Temos un problema
Un laboratorio debe ser un lugar moi ordenado, xa que corremos o perigo de mesturar as cousas. Se isto pasase, os resultados das investigacións poden verse alterados.
No noso laboratorio sempre traballamos con moitísimo coidado pero, nun descoido, varios obxectos de distintas épocas acabaron mesturados coa carta de María de Souto.
Para proseguir coa investigación necesitamos que nos axudes a descubrir a que época pertence cada obxecto para clasificalos correctamente no noso almacén e seguir descubrindo máis cousas sobre Rosa, María e o seu manuscrito sen medo a estragar a investigación.
Que recordas?
Antes de comezar de cheo pode ser boa idea lembrar todo o que xa sabes sobre Historia que deches noutros cursos. Así será máis doado comprender os cambios que trouxeron a Idade Media e a Idade Moderna.
- Que sabes da Prehistoria e a Idade Antiga?
- Que recordas?
- Como vivían?
- Que inventos había naquela época?