Glosario
Atmosfera
-
Definición:
-
Capa de gases que rodea o noso planeta.
-
Exemplo:
-
A atmosfera é como unha manta que retén o calor, mantendo así a temperatura media do planeta.
Definición:
Capa de gases que rodea o noso planeta.
Exemplo:
A atmosfera é como unha manta que retén o calor, mantendo así a temperatura media do planeta.
Observa a seguinte fotografía. Que pensas que pode ser? Algo inerte ou un ser vivo? Se pensaches que son rochas, acertaches pero tamén foron seres vivos. Si, aínda que non o pareza, foron.
Trátase de estromatolitos, estruturas rochosas formadas por microorganismos diminutos, como as bacterias. Estes seres vivos existiron na Terra hai miles de millóns de anos e desempeñaron un papel clave na produción do osíxeno que respiramos hoxe. Actualmente, atópanse nalgunhas praias e lagos.
A vida na Terra é o resultado dunha serie de condicións e factores que se combinaron ao longo de miles de millóns de anos. O Sistema Solar comezou a formarse hai uns 4.600 millóns de anos, dando orixe ao Sol e aos oito planetas que o acompañan. Nos seus inicios, a Terra era unha enorme bóla de materiais fundidos rodeados de gases. Co paso do tempo o noso planeta foi arrefriándose, e nesa etapa carecía de osíxeno na súa atmosfera e non existía vida.
Con todo, a Terra experimentou unha serie de transformacións, como a incorporación de osíxeno na súa atmosfera. Lembras quen foron os responsables? Isto, xunto coa distancia adecuada ao Sol creou as condicións necesarias para o xurdimento dunha gran diversidade de vida.
Agora ben, saberías dicir por que ditas características -a distancia ao Sol e a presenza da atmosfera- son fundamentais para a habitabilidade da Terra? Descúbreo na seguinte actividade.
Emparella cada factor coa súa causa
Despois de relacionar as parellas, responde ás seguintes cuestións no teu caderno:
Que é o que permite que a auga estea en estado líquido?
Realiza unha frase que conteña as seguintes palabras: Sol, atmosfera e temperatura.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0