Saltar navegación

1. Mergullándote na contorna

 

Glosario

Biodiversidade ou diversidade biolóxica

Ría de Arousa

Definición:

Variedade de seres vivos que habitan na Terra ou nun ecosistema.

Exemplo:

As rías galegas son un ecosistema costeiro, onde a interacción da auga doce e salgada, xera un ambiente único que favorece unha gran diversidade biolóxica.

Botar a andar

Somos moitos e moi variados os organismos que convivimos no planeta Terra: pensa nunha árbore, unha miñoca, un mosquito… A simple vista, parece que somos moi diferentes entre nós.  E sabes que? Tampouco chegamos ao planeta ao mesmo tempo. Con todo, ao longo destas páxinas descubrirás que, curiosamente, non somos tan distintos como parece. 

A gran diversidade de organismos terrestres

Para iso, propoñémosvos o seguinte reto: 

Seguramente cerca do instituto ou na túa localidade hai un espazo natural cheo de vida e historia. Agora tendes a oportunidade de coñecelo, protexelo e compartir a súa importancia cos demais. Invitámosvos a deseñar, en equipo, un calendario da biodiversidade exemplificado nun espazo natural. Para logralo debedes pensar en aspectos clave: que seres vivos habitan alí? Como os clasificarías? De que se alimentan? Que estratexias teñen para sobrevivir no seu ecosistema?

Deixa voar a túa imaxinación mentres aprendes sobre a biodiversidade e as características dos seres vivos!

 

Lectura facilitada

  • No planeta Terra habitan organismos moi diferentes.
  • Os diferentes seres vivos non chegaron á Terra ao mesmo tempo.
  • O reto consiste en deseñar, en equipo, un calendario de biodiversidade exemplificado nun espazo natural da vosa contorna.

Que vas aprender?

Ao longo deste recurso aprenderás a: 

  •  Determinar as condicións que fan posible a vida no planeta Terra.
  •  Identificar e describir as características dos diferentes reinos.
  •  Aproximarte á orixe evolutiva da diversidade dos seres vivos.
  •  Recoñecer as funcións vitais dos seres vivos e a súa organización básica.
  •  Valorar a biodiversidade dun espazo natural.

Reflexiona antes de comezar

Diario de aprendizaxePensa  sobre as seguintes cuestións co teu grupo sobre a vida, concretamente , sobre a gran diversidade que existe neste planeta. Logo escribe as respostas obtidas no bloque 1 do teu diario de aprendizaxe.

  • Que é para ti a diversidade dos seres vivos?
  • Discute en gran grupo as posibles características e elementos que poderiades incluír no voso calendario de biodiversidade.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)