Saltar navegación

3. Descubrindo e aprendendo

Ordenando o que sabemos

Como primeiro paso para completar o reto, embarcámonos nunha viaxe fascinante para explorar a incrible diversidade de vida no noso planeta. Sabías que, aínda que coñecemos arredor de 2 millóns de especies, os científicos estiman que poderían existir entre 30 e 100 millóns de especies diferentes? É hora de poñer a proba os teus coñecementos e descubrir máis sobre este marabilloso mundo.

Serías quen de nomear dez seres vivos diferentes?

  • Pensa en dez seres vivos que coñezas e anótaos.
  • Comparte a túa lista co resto da clase.

Discusión en grupo:

  • Que tipo de seres vivos escribistes? Animais? Vexetais? Fungos?
  • Alguén nomeou unha bacteria? E unha alga? E un protozoo?

Lectura facilitada

  • Imos explorar a incrible diversidade de vida no noso planeta.
  • Coñecemos arredor de 2 millóns de especies.
  • Os científicos estiman que poderían existir entre 30 e 100 millóns de especies diferentes.
  • Serías quen de nomear dez seres vivos diferentes?
    • Pensa en dez seres vivos que coñezas e anótaos.
    • Comparte a túa lista cos teus compañeiros.
  • Discusión en grupo:
    • Que tipo de seres vivos escribistes?
    • Alguén nomeou unha bacteria?
    • E unha alga?
    • E un protozoo?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)