Saltar navegación

2.2. Aprende das persoas expertas

 

Glosario

Charlas divulgativas

Fotografía dun experto falando nun estrado

Definición:

Son explicacións orais que fai alguén que quere compartir un coñecemento de forma clara e sinxela para que o comprendan todas as persoas.

Exemplo:

As charlas divulgativas sobre o barroco axudáronme a descubrir as características máis importantes da época

Publicacións científicas

Fotografía da portada dunha revista científica sobre educación

Definición:

Son explicacións por escrito nunha revista ou similar onde as persoas científicas contan os seus descubrimentos para que os poidan coñecer outras persoas.

Exemplo:

Grazas a esa publicación científica descubrín como funciona a datación por carbono 14.

Como se comparten os descubrimentos científicos?

Lembra o reto final

Ao final desta aventura ti e os teus compañeiros e compañeiras seredes as persoas divulgadoras! Co voso equipo prepararedes paneis informativos ou unha charla para o voso Congreso de Historia.

Comezade xa a pensar como o queredes facer.

Toda persoa dedicada á ciencia o que quere é que o que descubra e investigue chegue a toda a sociedade.

Neste caso ti, como parte deste grupo de investigadoras e investigadores científicos, debes derrubar o muro que separa a ciencia da sociedade para achegarlle o coñecemento e para que a historia desta e de tantas mulleres non quede no esquecemento.

Para isto, vas coñecer como podes facer públicos os teus descubrimentos:

Publicacións científicas

Este tipo de publicacións distribúense grazas a revistas especializadas onde, a través de artigos, outras persoas expertas poden coñecer os traballos doutras.

Portada dunha revista científica de investigación onde figura o nome da universidade.

Charlas e conferencias 

As científicas e científicos presentan os seus descubrimentos en congresos e charlas divulgativas para que máis persoas os coñezan.

Fotografía dun congreso científico onde catro persoas están sentadas falando

Exposicións en museos 

Moitos achados históricos preséntanse en museos ou exposicións para que o público poida velos e comprender a súa importancia.

Fotografía dun museo onde pode verse a exposición do esqueleto dun animal e vitrinas con outros tipos de animais.

Documentais e redes sociais 

Hoxe en día, a comunidade científica tamén comparte os seus descubrimentos a través de vídeos, redes sociais e páxinas web para chegar a máis xente.

Fotografía dun ordenador portátil sobre un escritorio.

Reflexiona: Recorda, engade e analiza

As distintas maneiras de divulgar unha información son moi diversas, cada unha ten unhas características diferentes pero tamén algunhas comúns.

Colaborando coas compañeiras e compañeiros da clase vas cubrir este documento para recollerdes as características entre todas e todos.

Podes descargar a ficha e cubrila. Lembra gardala ao remate. Consulta co profesorado o xeito de cubrila.

  • Accede ao recurso "Recorda, engade e analiza" para imprimir ( Nova xanela).
  • Accede ao recurso "Recorda, engade e analiza" para cubrir no ordenador (máis sostible).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)