O medio ambiente é a contorna natural que nos rodea, formada por: seres vivos (plantas, animais, persoas, ...), Elementos naturais (auga, aire, terra. ...) e espazos onde se desenvolve a vida
Exemplo
Cando coidamos o medio ambiente, estamos protexendo o fogar de todas as especies do planeta.
Efecto invernadoiro
Definición
O efecto invernadoiro é un fenómeno natural polo que a enerxía do Sol queda atrapada na atmosfera da Terra, mantendo o planeta quente
Exemplo
Os coches e as fábricas producen gases que aumentan o efecto invernadoiro.
De onde obtemos enerxía?
Algunha vez te preguntaches de onde ven a enerxía que utilizamos todos os días?
Pois provén das fontes de enerxía, que son todos aqueles recursos que nos proporciona a natureza e que usamos para producir traballo mecánico, luz, calor etc.
Podemos diferenciar dous tipos de fontes de enerxía:
Fontes de enerxía renovables: as que non se acaban.
Fontes de enerxía non renovables: as que algún día se acabarán.
Lectura facilitada
As fontes de enerxía son recursos da natureza que usamos para:
Producir luz. Xerar calor. Facer que as máquinas funcionen.
Tipos de fontes de enerxía. Hai dous tipos principais:
1. Fontes renovables ✅ Son recursos que NON se acaban. ✅ Non contaminan o medio ambiente. ✅ Pódense usar sempre.
Exemplos:
Enerxía solar (luz do sol). Enerxía eólica (vento). Enerxía da auga. Calor da terra. Biomasa.
2. Fontes non renovables ❌ Son recursos limitados. ❌ Contamina o medio ambiente. ❌ Un día acabaranse.
Exemplos:
Carbón. Petróleo. Gas natural. Uranio.
Como funcionan algunhas fontes de enerxía? 🌞 Solar: aproveitando a luz do sol. 💨 Eólica: asando a forza do vento. 💧 Hidráulica: co movemento da auga. 🌋 Xeotérmica: co calor do interior da terra. 🌊 Mareomotriz: co movemento das mareas. 🍃 Biomasa: queimando materia orgánica.
As fontes renovables son mellores para o planeta. As fontes non renovables producen gases que danan o medio ambiente. Debemos usar a enerxía de forma responsable.
Audio
Fontes de enerxía renovables
As fontes de enerxía renovables son aquelas que se obteñen de recursos naturais inesgotables ou que se rexeneran de forma continua. O impacto que o seu uso ten sobre o medio ambiente e moi pouco xa que non producen gases de efecto invernadoiro nin outras emisións contaminantes. Serían a eólica, a solar, a hidráulica, a xeotérmica, a mareomotriz e a biomasa.
Eólica
Obtense enerxía aproveitando a forza do vento mediante parques eólicos compostos por aeroxeradores que aproveitan a forza do vento para xerar electricidade.
Solar
Obtense enerxía a través da forza que provén da luz solar, mediante paneis solares fotovoltaicos que transforman a radiación solar en electricidade, a través de colectores solares térmicos que absorben a radiación solar para quentar auga ou aire, ou mesmo utilizando elementos arquitectónicos como paredes grosas, teitos ventilados ou orientación adecuada dos edificios para captar e aproveitar a enerxía solar.
Hidráulica
Obtense enerxía a través da potencia do movemento da auga, utilizando centrais hidroeléctricas que aproveitan o movemento da auga para producir electricidade.
Xeotérmica
Obtense enerxía da calor do interior da terra, mediante sistemas que captan a calor do interior da terra para xerar enerxía.
Mareomotriz
Obtense a enerxía polo movemento do mar debido ás mareas, con instalacións que aproveitan a forza das mareas ou das ondas para xerar electricidade.
Biomasa
Obtense a enerxía a través da queima de materia orgánica, a través de caldeiras que queiman residuos orgánicos como madeira para producir calor.
Audio
Fontes de enerxía non renovables
Son aqueles recursos que atopamos na natureza en cantidades limitadas, non se poden rexenerar e si o fan, fano moi lentamente. Poden provir de residuos fósiles como o carbón, petróleo ou gas natural e tamén do uranio.
A súa extracción e uso provoca a emisión de gases de efecto invernadoiro e contribúen significativamente ao cambio climático.
Carbón
O carbón é un mineral que se forma pola descomposición de vexetais que, ao queimarse, produce enerxía.
Petróleo
O petróleo é un combustible fósil, oleoso, que se produce no interior da terra, co paso do tempo, debido á descomposición deses restos fósiles. Del obtense enerxía por combustión.
Gas natural
O gas natural é unha fonte de enerxía fósil, unha mestura de hidrocarburos gasosos lixeiros, da que se pode obter potencia coa súa combustión.
Enerxía nuclear (Uranio)
A enerxía nuclear obtense a través da forza provocada pola fusión (unión) ou fisión (separación) de átomos.
Lee o seguinte parágrafo e escribe a información que falta.
Falamos de sostibilidade?
Agora que xa coñeces de onde ven a enerxía e como se xera, imos falar de algo moi importante: do seu uso.
No noso día a día, usamos moitas cousas que precisan enerxía: teléfonos, ordenadores, luces, e ata os coches. A enerxía está en todas partes! Pero temos un problema: estamos usando moita enerxía e iso pode danar o noso planeta. Por iso, necesitamos atopar formas máis intelixentes de usala, pero sen contaminar tanto.
Hai un concepto moi importante que se chama "desenvolvemento sostible". Sabes o que significa? Significa que debemos usar as cousas que necesitamos hoxe, pero sen gastar todo, para que a rapazada do futuro tamén poida gozar delas.
Para lograr ese desenvolvemento sostible a Organización das Nacións Unidas (ONU) propón unha serie de obxectivos, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), como a igualdade de xénero, a educación de calidade, pobreza e fame cero e accións polo clima. Sen dúbida, o uso de fontes renovables, dos recursos e o coidado do medio ambiente son os retos para o futuro.
Mira o vídeo que tes a continuación para comprender ben de que falamos.
Agora que xa tes un pouco máis claro o que son os ODS, poderías relacionar algún deses obxectivos coa historia de Humpty Dumpty.
Ponte a proba coa seguinte actividade:
Lectura facilitada
As persoas cociñeiras pasan todo o día a facer mesturas na cociña.
A cociña ten unha parte moi importante de ciencia.
Escachamos un ovo nun bol.
Batemos ese ovo.
Que tipo de mestura temos?
Se lle botamos cachiños de xamón que tipo de mestura temos.
Queres cociñar na clase?
Que outras receitas sinxelas se te ocorren?
Audio
Actividade 3: Humpty Dumpty e os ODS
Imos relacionar aspectos da historia de Humpty Dumpty cos ODS.
Escolla a opción que creas correcta e prema o botón Comprobar.
Como xa sabedes Humpty Dumpty era un ovo que estaba sentado nun muro e tivo un accidente.
Nin todos os cabalos nin todos os homes do rei puideron arranxalo. Pero nós imos intentar algo diferente: imos axudar a Humpty Dumpty a construír un muro novo e mellor, un muro sostible!
Xa sabemos o que significa "sostible", significa que é bo para nós e para o planeta e que pode durar moito tempo.
Introdución
Nesta actividade, imos traballar en equipos para pensar ideas que axuden a Humpty Dumpty e a todos nós a vivir nun mundo mellor. Usaremos a nosa imaxinación para debuxar e escribir ideas sobre como facer cidades máis seguras, como inventar cousas novas que axuden ao planeta, como consumir responsablemente, e como traballar xuntos para solucionar problemas. Ao final, teremos un muro cheo de grandes ideas que Humpty Dumpty poderá usar para vivir feliz e seguro. O mellor é que estas ideas tamén nos axudarán a nós a coidar o planeta. Imos comezar!