Saltar navegación

5.3. Valoro o meu traballo

A túa auto-avaliación

Nesta parte deberás avaliar o teu progreso durante toda a situación de aprendizaxe. Encontrarás unha rúbrica con diferentes apartados e diferentes niveis. Terás que marcar o que creas que acadaches para extraer unha nota numérica.

Antes de comezar a traballar pode servirche de moita axuda ler a rúbrica para saber que é o que se busca acadar nas túas aprendizaxes e así poder centrarte mellor en todos eses aspectos.

A miña participación

Valoro o meu traballo no proxecto
 Foime xenial porque...Fíxeno ben porque...Custoume un pouco porque...Debo mellorar porque...
Na comprensión do proxectoEntendín todos os pasos para conseguir o reto final e o seu propósito (1)Souben o que tiña que facer no reto aínda que non entendín o seu propósito (0.75)Necesitei axuda para entender o reto e os pasos para acadalo (0.5)Aínda que solicitei axuda, non entendín as partes do reto. (0.25)
No traballo individualRealicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (1)Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e fíxenas correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo (0.75)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (0.5)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesares de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0.25)
Na investigación e experimentación.Apliquei o método científico con rigor, fixen os experimentos propostos e obtiven conclusións relevantes. (2)Apliquei o método científico, realicei os experimentos e obtiven conclusións válidas. (1.5)Apliquei parcialmente o método científico, realicei experimentos básicos e obtiven algunhas conclusións. (1)Tiven dificultades para aplicar o método científico e realizar os experimentos. (0.5)
Na superación do retoTraballei co meu equipo para superar o reto, tamén axudei a outros equipos. (2)Colaborei na consecución do reto. (1.5)A miña participación para superar o reto foi baixa, os meus compañeiros e compañeiras tiveron que axudarme moito. (1)Non participei na preparación do reto, deixei que as miñas compañeiras e compañeiros fixeran todo o traballo. (0.5)
No deseño e prototipado.Creei un deseño innovador, utilicei Tinkercad con mestría e imprimin en 3D con alta calidade. (2)Creei un bo deseño, utilicei Tinkercad correctamente e imprimin en 3D con calidade aceptable. (1.5)Creei un deseño básico, utilicei Tinkercad con algunhas dificultades e imprimin en 3D con calidade mellorable. (1)Tiven problemas para crear un deseño, usar Tinkercad e imprimir en 3D. (0.5)
Na comprensión da sostibilidade e os ODSComprendín en profundidade os ODS e propuxen solucións innovadoras e viables (1)Comprendín os ODS e propuxen soluciones adecuadas (0.75)Comprendín parcialmente os ODS e propuxen algunhas soluciones básicas (0.5)Tiven dificultades para comprender os ODS e propor soluciones (0.25)
Na comunicación e presentaciónPresentei o proxecto de forma clara, creativa e convincente, utilizando recursos audiovisuais de alta calidade (1)Presentei o proxecto de forma clara e utiliza recursos audiovisuais adecuados (0.75)Presentei o proxecto de forma básica e utiliza algúns recursos audiovisuais (0.5)Tiven dificultades para presentar o proxecto e utilizar recursos audiovisuais (0.25)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Feito con eXeLearning (Nova xanela)