Saltar navegación

Cal é o teu reino?

 

Glosario

Biotecnoloxía

insulina regulando azucre en sangue

Definición:

Utilización dos seres vivos ou sustancias derivadas deles para obter alimentos, medicamentos ou calquera outra aplicación na industria.

Exemplo:

A biotecnoloxía permite obter a insulina que precisan os diabéticos a partir dun proceso industrial, no que intervén unha bacteria que permite producir a insulina en grandes cantidades a baixo custo.

Celulosa

papel hixiénico

Definición:

Sustancia que forma parte da parede celular vexetal aportando rixidez. Obtense industrialmente da madeira xa que ten moita celulosa. Ten moitas aplicacións na industria: a máis coñecida é a fabricación de papel.

Exemplo:

A celulosa úsase para fabricar papel.

Descomposición e reciclaxe da materia

setas

Definición:

Proceso no cal as feces, ouriños e seres vivos mortos son transformados por bacterias e fungos en sustancias que se incorporan aos solos e poden ser absorbidas de novo polas plantas.

Exemplo:

Os fungos interveñen na descomposición e reciclaxe da materia transformándoas en sales minerais que as plantas poden absorber.

Macroscópica

liques

Definición:

Visible sen a utilización do microscopio. Calquera cousa que se pode ver a simple vista.

Exemplo:

Os liques son organismos macroscópicos.

Parasito

fungo da madeira

Definición:

Organismo que vive doutro causándolle un prexuízo.

Exemplo:

Os fungos parasitos da madeira nútrense desta causando dano ás árbores que invaden.

Plancto

diatomea e volvox

Definición:

Organismos microscópicos que flotan na auga de océanos, ríos e lagoas.

Exemplo:

As algas unicelulares forman parte do plancto.

Simbionte

bacteria

Definición:

Organismos que viven xuntos e obteñen beneficio mutuo. Dicimos que viven en simbiose.

Exemplo:

As bacterias que viven no noso intestino son simbiontes.

Tecido

tecido muscular

Definición:

Conxunto de células semellantes que fan unha función común.

Exemplo:

O tecido muscular contráese permitindo o movemento das partes do corpo.

Os reinos dos seres vivos

Imos revisar as características principais dos distintos reinos de seres vivos. Preme nas distintas lapelas para ver as súas características. Non esquezas revisar o apoio visual!

Moneras

O reino Moneras inclúe organismos microscópicos e unicelulares, como as bacterias e as arqueas. As moneras teñen células procariotas. Como verás no apartado 3.4, as procariotas son células moi sinxelas, sen núcleo, e, xa que son unicelulares, de ningún xeito poden formar tecidos.

O feito de seren microscópicas fai que pasen desapercibidas para o ollo humano, máis as bacterias e arqueas están moi presentes nas nosas vidas e nos ecosistemas terrestres. Algunhas viven como simbiontes, tanto no corpo humano como nos animais, nestes casos as bacterias aportan beneficios. Tamén poden ser parasitas e causar enfermidades. As bacterias son imprescindibles nos procesos de descomposición da materia e na súa reciclaxe para incorporarse aos solos.

collage bacterias

No reino Moneras temos organismos autótrofos e heterótrofos (conceptos xa estudados), que poden vivir en moitos ambientes distintos. Dicimos, por iso, que son cosmopolitas. Aparecen bacterias en ambientes extremos como zonas salgadas, augas termais ou ambientes moi fríos.

Algunhas bacterias son moi útiles para nós, xa que se utilizan na industria alimentaria. Por exemplo, na elaboración de iogur interveñen as bacterias. Tamén se usan para producir medicamentos. Ao uso de organismos para mellorar as nosas vidas chamámoslle biotecnoloxía.

Protoctistas

O reino protoctista inclúe distintos tipos de organismos moi diversos, desde os protozoos ata as algas. Están formados por células eucariotas. Como verás no apartado 3.4, as eucariotas son células máis complexas, con núcleo.

A maioría dos organismos do reino protoctista son microscópicos como os protozoos ou as algas microscópicas, pero tamén pertencen a este reino as algas macroscópicas, que podemos ver nas nosas costas que son pluricelulares, pero non teñen tecidos especializados.

Respecto á súa nutrición, poden ser autótrofos ou heterótrofos.

A maioría viven na auga, tanto doce como salgada, ou senón en ambientes húmidos ou no solo.

Boa parte do plancto pertence ao reino protoctista.

Fungos

Os fungos son organismos que ás veces confundimos cos vexetais, máis non o son. Os fungos están formados por células eucariotas e poden ser macroscópicos, ou microscópicos unicelulares, como os lévedos.

Nos fungos macroscópicos, a parte que vemos a simple vista é o cogomelo, estrutura reprodutora que produce esporas. É o caso do champiñón ou doutros cogomelos que podemos ver na nosa contorna.

Os fungos son moi importantes nas nosas vidas, poden causar beneficios, pero tamén prexuízos. O lévedo do pan é un exemplo de fungo beneficioso, e os fungos parasitos, causantes de enfermidades como a candidiase, son prexudiciais.

Os fungos son heterótrofos e, nos ecosistemas, fan unha importante tarefa, xa que descompoñen e transforman a materia facilitando a súa incorporación ao solo para que poida, de novo, ser utilizada polas plantas.

Plantas

O reino das plantas inclúe organismos autótrofos e fotosintéticos que teñen células eucariotas, con cloroplastos, que son os orgánulos celulares responsables da fotosíntese. As células das plantas teñen parede celular, composta por celulosa como compoñente principal, o que as diferencia doutras paredes celulares como as dos fungos e as algas.

As plantas teñen tecidos especializados para realizar distintas funcións.

Outra das características das plantas é que, na maioría dos casos, non se desprazan.

As plantas poden ter reprodución sexual ou asexual.

Pertencen a este reino as árbores, os fieitos, os musgos e as plantas herbáceas.

Animais

O reino dos animais é un dos que nos resulta máis familiar e coñecido, xa que nós mesmos pertencemos a este reino e os animais cos que convivimos e nos relacionamos, tamén.

As características que comparten os organismos pertencentes a este reino é que son eucariotas pluricelulares con tecidos, heterótrofos, e que se reproducen maioritariamente de xeito sexual, aínda que hai casos de reprodución asexual en animais.

Os animais teñen un sistema nervioso máis ou menos complexo e órganos e tecidos especializados en realizar funcións específicas, o que tamén os diferencia doutros reinos. O feito de poderen desprazarse tamén é unha característica moi relevante dos animais.

Lectura facilitada

Imos revisar as características principais dos distintos reinos de seres vivos. Preme nas distintas lapelas para ver as súas características. Non esquezas revisar o apoio visual!

Moneras

  • Son organismos microscópicos e unicelulares.
  • As súas células son procariotas. Non teñen núcleo nin orgánulos celulares.
  • Poden vivir de formas moi distintas dependendo da especie. Poden ser simbiontes, parasitas ou intervir na descomposición e reciclaxe da materia orgánica.
  • Poden ser autótrofas ou heterótrofas.
  • Son cosmopolitas. Temos bacterias en ambientes moi distintos, incluso poden vivir en zonas salgadas, augas termais ou ambientes moi fríos.
  • As bacterias úsanse tamén na industria alimentaria ou para producir algúns medicamentos. Son exemplos disto a fabricación de iogur ou de insulina.

Protoctistas

  • No reino protoctista hai distintos tipos de organismos como protozoos e algas.
  • A maioría son microscópicos como os protozoos ou as algas unicelulares.
  • As algas que vemos nas nosas costas ou praias tamén pertencen a este reino, neste caso son eucariotas pluricelulares, pero non teñen tecidos.
  • Respecto á súa nutrición, poden ser autótrofos ou heterótrofos.
  • A maioría viven na auga, tanto doce como salgada, ou senón en ambientes húmidos ou no solo. O plancto pertence a este reino.

Fungos

  • Ás veces confundimos os fungos cos vexetais, máis son reinos distintos.
  • Son heterótrofos, poden vivir descompoñendo a materia orgánica ou como parasitos.
  • Hainos microscópicos, como os ,e visíbeis a simple vista como o champiñón.
  • O "corpo" dos fungos macroscópicos chámase micelio, é un conxunto de filamentos finos chamados hifas.
  • A estrutura reprodutora dos fungos macroscópicos é a seta, como o champiñón e producen esporas.
  • Hai fungos parasitos que poden causar enfermidades no ser humano e tamén en plantas e animais.
  • Outros fungos son útiles, como o lévedo do pan.
  • Nos ecosistemas, os fungos fan unha importante tarefa, xa que descompoñen e transforman a materia orgánica en inorgánica facilitando a súa incorporación ao solo para que poida, de novo, ser utilizada polas plantas.

Plantas

  • Son organismos autótrofos que fan a fotosíntese.
  • As súas células son eucariotas e teñen cloroplastos. Os cloroplastos son os orgánulos onde se fai a fotosíntese.
  • Posúen tecidos especializados en realizar distintas funcións.
  • Teñen parede celular de celulosa que recobre as súas células.
  • A maioría das plantas non se desprazan.
  • A súa reprodución pode ser sexual ou asexual.
  • Pertencen a este reino as árbores, plantas herbáceas, fentos e musgos.

Animais

  • Son pluricelulares e heterótrofos.
  • A súa reprodución é maioritariamente sexual, aínda que hai casos de reprodución asexual.
  • Teñen tecidos e órganos. Tamén teñen un sistema nervioso que non aparece noutros reinos.
  • A maioría dos animais poden desprazarse.

Apoio visual

Relaciona co reino correspondente

Imos xogar cos seres vivos. Neste xogo tes que emparellar os seres vivos da columna esquerda cos reinos que aparecen na columna dereita.

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Imos xogar cos seres vivos. Neste xogo tes que emparellar os seres vivos da columna esquerda cos reinos que aparecen na columna dereita.

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"resources/bacteria.1.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Unicelulares%2C%20as%20s%C3%BAas%20c%C3%A9lulas%20non%20te%C3%B1en%20n%C3%BAcleo","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Reino%20moneras"},{"url":"resources/mofo_en_laranxa.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Heterotrofos%2C%20con%20c%C3%A9lulas%20eucariotas.%20","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Reino%20fungos"},{"url":"resources/arana2.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Te%C3%B1en%20tecidos%20e%20%C3%B3rganos.%20Poden%20moverse","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Reino%20animais"},{"url":"resources/512px-Paramecium__and__Coleps_-_160x_-_Ciliensystem_(8356969695).jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Os%20protozoos%20pertencen%20a%20este%20reino","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Reino%20protoctistas"},{"url":"resources/hepatica.JPG","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Fan%20a%20fotos%C3%ADntese%20e%20te%C3%B1en%20c%C3%A9lulas%20eucariotas%20con%20parede%20celular%20de%20celulosa","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Reino%20plantas"}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"202511172245-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Prema aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}
01234
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Clasifica como unha persoa científica

A clasificación dos seres vivos, como xa vimos, axuda no seu estudo. Nesta actividade vas traballar coma un científico ou científica para facer unha clasificación en forma de árbore dos distintos reinos.

Pero antes, para que che sirva de axuda, imos ver un exemplo de como se fixo a clasificación dunhas figuras xeométricas. Fíxate ben na imaxe!

árbore figuras xeométricas

Na base da árbore temos un grupo de figuras xeométricas. A medida que ascendedes pola árbore, tedes que escoller a rama coa característica que corresponda á figura.

Por exemplo, se a nosa figura escollida é o triángulo azul, no primeiro nodo, escolleremos a rama da esquerda que nos indica "con vértices", no nodo seguinte escolleremos a rama da dereita xa que nos indica "menos de 4 vértices". Podes facer ti agora os camiños a seguir para chegar ás outras figuras xeométricas.

O importante é escoller ben as características.

Agora tócache a ti traballar como unha persoa científica e poñer os criterios de clasificación na árbore dos seres vivos para identificar os distintos reinos. Para que a tarefa che resulte máis doada, parte da árbore xa ten os criterios establecidos.

Ánimo, que o vas a facer moi ben!

INSTRUCCIONS:

Arrastra os criterios de clasificación que aparecen na parte inferior dereita á zona correspondente da rama da árbore.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)