Glosario
Anacronismo
-
Definición:
-
Cando algo non pertence á época da que se está falando ou se está representando.
-
Exemplo:
-
Un reloxo dixital nunha imaxe da Idade Media é un anacronismo.
Definición:
Cando algo non pertence á época da que se está falando ou se está representando.
Exemplo:
Un reloxo dixital nunha imaxe da Idade Media é un anacronismo.
Xa que ides ser divulgadoras e divulgadores é importante saber como facelo o mellor posible.
De todo o estudado deberedes recapitular e seleccionar as boas prácticas da divulgación.
Ao rematar, poderedes crear un decálogo da boa divulgación en conxunto.
Toda esta aprendizaxe serviravos para crear os vosos paneis divulgativos ou exposicións orais. Deberedes aplicar estes criterios para asegurar que a información sexa clara, rigorosa e verificada.
No labor de divulgación tes que coidar de non cometer erros ou anacronismos. Moitas veces ocorre que nas películas, series ou representacións se cometen erros históricos. Ti xa es unha persoa profesional da Historia polo que xa non se che pasará nada. Demóstrao!
Lembra: Un bo divulgador ou divulgadora histórica debe saber contar as cousas dun xeito claro... pero tamén rigoroso!
Tanto nas exposicións orais como nos paneis informativos hai que ter moito coidado coa maneira na que transmitimos a información.
Vamos recoller todas estas características no seguinte documento: Compara e contrasta
Podes descargar a ficha e cubrila. Lembra gardala ao remate. Consulta co profesorado o xeito de cubrila.
Último pasiño antes de meterte de cheo no reto final.
Diríxete cara ó diario de aprendizaxe de xeito rigoroso e formal, como boa persoa divulgadora!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0