A construír!
Chegou o momento de poñerse mans a obra! Cando esteades construíndo o prototipo, recordade que o máis importante é traballar xuntos.
- Primeiro, compartide todas as ideas que vaian xurdindo e poidan mellorar o deseño que xa tedes.

- Durante a construción, todos debedes estar implicados en cada paso: ninguén debe quedar sen facer tarefas, porque cada parte do proxecto é importante. Hai moitas tarefas que facer como cortar materiais, montar a estrutura ou facer as probas. Asegurádevos de que todos esteades a traballar ao mesmo tempo.
- Durante as probas para mellorar o prototipo usade os ovos impresos en 3D. Analizade xuntos que fallou e pensade en novas solucións. O proceso tamén implica aprender dos erros, así que colaborade, escoitádevos entre vós e usade a vosa creatividade para mellorar o deseño.
- Empregade a cámara de vídeo para captar diferentes momentos das vosas probas. Esa información será moi útil para identificar erros así como para facer a presentación dos vosos resultados.
- Cando pensedes que o voso prototipo está listo, pedídelle a persoa mestra un ovo de verdade para facer as probas definitivas e ver se realmente funciona.
Despois de facer varias probas xa estamos no momento de cubrir os apartados restantes da lista de cotexo.
Lectura facilitada
É o momento de poñerse a construír!
O máis importante é traballar xuntos.
Compartide todas as ideas que vaian xurdindo.
Así podemos mellorar o deseño.
Todos debedes estar implicados en cada paso.
Ninguén debe quedar sen facer tarefas.
Hai moitas tarefas que facer como:
- cortar materiais.
- montar a estrutura.
- facer as probas.
Traballade todos e todas ao mesmo tempo.
Durante as probas para mellorar o prototipo usade os ovos impresos en 3D.
Analizade xuntos que fallou.
Pensade en novas solucións.
O proceso implica aprender dos erros.
Tedes que colaborar, escoitarvos e usar a vosa creatividade
.Empregade a cámara de vídeo para captar diferentes momentos das vosas probas.
Esa información será moi útil para identificar erros.
Tamén a usaredes para a presentación dos vosos resultados.
Pedídelle a persoa mestra un ovo de verdade para facer as probas definitivas e ver se realmente funciona.
Cubre os apartados que quedan da lista de cotexo.
