Glosario
Congreso
-
Definición:
-
É un encontro ou reunión de persoas interesadas nun tema no que as persoas investigadoras explican os seus coñecementos de maneira sinxela para que todas as persoas que asisten os poidan comprender.
-
Exemplo:
-
No Congreso sobre a prehistoria un historiador explicou cuns debuxos como se facían ferramentas daquela.
Divulgar
-
Definición:
-
Dar a coñecer un suceso ou un descubrimento de maneira que todo o mundo o poida comprender. A información debe presentarse de maneira sinxela.
-
Exemplo:
-
Cando lin o documento que fixeron para divulgar o Camiño de Santiago, entendín porque era tan importante na Idade Media.
Fontes seguras e fiables
-
Definición:
-
Son sitios dos que podemos sacar información cuxa veracidade está comprobada, que está ben explicada e na cal podemos confiar. Hai detalles nos que nos podemos fixar para detectar as fontes seguras e fiables como: quen dá a información, onde se atopa publicada, se ten data, se proporciona datos e se outras fontes din o mesmo.
-
Exemplo:
-
A páxina de Ciencia en la escuela- CSIC é unha fonte segura e fiable para aprender sobre ciencia
Patrimonio
-
Definición:
-
É todo aquilo que nos queda do pasado que resulta valioso para nós. Este patrimonio pode ser material (como un edificio ou unha ponte) ou inmaterial (como unha festa, unha canción ou a propia lingua).
Exemplo:
-
Facer o Camiño de Santiago é un patrimonio inmaterial que herdamos da Idade Media.
Perspectiva de xénero
-
Definición:
-
É fixarse nas cousas que suceden ou sucederon prestando atención a que as mulleres e os homes non sempre foron tratados igual e que debemos buscar a igualdade entre todas as persoas, sexan do xénero que sexan.
-
Exemplo:
-
Se falan da Historia con perspectiva de xénero nomean personaxes masculinos e femininos importantes desa época .
A Historia é unha ciencia e os seus descubrimentos teñen que ser difundidos. É moi importante coñecer o noso pasado se queremos entender o presente. É por iso que, nesta unidade, o voso reto será que vos convertades en persoas investigadoras coa misión de divulgar a vida na Idade Media e Moderna a través dun congreso histórico, no que presentaredes un panel informativo ou unha charla.