Saltar navegación

4.2. Pensamento de deseño

Como deseñar o prototipo

Para levar a cabo o noso prototipo, os equipos ides seguir o método do Design Thinking, unha ferramenta creativa que nos axudará a atopar a mellor solución para conseguir o reto. Aquí tedes os pasos que seguiremos:

1. Empatizar

Antes de comezar a deseñar, necesitas comprender o reto. Reflexiona cos teus compañeiros/as de equipo porque rompe o ovo ao caer. Pensa que materiais ou estruturas poderían reducir o impacto...

2. Definir

Define o obxectivo principal do voso prototipo e establece as limitacións sobre os materiais que empregaredes.  Ten en conta conceptos vistos ao longo da situación de aprendizaxe como a flotabilidade, a aerodinámica e a resistencia ao impacto.

3. Idear

Pensa en solucións creativas: Poderías reducir a velocidade de caída? Podes construír unha estrutura que absorba o impacto? Podes aproveitar a flotabilidade do ovo?... Non desbotes ningunha idea, nin as que penses que son malas, apunta todo!

4. Prototipar

Ponte mans á obra e constrúe o teu prototipo. Escolle os materiais segundo a idea do equipo. Para traballar coa flotabilidade, usade materiais que manteñan o ovo “suspenso”, como globos cheos de aire ou estruturas de espuma. Se apostades pola aerodinámica, deseñade paracaídas con tea ou papel lixeiro que freen a caída. Para a resistencia ao impacto, empregade materiais que amortezan o golpe, como algodón, esponxas ou caixas con recheo.
É importante que o prototipo sexa funcional, pero tamén podedes engadir detalles creativos!

5. Probar e mellorar

Proba o teu prototipo deixando caer o ovo desde a altura establecida. Recolecta datos sobre se o ovo rompe ou queda intacto, que funcionou ben e que se pode mellorar... Se algo non funciona, non pasa nada: redeseña e proba de novo.

6. Compartir e reflexionar

Por último, presenta o voso prototipo ao resto de equipos, explica o voso deseño e os conceptos científicos empregados (flotabilidade, aerodinámica etc...).

Reflexionamos sobre o proceso: Que aprendemos? Que fariamos diferente a próxima vez?

Lectura facilitada

Imos facer un prototipo.

Usamos o método Design Thinking.

Pensamos no problema.

Falamos co equipo.

Observamos como cae o ovo.

Imaxinamos materiais que amorticen o golpe.

Decidimos o obxectivo do prototipo.

Escribimos as limitacións dos materiais.

Lembramos o que aprendemos.

Anotamos moitas ideas.

Compartimos as ideas co equipo.

Escollermos as mellores ideas.

Construímos o prototipo.

Escollemos os materiais.

Probamos o prototipo.

Observamos se o ovo rompe.

Anotamos os resultados.

Melloramos o deseño se é preciso.

Presentamos o prototipo á clase.

Explicamos o que fixemos.

Contamos os materiais usados.

Nomeamos os conceptos científicos.

Reflexionamos sobre o proceso.

Escribimos o aprendido.

Gardamos as ideas no cartafol.

Pegamos os papeis coas ideas.

Eliximos as ideas máis útiles.

Ficheiros anexos

Aquí tes unha lista de cotexo que che servirá para centrar a atención, ao longo das fases, nos aspectos mais importantes para desenvolver o teu prototipo.

Agora co teu equipo deberás achegar ideas para cada unha das partes do proceso. A persoa mestra porá a túa disposición uns papeis adhesivos e un Un papel cos fases do pensamento de deseño escritas e papeis adhesivos.folio A3 no que marcaredes as distintas partes do pensamento de deseño.

Cada persoa escribirá nos papeis diferentes ideas que queira compartir co seu equipo e pegaraa no folio no apartado correspondente. Cando non queden mais ideas faredes unha posta en común e deixaredes as que vos parezan mais axeitadas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)