Repasa a liña do tempo
Repasa a liña do tempo facendo unha destas actividades. Pulsa na opción seleccionada para que se abra o despregable escollido:
Repasa a liña do tempo facendo unha destas actividades. Pulsa na opción seleccionada para que se abra o despregable escollido:
Arrastra cada tarxeta ata o seu contedor.
Ordena os seguintes feitos históricos en orde cronolóxica.
Participa no "Roscón da Historia". Tes que adiviñar os conceptos ou feitos das Idades Media e Moderna a partir dunha definición por cada letra do abecedario.
A continuación atoparás unha rúbrica de exemplo para avaliar distintos aspectos da liña de tempo
| Camiño acadado | Ben encamiñado | Camiño da mellora | Explorando o camiño | |
|---|---|---|---|---|
| Organización e sucesión cronolóxica. | Todos os períodos están correctamente nomeados e situados en orde cronolóxica. Inclúe relacións entre feitos mediante recursos visuais (frechas, liñas, números, sinais...) que permiten entender relacións de causalidade ou simultaneidade. (2) | Os períodos están ben nomeados e situados cronoloxicamente. Sinálanse feitos dos diversos períodos, pero sen soportes visuais que faciliten a comprensión das súas relacións. (1.5) | Noméanse os períodos pero están incorrectamente ordenados cronoloxicamente ou faltan. A orde cronolóxica é confusa. Nomean feitos históricos nalgún dos períodos de forma illada. (0.75) | Os períodos están desordenados ou incorrectamente nomeados. Non presenta feitos históricos ou, se si están, presentes, son illados, sen conexión coa liña. (0.5) |
| Acontecementos e comprensión histórica. | Identifícanse máis de dous acontecementos por época, con información exacta e comprensible sobre cada un deles, así coma datas aproximadas dos mesmo. (2) | Identifícanse dous acontecementos por época, con información correcta sobre cada un deles. (1.5) | Hai un só acontecemento por época e/ou existen acontecementos incorrectos en cato á súa pertenza a unha época, ou con información incorrecta. (0.75) | Hai só algúns acontecementos sinalados (non en cada época), con información incorrecta e/ou sen explicación. (0.5) |
| Persoas, grupos sociais e perspectiva de xénero. | Inclúe persoas ou grupos sociais relevantes de cada época e reflicte a perspectiva de xénero ao nomear tanto homes coma mulleres. (2) | Nomea persoas ou grupos sociais, pero sen afondar na perspectiva de xénero, sen explicar a relevancia de ambos ou dar exemplos de ambos. (1.5) | Fai referencias superficiais ou erróneas sobre persoas ou grupos sociais da época. Non se recolle de ningún xeito a perspectiva de xénero. (0.75) | As referencias aos elementos sociais ou á perspectiva de xénero é inexistente ou errónea. (0.5) |
| Estética e presentación visual. | A liña do tempo é clara, visualmente atractiva, coidada e ben estruturada. Emprégase cor, imaxes ou símbolos de forma coherente e axuda á comprensión. (2) | A presentación é clara e lexible. Pode mellorar en estética, pero non dificulta a comprensión, trátase sobre todo dun aspecto visual. (1.5) | A presentación é pouco coidada ou desorganizada, con elementos que dificultan a lectura (sobrecarga, cores pouco axeitadas, letra pequena…). (0.75) | A liña do tempo é desordenada ou inintelixible. Falta limpeza, estrutura e claridade visual. (0.5) |
| Comunicación e exposición oral. | Expón con seguridade, empregando o vocabulario propio da área e cunha estrutura que permite entender a explicación con claridade e entender a liña do tempo explicada, a cal tamén se emprega ao longo da exposición coma soporte visual. (2) | Expón empregando vocabulario propio da área, cunha estrutura medianamente clara que permite seguir a explicación e entender a liña do tempo. Fai uso da liña do tempo nalgún momento da exposición. (1.5) | Expón con axuda (de iguais), de xeito guiado, mediante preguntas. Emprega a liña para aclarar algunha idea ou facer alusión a algunha idea que lle custa verbalizar. (0.75) | Expón con moita axuda (da persoa docente), a través dunha guía directa do que ten que ir explicando. A liña do tempo nin se explica nin se emprega para a explicación. (0.5) |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0