Saltar navegación

1.2. Como lograrás o reto?

Un congreso que fará historia

Rapaz facendo unha presentación diante dun panel con gráficosO reto final será difundir os vosos descubrimentos nun congreso de Historia. Poderedes escoller entre crear paneis divulgativos ou unha exposición oral con diferentes soportes visuais.

Para logralo ides:

  • Coñecer feitos e personaxes relevantes da Idade Media e Moderna.
  • Aprender sobre a cultura e sociedade da época.
  • Entender as fases da investigación e as fontes históricas.
  • Valorar o noso patrimonio histórico.

Reflexiona: A ponte da Historia

Antes de iniciar esta investigación histórica, cubre estes cadros:

Antes: reflexiona sobre o que sabes sobre a Idade Media e a Idade Moderna e a importancia da divulgación. Escribe 3 ideas. Fai 2 preguntas sobre cousas que che dean curiosidade. Escribe unha comparación.

Despois: Esta parte tela que deixar para o final do camiño, para facer o mesmo. Escribirás 3 ideas, farás 2 preguntas e escribirás unha comparación.

Serán moi diferentes as túas ideas de "antes" comparadas coas de "despois"? Comeza a andar o camiño para descubrilo.

Podes descargar a ficha e cubrila. Lembra gardala ao remate. Consulta co profesorado o xeito de cubrila.

  • Accede ao recurso "A ponte da Historia" para imprimir (Nova xanela).
  • Accede ao recurso "A ponte da Historia" para cubrir no ordenador (máis sostible).

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Antes de comezar convídote a pasar polo teu diario de aprendizaxe.

Este diario vaite acompañar ao longo de todas as fases e irache mostrando todo o que consegues de cara a completar o reto.

Sigue sempre as instrucións para cubrilo porque ás veces hai que cubrilo en grupo, pero outras é individual.

Adiante! A comezar!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)