Xa chegamos ao final
Fixeches un longo percorrido ata chegar aquí. É momento de poñer a vista atrás e observar todo o aprendido:

- Recordaches o que xa sabías da Prehistoria e da Idade Antiga, e ademais, agora xa coñeces a Idade Media e a Idade Moderna. As súas diferenzas axúdannos a saber se algo pertence a unha época ou a outra.
- Analizaches obxectos de distintas épocas e fuches quen de situalos nunha liña do tempo.
- Decatácheste de que a Historia tamén ten rigor científico e do importante que é divulgala.
- Axudaches a darlle o lugar que merecen na Historia a moitas mulleres que foron precursoras na súa época.
