O deseño de tod@s
Coas ideas recollidas nos papeis da fase de empatizar, definir e idear terás que facer ou propoñer unha idea para conseguir o reto de que Humpty non escache contra ao chan ao caer dunha altura.
Fai un bosquexo nun folio, incluíndo varios debuxos do teu prototipo dende varias perspectivas, incluíndo os materiais que crees que se deberían empregar.
Para decidir que prototipo levaredes a cabo no equipo imos a facer a estrutura de aprendizaxe cooperativo 1-2-4. Consistirá en:
- Cada persoa do equipo fai o seu bosquexo. (1)
- Por parellas amósanse o bosquexo e entre os dous escollen un, o redeseñan un novo con ideas dos dous.
- Cada parella amosa o bosquexo a outra parella e entre os catro escollen un, ou redeseñan un novo con ideas presentes en ambos. (4)
Agora que pensastes ideas, e tedes unha de equipo, podedes cubrir os dous primeiros apartados da lista de cotexo.
Lectura facilitada
Agora vas propoñer unha idea para conseguir o reto de que Humpty non escache contra ao chan ao caer dunha altura.
Fíxate nas ideas dos papeis da actividade anterior.
Fai un bosquexo nun folio.
Inclúe varios debuxos do teu prototipo dende varias perspectivas.
Inclúe os materiais a empregar.
Decidiredes o prototipo en equipo coa estrutura de aprendizaxe cooperativo 1-2-4.
Consistirá en:
- Cada persoa do equipo fai o seu bosquexo. (1)
- Por parellas amósanse o bosquexo e escollen un. Tamén o poden redeseñar con ideas dos dous.
- Cada parella amosa o bosquexo a outra parella. Entre os catro escollen un. Tamén o poden redeseñar con ideas dos dous. (4)
Xa tedes unha idea de equipo. Cubre os dous primeiros apartados da lista de cotexo.