Glosario
Burguesía
-
Definición:
-
É un grupo de persoas que se dedicaban a ser comerciantes, banqueiras, artesás ricas ou donas de talleres e non pertencían nin á nobreza nin ao pobo traballador. Foi unha das revolucións sociais que apareceron na Idade Moderna.
-
Exemplo:
-
Se unha persoa conseguía ser unha moi boa artesá, na Idade Moderna, tiña a posibilidade de pertencer á burguesía .
Comercio internacional
-
Definición:
-
É a venda que un país fai dos seus produtos a outro país.
Exemplo:
-
España ten comercio internacional de laranxas con Alemaña.
Linguas vernáculas
-
Definición:
-
É unha lingua propia dun lugar, que é falada alí no seu día a día.
-
Exemplo:
-
A lingua vernácula de Galicia é o galego.
Rutas oceánicas
-
Definición:
-
Eran os camiños por onde se movían os barcos para ir dun continente a outro co cometido de comerciar, explorar ou conquistar.
-
Exemplo:
-
A ruta oceánica das especias era a que seguían os barcos de Europa a Asia.


