Saltar navegación

4.3. Crea para contar

Orientacións

Neste momento xa coñeces diferentes elementos que podes empregar para compartir os teus coñecementos cun público real. A proposta para lograr o seguinte reto é que escollas en cal destes elementos queres especializarte e así formar parte do equipo que creará os produtos necesarios para a celebración do congreso científico.

Para lograr este reto debes traballar no grupo que indique a ou o mestre, tendo en conta as fortalezas e habilidades de cada quen.

Antes de escoller o tipo de produto que o teu grupo vai elaborar, debes chegar a unha serie de acordos. A continuación, tes os pasos para esta toma de decisións.

Pasos a seguir:

Escoller a información

Cada equipo debe escoller a información que incluirá no seu produto. O profesor ou profesora diravos como.

    Preguntas básicas

    As preguntas básicas a responder sobre a idea, suceso, período ou personaxe serán:

    • Localización histórica (liña do tempo).
    • A vida das mulleres nesa época (recorda o teu compromiso con María de Souto).
    • Por que foi importante.
    • Relación cos nosos tempos.
    • Aquela información que o equipo considere relevante.

    Fontes seguras

    A busca para completar a información debedes facela empregando fontes seguras que cumpran cos requisitos que xa coñeces.

    Elección do produto final

    Agora que xa tes claras estas decisións, marca o elemento no que te queres especializar para coñecer os pasos para a súa elaboración:

    Paneis divulgativos.

    Exposicións orais.

    Recorda! Só tes que escoller un dos produtos. Cal cres que será mellor para aproveitar as fortalezas do teu equipo?

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)