Saltar navegación

3.5. Tempo de batallas e cambios

 

Glosario

Católicos e católicas

Imaxe da cruz, considerada símbolo universal do catolicismo

Definición:

Son persoas que seguen a relixión católica-cristiá. Cren na existencia de Deus e o seu fillo Xesús e forman parte da Igrexa Católica. O seu libro sagrado é a Biblia. Entre os seus costumes están os de ir á cerimonia relixiosa chamada misa, rezar, celebrar festas importantes arredor de distintas virxes, santos ou de Xesús. Algunhas das súas celebracións máis coñecidas son a Semana Santa e o Nadal.

Exemplo:

As persoas católicas adoitan ir á misa os domingos.

Cristianismo

Imaxe da cruz e o peixe, que son representación universal das dúas relixións cristiás

Definición:

É unha relixión que segue as ensinanzas de Xesús (Cristo). Hai tres relixións diferentes que pertencen ao Cristianismo: Catolicismo, Evanxelismo e Cristianismo Ortodoxo.

Exemplo:

Todos os que seguen o Cristianismo seguen as ensinanzas recollidas na Biblia.

Musulmáns e musulmás

Imaxe da media lúa e a estrela, consideradas símbolo universal da relixión musulmá

Definición:

Son persoas que seguen a relixión musulmá. Cren na existencia de Alá. O profeta ao que seguen chámase Mahoma e o seu libro sagrado é o Corán. Entre as súas tradicións están a de rezar cinco veces ao día, realizar un xaxún durante o mes do Ramadán e acudir  á Mesquita .

Exemplo:

Durante o Ramadán as persoas musulmás só poden comer ou beber cando se pon o sol.

Pandemia

Picto con varias testas cun termómetro na boca e raios cara un virus

Definición:

É a propagación dunha enfermidade ao longo de todo o mundo que afecta a moitas persoas.

Exemplo:

As pandemias matan moitas persoas en todas as partes do mundo.

Peregrinar

Pictograma que representa a peregrinación mediante unha persoa percorrendo un camiño ata unha igrexa

Definición:

É facer un camiño, normalmente a pé, ata un lugar relixioso.

Exemplo:

Os peregrinos saen de moitas partes de España con destino á Catedral de Santiago de Compostela desde hai centos de anos.

Que sucedeu na Idade Media?

A época na que viviu Rosa tivo moitos feitos relevantes que se dividen da seguinte forma:

Alta Idade Media (séculos V - X)

Caída do Imperio Romano de Occidente (476)

  • Marca o inicio da Idade Media.
  • O territorio divídese en diferentes reinos e imperios.

O Camiño de Santiago (S. IX en adiante)

  • Xorde polo descubrimento duns restos atribuídos a Santiago Apóstolo.
  • Establécense vías para peregrinar ata Santiago.
  • Impulsou o comercio e os intercambios culturais en Galicia.Fotografía dun mosaico que mostra uns peregrinos do Camiño de Santiago

Conflito entre reinos cristiáns e Al-Ándalus (S. VIII - XV)

  • Os pobo musulmá conquista a Península, chamándoa Al-Ándalus a partir do 711.
  • Loita entre pobo cristián e o musulmán pola Península Ibérica.
  • Finaliza en 1492 coa toma de Granada polos Reis Católicos. Neste ano tamén son expulsados os xudeus do territorio.Mapa que mostra como o territorio chamado Al-Ándalus ocupa a maior parte da Península Ibérica

Baixa Idade Media (séculos XI - XV)

A Peste Negra (1347 - 1351)

  • Unha das pandemias máis letais da Historia.
  • Provoca unha gran crise social e económica en Europa.Cadro que representa o triunfo da morte mostrando moita xente morta e unha desoladora paisaxe

A Guerra dos Cen Anos (1337 - 1453)

  • Conflito entre Francia e Inglaterra.
  • Iniciou cambios políticos importantes en Europa.

Cadro que representa a batalla de Poitiers. Vense dous bando batallando con arcos e frechas, cabalos e lanzas

Lectura facilitada

A época na que viviu Rosa tivo moitos feitos relevantes que se dividen da seguinte forma:

Alta Idade Media (séculos V[cinco] - X[dez])

Caída do Imperio Romano de Occidente (476).

Marca o inicio da Idade Media.

O territorio divídese en diferentes reinos e imperios.

O Camiño de Santiago (S. IX en adiante).

Xorde polo descubrimento duns restos atribuídos a Santiago Apóstolo.

Establéncense vías para peregrinar ata Santiago.

Impulsou o comercio e os intercambios culturais en Galicia.

Conflito entre reinos cristiáns e Al-Ándalus (S. VIII[oito] - XV[quince]).

O pobo musulmán conquista a Península, chamándoa Al-Ándalus a partir do 711.

Loita entre o pobo cristián e o musulmán pola Península Ibérica.

Finaliza en 1492 coa toma de Granada polos Reis Católicos. Neste ano tamén son expulsados os xudeus do territorio.

Baixa Idade Media (séculos XI[once]- XV[quince]).

A Peste Negra (1347 - 1351).

Unha das pandemias máis letais da Historia.

Provoca unha gran crise social e económica en Europa.

A Guerra dos Cen Anos (1337 - 1453).

Conflito entre Francia e Inglaterra.

Iniciou cambios políticos importantes en Europa.

Apoio visual

Mapa conceptual que resume os feitos históricos na Idade Media

A vosa liña do tempo

Para entender mellor os cambios históricos, ides crear en grupo unha liña do tempo incorporando o aprendido ata agora.

Teñen que aparecer os períodos principais:

  • Prehistoria
  • Idade Antiga
  • Idade Media
  • Idade Moderna

E tamén acontecementos clave (mínimo dous por época), como por exemplo:

  • Invención da escritura
  • Caída do Imperio Romano de Occidente
  • Invasión musulmá
  • Descubrimento de América
  • Invención da imprenta

Ao rematar, farase unha exposición da liña do tempo na aula.

Podes usar esta liña de tempo como base para o congreso final.

Eixo cronolóxico que representa as etapas da Historia

Feito con eXeLearning (Nova xanela)