Saltar navegación

Como te chamas?

 

Glosario

Nomenclatura

Linneo

Definición:

Conxunto de regras para poñer nome aos seres vivos.

Exemplo:

A nomenclatura binomial foi establecida por Linneo no ano 1735.

Universal

Banner pequeno de cREAgal

Definición:

Que é entendido e aceptado por calquera en calquera parte do mundo.

Exemplo:

A clasificación dos seres vivos en 5 reinos é universal.

A nomenclatura binomial

Castaño, castiñeiro, sweet chestnut, son os nomes que recibe en distintos idiomas o mesmo ser vivo, que nós en Galicia coñecemos como castiñeiro. O feito de reciban os nomes comúns ou vulgares en distintos idiomas, xera un problema de comunicación entre os científicos de todo o mundo. Para evitar isto, ideouse unha nomenclatura científica. Deste xeito, ao utilizar o nome científico, calquera persoa en calquera lugar do mundo pode entendelo, xa que é unha linguaxe universal.

Foi Linneo o que estableceu as bases desta nomenclatura.

A nomenclatura científica das especies, chámase tamén nomenclatura binomial e baséase en dúas palabras latinas. A primeira palabra é o xénero ou nome xenérico; a segunda palabra é a especie ou nome (epíteto) específico. Vexamos un exemplo:

Castanea sativa é o nome científico do castiñeiro, e, como podes ver, a primeira palabra comeza con maiúscula e a segunda con minúscula. Fíxate tamén que está escrita en cursiva. Cando escribimos a man, en lugar de usar cursiva, temos que subliñar o nome, Castanea sativa.

Lectura facilitada

  • Os nomes comúns ou vulgares son distintos nos distintos idiomas.
  • A linguaxe científica necesita ser universal para que se poida compartir información sen que haxa dúbidas na mesma.
  • A nomenclatura científica é entendida por todos os científicos. É universal.
  • Na nomenclatura científica ou binomial as especies noméanse con dúas palabras en latín. A primeira palabra é o xénero e a segunda é a especie.
  • Por exemplo, o nome científico do castiñeiro é Castanea sativa.
  • Os nomes científicos escríbense en cursiva cando o facemos cun ordenador.
  • Cando escribimos á man, o nome científico ten que ir subliñado.

Poñemos en práctica a nomenclatura binomial

A lavandeira real e a lavandeira branca son dúas especies de paxaros moi comúns nos nosos prados, terras de cultivo, xardíns e beiras de ríos.

Busca na rede o seu nome científico e escríbeo correctamente.

Indica tamén a clase e a orde á que pertencen.

Pertencen ao mesmo xénero? Argumenta a resposta.

Traballamos cara ao reto final

Lembra que o reto final que che propuxemos na fase 1 consiste en elaborar unha campaña de sensibilización para a conservación dunficha exemplo espazo natural próximo ao teu centro.

Despois de escoller ese espazo natural, agora toca traballar un pouco sobre os seres vivos que nel habitan.

Coas instrucións que vos facilitará a persoa docente e traballando en grupos de 2 – 4 integrantes, ides elaborar unha ficha sinxela sobre un dos seres vivos máis relevantes dese espazo natural. Debedes indicar:

  • Nome común ou vulgar en galego, castelán e inglés
  • Nome científico
  • Categorías taxonómicas ás que pertence: familia, orde, clase...
  • Fotografía

Esta ficha servirá para ter os datos recollidos para despois incluílos no documento do reto final.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)