Mans á obra
Decidimos e organizamos
Traballando primeiro en pequeno grupo e despois en gran grupo e coordinados pola persoa docente, ides decidir o espazo natural sobre o que faredes o voso calendario.
Investigamos:
- Recorda que, na fase 1, puideches consultar o mapa interactivo no que aparecen os distintos espazos naturais de Galicia. Localiza os que teñas preto do teu centro.
- Outra fonte de consulta pode ser o concello ou outras entidades, como asociacións veciñais, asociacións ambientais e de tempo libre.
- Non esquezas os "máis vellos do lugar". As persoas maiores son unha fonte de sabedoría e coñecían o territorio moi ben. Búscaos para obter información.
Analizamos e decidimos:
Agora que xa tes toda a información toca analizala. Primeiro, en pequeno grupo, e despois con toda a aula debatemos para acordar sobre que espazo natural traballaremos.
Agora, dentro de cada grupo tedes que facer a escolla do tipo de calendario. Debedes decidir entre distintas opcións:
- Calendario mensual.
- Calendario trimestral.
- Calendario cun cartel anual.
- Calendario de sobremesa.
- Outros...
O formato de traballo é outra decisión importante a tomar. Podedes escoller algunha destas opcións:
- Formato dixital colaborativo, con ferramentas como Canva, Genially ou semellantes, que teñen versións gratuítas e poden ser unha boa opción.
- Formato dixital individual. Con calquera ferramenta que vos decidades.
- Formato manual. Facendo os vosos deseños á man. Repartimos o choio.
Organizámonos:
Axudados pola persoa docente, faredes a asignación de tarefas aos distintos grupos. A listaxe de tarefas deberá ser algo semellante a isto:
- Recompilación de imaxes. Deberán ser fotografías ou debuxos propios.
- Elaboración de textos.
- Deseño e integración de imaxes e texto.
- Elaboración do documento final e impresión do calendario.
Lectura facilitada
Ides decidir o espazo natural sobre o que facer o calendario.
Tomaredes a decisión en grupo.
Investigamos:
Consultar o mapa interactivo da fase 1.
Preguntar no voso concello, en asociacións veciñais ou en asociacións ambientais da vosa contorna.
Consultar a persoas maiores da vosa familia ou amigos.
Analizamos e decidimos:
En grupo, analizamos a información recollida e debatemos para escoller o espazo natural.
Despois escollemos o tipo de calendario. Pode ser:
- Calendario mensual.
- Calendario trimestral.
- Calendario cartel anual.
- Calendario de sobremesa.
- Outros...
Escollemos o formato do calendario:
- Formato dixital.
- Formato manual. Deseñando á man.
Organizámonos repartindo as tarefas:
- Buscar e escoller as imaxes.
- Escribir os textos.
- Deseñar e xuntar imaxes e texto no deseño do calendario.
- Elaborar o documento final e imprimilo.