Glosario
Sociedade estamental
-
Definición:
-
Era a maneira de organizar a sociedade na Idade Media e Idade Moderna. Estaba dividida en tres estamentos: nobreza, clero e pobo. Normalmente, unha persoa non podía cambiar de estamento: por exemplo, se nacías no pobo, era moi difícil chegar a formar parte da nobreza ou obter privilexios. O clero non era un estamento de nacemento, senón de acceso: os seus membros procedían xeralmente da nobreza ou, en menor medida, do pobo.
-
Exemplo:
-
A sociedade estamental era unha sociedade onde uns tiñan moitos privilexios e outros ningúns.
Sociedade feudal
-
Definición:
-
É unha maneira de organizar a sociedade onde o rei é o máis poderoso e déixalle terras aos nobres e os señores feudais. Os señores feudais tiñan castelos e terras. Estas terras traballábaas o campesiñado a cambio de protección. O campesiñado tiña moito traballo e poucos dereitos. Esta sociedade era tamén estamental, xa que non se podía cambiar de posición.
Exemplo:
-
Na Idade Media a vida organizábase mediante unha sociedade feudal.


