Como acabamos de estudar, aínda que o Sol é clave para a vida tamén pode supor unha ameaza. As tormentas solares que emite poden causar problemas nos sistemas eléctricos e de comunicación.
Que repercusión tivo no noso planeta a tormenta solar de 1859. Que ocorrería se fose na actualidade?
Para protexerse das tormentas solares, a Terra conta cun escudo natural: a magnetosfera. O noso planeta actúa como un enorme imán, xerando un campo magnético que desvía e protexe das tormentas solares. Podes velo máis claramente con este simulador:
A continuación, segue as indicacións e responde no teu caderno:
Cuestión 1
Desactiva todos os campos e preme en:
- "Earth", onde observas como a Terra actúa como un imán.
- "Magnetic field": a Terra xera un campo magnético.
Debúxao
Cuestión 2
Fíxate ben e responde: o norte magnético coincide co norte xeográfico?
Cuestión 3
- O compás (tamén chamado agulla de marear):
- Compórtase como un imán e alíñase con outros imáns, neste caso a Terra.
- Indica sempre o norte xeográfico.
- Tendo en conta a información anterior, o compás se aliña co sur magnético ou co norte magnético? Por que?
Compróbao premando en en "compass" aliñando a agulla cara o norte xeográfico.