Glosario
Magnitude
-
Definición:
-
Calquera característica dos corpos, que se pode expresar en cantidades.
-
Exemplo:
-
A lonxitude e a masa son magnitudes.
Definición:
Calquera característica dos corpos, que se pode expresar en cantidades.
Exemplo:
A lonxitude e a masa son magnitudes.
A forza é unha magnitude que pode modificar o movemento ou a forma dunha materia. A forza ten dous aspectos importantes: a dirección e o sentido.
Refírese á liña na que se aplica a forza, é dicir, a orientación na que se move o obxecto.
Indica se a forza fai que o obxecto se mova cara a un lugar ou cara a outro, dependendo de se se aplica de igual ou contraria á liña.
As forzas poden ter efectos diferentes sobre os obxectos:
Cambio de movemento: a forza pode facer que un obxecto comece a moverse, acelere ou desacelere. Tamén pode facer que o obxecto pare ou que se mova en diferente dirección.
Corpos elásticos

Corpos ríxidos

Corpos plásticos
Os corpos elásticos son aqueles que, cando se lles aplica unha forza que cambia a súa forma, volven á súa forma orixinal despois de que a forza sexa retirada. Isto quere dicir que son capaces de deformarse, pero, en canto deixamos de aplicar a forza, recobran a súa estrutura inicial.
Os corpos ríxidos son os que, cando se lles aplica unha forza, non recuperan a súa forma orixinal. Este tipo de obxecto pode cambiar permanentemente a súa forma, de modo que a deformación é irreversíbel ou difícil de reverter.
Os corpos flexibles son aqueles que, cando se lles aplica unha forza, cambian de forma de maneira permanente, pero sen romper. A deformación que sofren non se pode desfacer, pero a materia mantén a súa continuidade.
A forza é unha magnitude. Pode modificar o movemento ou a forma dunha materia.
A forza ten dous aspectos importantes:
As forzas poden ter efectos diferentes sobre os obxectos:
Arrastra cada tarxeta ata o seu contedor.
Humty Dumpty proponche un "challenge". Es capaz de deformar un ovo sen que rompa? Ata agora aprendemos que o ovo é un corpo ríxido que se rompe se lle aplica unha forza suficiente pero... seríamos capaces de alterar a súa materia para que isto non suceda?
Investiga cos teus compañeiros e compañeiras de equipo como sería posible.
Humty Dumpty proponche un desafío.
Es capaz de deformar un ovo sen rompelo?
O ovo é un corpo ríxido que rompe se lle aplica unha forza suficiente.
Seríamos capaces de alterar a súa materia para que isto non suceda?
Investiga cos teus compañeiros e compañeiras de equipo como sería posible.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0