Desafío
Resolve tódolos retos e completa o desafío.
Na carta escrita en 1603 por María de Souto, aprendiz de impresora en Santiago de Compostela fálase dun manuscrito escondido por Rosa da Vila no século XII, onde se menciona a historia dunha navegante esquecida.
A túa misión: resolver unha serie de retos para atopar o nome desta muller navegante e asegurarte de que a súa historia non se perda.
Para desbloquear o manuscrito, debes descubrir o nome desta muller.
Que invento do século XV revolucionou a forma de transmitir o coñecemento e permitiría a María de Souto compartir a historia de Rosa da Vila?
Empeza por I, igual que o nome da nosa navegante misteriosa.
Na Idade Media, pouca xente podía acceder á escritura e lectura. Que estamento relacionado coa Igrexa si que tiña acceso ó coñecemento?
Que grupo social gañou importancia na Idade Moderna grazas ao comercio e ás cidades?
Empeza por B, ao igual que o apelido da muller que buscamos.
Agora sabes que o seu nome empeza por I e o seu apelido por B. Foi a primeira muller en ter o cargo de almiranta. Dise que era galega.
Xa sabes quen é?



