Que é divulgar?
A divulgación científica e histórica é unha forma de transmitir coñecementos e de explicar descubrimentos a outras persoas.
Para que esta divulgación chegue ao máximo número de persoas, inténtase usar unha linguaxe clara e comprensible.
Como acabas de ver, pode facerse a través de diferentes vías.
Pero para divulgar ben é moi importante empregar información veraz e fontes seguras.
Ademais de investigar, temos que ser tamén detectives da información. Sempre que busques algo, pregúntate:
- Quen o escribiu?
- É unha persoa experta?
- Onde o publicou?
- Aparecen fontes ou datos comprobables?
Só así poderás asegurarte de que a información é válida e fiable para divulgar!
Audio
Fontes seguras para unha misión importante
Está claro que empregar fontes seguras é esencial para cumprir coa misión que che encomendaron María e Rosa.
Co que xa sabes e coa información axeitada, vas ser máis que capaz de conseguilo.
Ánimo, tes moito potencial!
