| Como explicaron a información? | Explicaron moi ben, foi clara, entendín todo e interesoume moito. (1) | Explicaron ben, aínda que algunhas cousas podían mellorar. (0.75) | Custoume entender algunhas cousas ou foi un pouco aburrido. (0.50) | Non entendín case nada ou foi moi difícil de seguir. (0.75) |
|---|
| A información foi interesante? | Gustoume moito, fixeron que quixera saber máis. O público fixo preguntas (1) | Foi interesante, aínda que ás veces perdín a atención. (0.75) | Non foi moi interesante. A xente non parecía atenta. (0.50) | Foi aburrido e ninguén prestaba atención. (0.75) |
|---|
| Os carteis e materiais chamaban a atención? | Tiñan moitos recursos feitos por eles, moi bonitos e orixinais. (1) | Tiñan varios recursos ben feitos e claros. (0.75) | Tiñan poucos recursos, e non eran moi orixinais. (0.50) | Tiñan poucos recursos ou estaban pouco traballados. (0.75) |
|---|
| Axudaron a difundir ben a actividade? | Si! Fixeron publicidade en moitos sitios e veu moita xente. (1) | Fixeron publicidade no cole, pero non moita fora del. (0.75) | Case non fixeron publicidade. Só se viu no cole. (0.50) | Non se notou a publicidade, non veu xente por iso. (0.25) |
|---|
| Participaron e colaboraron ben no grupo? | Todo o grupo traballou moi ben xunto, con gañas e ilusión. (1) | Case todos participaron ben e con responsabilidade. (0.75) | Algúns traballaron, outros non moito. (0.50) | A maioría non participou ou fixérono sen ganas. (0.25) |
|---|
| A xente do cole participou? | Participou moita xente con ganas e participando nas actividades. (1) | Participaron moitos, aínda que algúns non moito. (0.75) | Só algúns participaron ou viñeron. (0.50) | Case ninguén participou ou interesouse. (0.25) |
|---|
| Participou xente diferente (pais, profes, nenos...)? | Si! Había de todo: familias, profes, alumnado… (1) | Case todos os grupos estaban representados. (0.75) | Participaron só algúns grupos. (0.50) | Foi sempre o mesmo tipo de xente. (0.25) |
|---|
| Organizaron ben as tarefas? | Todo estaba moi ben organizado, cada persoa tiña o seu papel. (1) | Estaba bastante ben organizado, aínda que con algunha confusión. (0.75) | Había algo de desorde e non todos sabían que facer. (0.50) | Estaba desorganizado e sen reparto claro de tarefas. (0.25) |
|---|
| Fixeron ben o que lles tocaba? | Todos os equipos fixeron moi ben a súa parte. (1) | Case todos os equipos fixeron o que lles tocaba. (0.75) | Algúns equipos non fixeron ben a súa parte. (0.50) | Moitos non sabían que facer ou non fixeron nada. (0.25) |
|---|
| Recibiron ben ao público? | Saudaron, explicaron todo e despediron con amabilidade. (1) | Foron amables e guiaron bastante ben ao público. (0.75) | Algúns detalles faltaron ou confundiron ao público. (0.50) | Non atenderon ben nin guiaron aos visitantes. (0.25) |
|---|