Glosario
Cidade-Estado
-
Definición:
-
É unha cidade que funciona como se fose un país, tendo leis, goberno e exército propios.
-
Exemplo:
-
A Cidade-Estado do Vaticano é independente de Italia, aínda que se atope dentro de Roma .
Civilización
-
Definición:
-
É un grupo de persoas que comparten costumes, leis, maneiras de vivir, estilo artístico e arquitectónico, escritura, relixión e leis comúns e que viviron nun sitio durante moito tempo. Algunhas das civilizacións máis coñecidas foron a exipcia, a romana e a grega.
Exemplo:
-
Un exemplo salientable da civilización exipcia son as pirámides.
Cuneiforme
-
Definición:
-
Tipo de escritura que se realizaba facendo marcas en forma de cuña (como un pequeno triángulo) sobre unha táboa de arxila. Foi unha das primeiras formas de escribir da Historia.
-
Exemplo:
-
A Epopea de Gilgamesh apareceu escrita en cuneiforme.
Democracia
-
Definición:
-
Sistema de goberno no que todas as persoas participan escollendo as persoas que os representan para organizar o seu Estado.
-
Exemplo:
-
Despois da morte do ditador Franco, por fin en España se instaurou a democracia.
Filosofía
-
Definición:
-
É unha materia na que se estudan e cuestionan grandes preguntas sobre a existencia como o que está ben ou mal, o que é a felicidade, por que existimos e outras preguntas que teñen unha resposta complicada ou, polo menos, difícil de demostrar de modo obxectivo.
-
Exemplo:
-
As maneiras de entender as cousas que teñen que ver coa filosofía van cambiando segundo vai cambiando a Historia e a maneira de pensar e actuar da sociedade.
Mitoloxía
-
Definición:
-
Son historias creadas na antigüidade para explicar como pensaba e como entendía o mundo a xente naquela época. Adoitan ter de protagonistas as deidades da época ou os seres fantásticos máis coñecidos e moitas veces servían para dar explicación a aquelas cousas que naquelas épocas non a tiñan. Son moi coñecidas a mitoloxía grega, a romana ou a celta.
-
Exemplo:
-
Na mitoloxía celta as meigas son, moitas veces, as protagonistas da historia.
Politeísta
-
Definición:
-
É unha relixión que cre na existencia de máis dun deus. O contrario é monoteísta.
-
Exemplo:
-
A civilización exipcia era politeísta.
Para poder datar os obxectos atopados precisamos saber das épocas pasadas.







