade os prototipos, paneis explicativos e fotografías do proceso.
Vídeo ou blog:
Gravade un vídeo sobre o proxecto. Facede un blog ou unha páxina web explicativa.
Xornada de portas abertas:
Organizade un evento. Invitade a outras clases e ás familias para coñecer o proxecto.
Outras ideas:
Propoñede outras formas creativas de compartir o voso traballo.
A decisión é vosa!
Audio
Fai a túa propia paleta de votación.
Queres facer as túas propias paletas de votación? Pois empregando a cortadora láser do Polo Creativo é moi sinxela. So tes que cargar este arquivo .svg e cortalas en cartón para logo pegarlle por diante e por detrás as imaxes de Humpty Dumpty..
Lectura facilitada
Reflexión conxunta sobre os nosos proxectos
Duración:
30:00
Agrupamento:
Pequeno grupo - gran grupo
Agora que cada grupo tendes recompilada a información da coavaliación, imos realizar unha pequena conversa entre todos os grupos.
Podedes empezar coas seguintes cuestións:
Que aprendemos sobre a importancia do traballo en equipo ao longo deste proxecto?
Como podemos aplicar o que aprendemos sobre seguridade e prevención de caídas na nosa vida diaria?
Que foi o máis desafiante do proceso de deseño e construción do prototipo?
Como poderiamos mellorar o noso prototipo se tivésemos que facelo de novo?
Comentar entre todos, e escoitar diferentes opinións e puntos de vista, axudaranos a ser mais conscientes e reflexionar de como foi o reto de construír un prototipo para que Humpty Dumpty non escachara.
Un camiño cheo de materia
A continuación tes un resumo de todo o que aprendiches ao longo desta situación de aprendizaxe: