Glosario
Recursos
-
Definición:
-
Medios aos que se poden recorrer para solucionar un problema.
-
Exemplo:
-
Iria ten recursos para poder solucionar o problema matemático.
Definición:
Medios aos que se poden recorrer para solucionar un problema.
Exemplo:
Iria ten recursos para poder solucionar o problema matemático.

Ademais do que descubriches sobre a orixe da nosa personaxe, o concepto "Humpty Dumpty" úsase en física, en concreto en aerodinámica, como unha metáfora para explicar a irreversibilidade dos fenómenos físicos, é dicir unha vez que algo cae e rompe, non pode ser restaurado ao seu estado orixinal.
Por iso o voso reto vai ser tan especial, ides loitar contra as leis da física e evitar que Humpty Dumpty escache ao caer. Ides cambiar a historia/o conto co voso invento?
O teu obxectivo é atopar a maneira que impida que Humpty Dumpty sufra un golpe que o faga escachar. Para iso, teredes que utilizar todos os vosos recursos, ideas e imaxinación de maneira cooperativa co fin de conseguir unha solución ao problema.
Seredes quen de atopar a solución para que Humpty non escache ao caer do muro?
Xa coñeces a historia de Humpty Dumpty, propóñoche un reto:
Atopar a maneira de que Humpty Dumpty non escache. Teredes que utilizar recursos, ideas e imaxinación en equipo para conseguir unha solución.
Poderás facelo e que Humpty non escache ao caer?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0