Saltar navegación

3.6. Tempo de descubrimentos e revolucións

 

Glosario

Absolutismo

Fotografía dun retrato de Luís XVI, primeiro rei absolutista

Definición:

É unha maneira de organizar o goberno na que o rei ou raíña teñen todo o poder e non necesitan consultar ninguén para tomar decisións.

Exemplo:

No absolutismo os reis ou as raíñas poden facer as leis sen ter en conta a ninguén máis que o seu propio beneficio.

Heliocentrismo

Imaxe que representa os planetas e as súas órbitas arredor do sol

Definición:

É a idea de que o Sol está no centro do Universo e os planetas orbitan ao seu redor. Ata que Nicolás Copérnico descubriu esta realidade a xente pensaba que a Terra estaba no centro do universo.

Exemplo:

Na Antigüidade críase que o Heliocentrismo non era certo.

Protestantes

Imaxe dun peixe, considerado símbolo universal da relixión protestante

Definición:

É unha rama do Cristianismo que iniciou Martin Luther porque non lle gustaba como facían as cousas na rama Católica. Cren en Deus e Xesús, pero diferéncianse dos Católicos en algunhas cousas, como non ter Papa ou non adorar imaxes de santos e virxes. O seu libro sagrado é a Biblia.

Exemplo:

Nas igrexas protestantes hai líderes ou pastores que guían o culto.

Que sucedeu na Idade Moderna?

O tempo no que viviu María de Souto tamén estivo cheo de feitos moi relevantes e de cambios:

Século XV e XVI

A chegada de Colón a América (1492)

  • Descubrimento dun novo continente para o pobo europeo.
  • Cambio nas rutas comerciais e no poder mundial.

A Reforma Protestante (1517)

  • Martin Luther desafía a Igrexa Católica.
  • División do cristianismo en católicos e protestantes.

Cadro que representa a Martin Luther, persoa que iniciou a reforma protestante.

A imprenta de Gutenberg (1440 - 1450)

  • Fomenta a difusión do coñecemento e da cultura.
  • Favorece a alfabetización e a ciencia.

A chegada dos Habsburgo ao trono español (S. XVI)

  • España convértese nunha potencia mundial nos reinados de Carlos I e Filipe II.
  • Expansión do Imperio Español en América.

Cadro que representa a Carlos I e o seu fillo Filipe II, están sentados e coas súas armaduras

Século XVII

A Revolución Científica (S. XVI - XVII)

  • Novas teorías, como a heliocéntrica de Copérnico.
  • Avances en medicina, astronomía e física.

Século XVIII

A Revolución Francesa (1789)

  • A caída da monarquía absoluta en Francia e o inicio da democracia moderna.
  • O lema era:  "Liberdade, igualdade e fraternidade".

Cadro que representa a toma da Bastilla, onde se ven soldados e un edificio derruído polo lume.

A Revolución Industrial (finais do XVIII)

  • Comezou en Inglaterra coas primeiras máquinas de vapor e as fábricas.
  • Cambiou a economía e a sociedade.

Lectura facilitada

O tempo no que viviu María de Souto tamén estivo cheo de feitos moi relevantes e de cambios:

Século XV (quince) e XVI (dezaseis).
A chegada de Colón a América (1492).
Descubrimento dun novo continente para os europeos.
Cambio nas rutas comerciais e no poder mundial.

A Reforma Protestante (1517)
Martín Lutero desafía a Igrexa Católica.
División do cristianismo en católicos e protestantes.

A imprenta de Gutenberg (1440 - 1450)
Fomenta a difusión do coñecemento e da cultura.
Favorece a alfabetización e a ciencia.

A chegada dos Habsburgo ao trono español (S. XVI [dezaseis])
España convértese nunha potencia mundial nos reinados de Carlos I e Filipe II.
Expansión do Imperio Español en América.


Século XVII (dezasete)
A Revolución Científica (S. XVI [dezaseis] - XVI [dezasete])
Novas teorías como a heliocéntrica de Copérnico.
Avances en medicina, astronomía e física.


Século XVIII (dezaoito)
A Revolución Francesa (1789)
A caída da monarquía absoluta en Francia e o inicio da democracia moderna.
O lema era:  "Liberdade, Igualdade e Fraternidade".

A Revolución Industrial (finais do XVIII [dezaoito])
Comezou en Inglaterra coas primeiras máquinas de vapor e as fábricas.
Cambiou a economía e a sociedade.

Apoio visual

Mapa conceptual que resume os feitos históricos na Idade Moderna

Continúa a liña do tempo

Agora que xa coñecedes os feitos máis importantes da Idade Moderna, tedes que ampliar a liña do tempo histórica.

Lembrade manter a orde cronolóxica e a estética clara.

Para avaliala podedes empregar a rúbrica que está na seguinte páxina.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)