Saltar navegación

3.2. A materia

 

Glosario

Engrenaxe

Engranaxe

Definición:

Mecanismo formado por rodas dentadas.

Exemplo:

A engrenaxe permite que o motor funcione.

Estado

Cubiño de xeo

Definición:

É a forma que pode ter a materia. Pode ser sólido, líquido ou gasoso, segundo como se moven as súas partículas.

Exemplo:

O xeo cambia de estado e convértese en auga líquida se lle aplicamos calor.

Irreversible

Mans rompendo uns lentes

Definición:

Aquilo que non se pode reverter ou ser devolto ao seu estado anterior.

Exemplo:

Cando un ovo escacha non é posible recompoñelo, o cambio é irreversible.

Partícula

Microscopio

Definición:

Parte moi pequena de materia.

Exemplo:

Todos os seres e obxectos están formados por partículas.

Que é a materia?

A materia é todo aquilo que forma o que vemos e tocamos ao noso arredor. Poden ser obxectos, seres vivos, líquidos, gases e moito máis. Todo no mundo está feito de materia, e aínda que non a percibamos cos ollos sempre, sabemos que está en todas partes xa que está formada de partículas, elementos tan pequenos que non podemos ver sen axuda dun instrumento óptico coma un microscopio.

A materia ten varias propiedades características, coma:

  • masa: é a cantidade de materia que ten, por exemplo, un obxecto. Mídese en gramos (g) ou quilogramos (kg).
  • volume: é o espazo que ocupa o elemento. Pode ser máis grande ou máis pequeno, dependendo do obxecto ou a substancia. Mídese en litros (L) ou mililitros (ml).
  • A densidade: é canto material hai nun espazo determinado. Calcúlase dividindo a masa entre o volume.
  • Outras: temperatura, cor, textura, forma...

Pode estar en diferentes estados. Estes estados dependen de como as partículas se moven e se agrupan entre elas. Os tres estados principais da materia son:

Sólidoq_pictograma

Sólido

Neste estado, as partículas están moi pegadas e non se moven moito. Por iso, os obxectos sólidos teñen un volume e unha forma fixa, como unha rocha ou o sal (NaCl) que vimos na actividade anterior.

Líquido_Pictograma

Líquido

As partículas están máis separadas que no estado sólido e poden moverse. Así, os líquidos teñen volume definido pero non forma concreta. Toman a forma do recipiente onde están, como a auga (H₂O).

Gas_pictograma

Gas

As partículas están moi separadas e móvense libremente. Os gases non teñen nin forma nin volume definido. Expándense para ocupar todo o espazo dispoñible, como o cloro (Cl₂) ou o osíxeno (O₂).


Neste vídeo poderás ver exemplos concretos do que acabamos de explicar. Para ver os subtítulos en galego dálle ao engrenaxe e busca "traducir simultaneamente" e escolle o idioma galego.

Lectura facilitada

A materia é todo o que vemos e tocamos.

Poden ser obxectos, seres vivos, líquidos, gases e moito máis.

Todo está feito de materia aínda que non o percibamos cos ollos.

A materia ten varias características importantes:

  • Ten masa: ocupa un espazo e ten peso.
  • Ten volume: Necesita un espazo. Pode ser máis grande ou máis pequeno segundo o obxecto ou substancia.
  • Está formada por partículas moi pequenas. Non as podemos ver sen un telescopio.
  • Pode estar en diferentes estados.
    • Sólido como o sal (NaCl).
    • Líquido a auga (H₂O).
    • Gas: como o cloro (Cl₂) ou o osíxeno (O₂).

Cambios na materia

A materia pode cambiar de diferentes maneiras.  Pode cambiar de maneira permanente ou de maneira temporal:

  • Cambios permanentes: A materia cambia de xeito irreversible, non pode volver ao seu estado orixinal. Un exemplo sería Humpty Dumpty, que unha vez que rompe non podemos recompoñelo.
  • Cambios temporais: A materia volve ao seu estado orixinal despois de cambiar. Un exemplo sería a auga convertida en xeo que coa calor volve a ser auga.

E poden cambiar segundo a súa natureza. Poden sufrir cambios físicos e cambios químicos.

Os cambios físicos:

Os cambios físicos son cambios nos que non se altera a composición da materia, só cambian as súas propiedades físicas, como a forma, o tamaño ou o estado. Por exemplo, cando cortamos un anaco de pan, o pan segue sendo pan, só que en partes máis pequenas. Dentro dos cambios físicos atopamos:

  • Cambios de estado: a materia pode cambiar a súa forma física, sen que se modifique a súa composición química. Estes cambios son coñecidos como cambios de estado, e son:

Pictograma fusiónFusión

Pasar de sólido a líquido

Pictograma conxelaciónConxelación

Pasar de líquido a sólido

Pictograma evaporaciónEvaporación

Pasar de líquido a gas

Pictograma condensaciónCondensación

Pasar de gas a líquido

Pictograma Sublimación Sublimación

Pasar directamente de sólido a gas

  • Cambios de tamaño ou volume: a materia tamén pode experimentar cambios nestes dous aspectos sen cambiar a súa composición. Exemplos deste tipo de cambio serían:
    • Dilatarse ou contraerse: como cando un metal se dilata ao ser quentado (aumenta de volume) ou se contrae ao arrefriarse (reduce o seu volume).
    • Comprimir: cando comprimimos un gas, estamos reducindo o seu volume, pero a súa natureza segue sendo a mesma.

A esquerda hai un cambio químico, unha reacción de bicarbonato e vinagre, e a dereita un cambio físico, un pan cortado en anacos.

Os cambios químicos:

Son cambios nos que a materia se transforma en substancias diferentes, con novas propiedades. Neste tipo de cambio, a composición da materia cambia. Un exemplo sería cando mesturamos vinagre e bicarbonato, que reaccionan e forman gas carbónico.

Esquema cambios na materia

Esquema cambios na materia

Podemos romper a auga?

Dous Humptys debatindo.Imos xuntarnos por equipos e imos debater as seguintes cuestións. Podedes utilizar unha estrutura de “lapis ao centro” ou facelo de xeito libre:

  • Podes romper a auga? Explica o por que.
  • Podes deformar un ovo sen rompelo? Explica como? Posteriormente, poderíamos reverter esa deformación para que quedase na súa forma inicial?
  • Se rompemos un ovo... podemos volver a unir a casca? De ser así como o farías? Quedaría igual que antes de romper?
  • Cal é a diferenza entre deformar e romper? Todas as cousas pódense deformar sen chegar a romper? Reflexiona e explica cales son as propiedades da materia que inflúen neste feito.

Lectura facilitada

Imos xuntarnos por equipos. Imos a debater as seguintes cuestións:

- Podes romper a auga?
- Podes deformar un ovo sen rompelo? Como? Podemos desfacer esa deformación?
- Podemos volver unir a casca dun ovo roto? Como o farías? Quedaría igual que antes de romper?
- Cal é a diferenza entre deformar e romper? Todas as cousas pódense deformar sen chegar a romper?

Coñecemos o método científico

Unha botella cun globo en lugar de tapón. Ao carón un bote de bicarbonato e unha botella de vinagre.Imos empregar o método científico para reflexionar paso a paso sobre este experimento e o que vai pasar.

Imos poñer en práctica o que aprendemos ata agora sobre os cambios na materia facendo un experimento. Cada equipo teredes unha botella de plástico, un globo, un pouco de bicarbonato e un pouco de vinagre. Colocaremos o bicarbonato dentro da botella e, cando esteamos preparados, botaremos o vinagre e poñeremos o globo cubrindo a boca da botella.

Cos teus compañeiros/as de equipo irás reflexionando sobre os seguintes apartados:

Comeza por preguntar algo que queres saber.

Exemplo: "Que lle pasará ao globo cando botemos o vinagre?"

Escolle o tema que vas investigar ou experimentar.

Fai unha hipótese.

Pensa nunha posible resposta á túa pregunta.

 Podes empregar fórmulas para dicir a túa hipótese coma “Creo que...”.

Fai o experimento.

Proba a túa hipótese botando o vinagre dentro da botella e tapándoo rápido.

Ten coidado á hora de manipular os materiais e segue atentamente as instrucións da persoa mestra.

Recolle os resultados.

Escribe ou debuxa o que observas no experimento.

Canto durou a reacción? Canto inflou o globo? Volveuse desinchar pasado un tempo? Canto?

Saca conclusións.

Redacta un pequeno texto sobre o que observaches e aprendiches.

 A túa hipótese era correcta ou non? Que tipo de cambio se produciu na materia?

Comparte o que descubriches.

En gran grupo compartiremos cos demais o que aprendemos.

 Elabora un pequeno texto ou guión da túa reflexión sobre o experimento.

Lectura facilitada

Imos traballar os cambios na materia cun experimento.

Cada equipo teredes unha botella de plástico, un globo, un pouco de bicarbonato e un pouco de vinagre.

Colocaremos o bicarbonato dentro da botella. Logo botaremos o vinagre e poñeremos o globo cubrindo a boca da botella.

Usaremos o método científico para reflexionar sobre este experimento.

Cos teus compañeiros/as de equipo reflexionarás sobre os seguintes apartados:

  • Comeza por preguntar algo que queres saber. Exemplo: "Que lle pasará ao globo cando botemos o vinagre?"
  • Fai unha hipótese.  Pensa nunha posible resposta á túa pregunta. Podes empregar fórmulas para dicir a túa hipóteses coma “Creo que...”.
  • Fai o experimento. Proba a túa hipótese botando o vinagre dentro da botella e tapándoo rápido.
  • Recolle os resultados. Escribe ou debuxa o que observas no experimento. Canto durou a reacción? Canto inflou o globo? Volveuse desinchar?
  • Saca conclusións. Redacta un pequeno texto sobre o que aprendiches. A túa hipótese era correcta ou non? Que tipo de cambio se produciu na materia?
  • Comparte o que descubriches. En gran grupo compartiremos cos demais o aprendido.

Experimento nivel avanzado

Unha tixola con auga enrriba dunha vitrocerámica cun mbot ao carón.Saberías dicir a cantos graos tería que estar a auga para pasar de estado líquido a estado gaseoso? E canto tempo tardaría?

Empregando o Mbot vas deseñar un termómetro e temporizador para resolver esta dúbida.

O material que necesitarás para esta actividade será: unha placa Mbot, un cable USB, dúas placas LED, un sensor de temperatura e un adaptador para conectar dito sensor ao Mbot, e dous cables para conectar os sensores.

Se nunca traballaches con este robot, podes aprender dende 0 como conectar o mbot ao ordenador e como programalo por primeira vez.

Necesitarás programar dúas placas LED, unha para amosar a temperatura da auga, e outra para amosar a variable do paso do tempo.

Se queres unha axuda, podes empregar cargar este ficheiro no teu Mblock e so terás que unir os bloques correctamente para que funcione o Mbot.

Lectura facilitada

Feito con eXeLearning (Nova xanela)