Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

Que é o diario de aprendizaxe?

Diario de aprendizaxeO diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto que, neste caso, é a elaboración dun calendario da biodiversidade. Co seu uso, desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.

Deberás cubrilo segundo as indicacións da persoa docente. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo. Servirá de axuda para autoavaliarte, compartir información co resto do teu grupo e conseguir o reto proposto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)