Saltar navegación

A datación

Como se datan os descubrimentos?

Man cun pincel limpando un esqueleto dun animalPara datar achados históricos empréganse diferentes métodos científicos que axudan a saber a idade dos obxectos atopados en escavacións. Estes métodos son a datación directa e a datación indirecta.

Datación Directa

Datación directa: analízase directamente o material dun obxecto para saber a súa idade.

Datación Indirecta

Datación indirecta: Estímase a idade en base ao contexto, xa que non se pode analizar o material directamente.

Importante!

Importante! Antes de comezar a responder, le con atención a descrición de cada obxecto, fíxate ben nas pistas e reflexiona sobre as preguntas guía.

A resposta non está oculta... está agardando que a descubras co teu razoamento!

Actividade grupal: Datando obxectos

Como sabes, varios obxectos de distintas épocas acabaron mesturados coa carta de María de Souto. Tes que descubrir de que época son cos teus compañeiros e compañeiras. Seredes capaces de interpretar as pistas?

Como organizar a actividade:

  • Formade pequenos grupos
  • Debatede como datariades o obxecto.
  • Decidide a que época credes que pertence.
  • Finalmente, poñede en común e explicade o voso razoamento.

Podes descargar o documento para recoller os datos na seguinte ligazón. Lembra gardalo ao remate. Consulta co profesorado o xeito de cubrilo.

  • Accede ao recurso "Detectives da Historia" para imprimir.
  • Accede ao recurso "Detectives da Historia" par a cubrir no ordenador (máis sostible).

Grupo 1

Biface

Descrición:
Obxecto de pedra tallado a man, empregado como ferramenta para cortar ou raspar.

Pistas:

  • Non hai escritura.
  • Fabricado a man sen metais.
  • Moi antigo.

Preguntas guía:

  • De que material está feito este obxecto?
  • Hai restos orgánicos?
  • Que método sería mellor: carbono 14, estratigrafía ou comparación? 

Imaxe dunha ferramenta prehistórica tallada e rematada en punta.

Grupo 2

Espada de bronce


Descrición:
Obxecto metálico usado para a guerra. Fabricado coa aliaxe de bronce.

Pistas:

  • Uso de metais.
  • Obxecto traballado.

Preguntas guía:

  • Pódese datar usando carbono 14? Por que si ou por que non?
  • Cal sería o método máis axeitado?

Imaxe dunha espada feita de bronce.

Grupo 3

Moeda 

Descrición:
Peza metálica redonda cunha inscrición en latín e a imaxe dun emperador.

Pistas:

  • Ten inscricións e símbolos.
  • A figura representa un personaxe importante.
  • Pode indicar unha época ou reinado.


Preguntas guía:

  • Que información podemos extraer da inscrición e da imaxe?
  • A inscrición pode axudarnos a datar?
  • Que método usariamos?

Fotografía dunha moeda romana dourada polas dúas caras. Apréciase un rostro por unha cara e por a outra unha figura humana, unha data e unha palabra.

Grupo 4

Ánfora


Descrición:
Recipiente de cerámica decorado con escenas da vida cotiá en Grecia.

Pistas:

  • Cerámica con decoracións.
  • Estilo recoñecible.

Preguntas guía:

  • Podemos comparar este obxecto con outros coñecidos?
  • Sería útil a comparación de estilos para datar?

Ánfora de cerámica dun taller de Atenas que mostra dúas figuras humanas e decoracións.

Grupo 5

Inscrición en pedra


Descrición:
Texto escrito en latín gravado sobre pedra.

Pistas:

  • Ten escritura.
  • Podemos ler datas ou nomes.

Preguntas guía:

  • A escrita pode axudarnos a datar?
  • Que método usariamos?

Fotografía dunha pedra con letras inscritas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)