Ángeles Alvariño e Anne Magurran
Moitas mulleres no mundo loitan por un futuro mellor! Gustaríache ser coma elas?
Lectura facilitada
- A ferrolá Ánxeles Alvariño foi unha científica galega.
- Foi un personaxe moi importante no campo da oceanografía.
- Chegou a descubrir 22 especies mariñas!
- Outra científica importante foi Anne Magurran
- Foi pioneira na medición da biodiversidade.
Ángeles Alvariño, contra vento e marea
No seguinte vídeo presentamos unha científica en maiúsculas, e é galega!
A ferrolá Ángeles Alvariño foi unha científica moi importante no campo da oceanografía.
Chegou a descubrir 22 especies mariñas!
Coñece máis sobre ela na seguinte ligazón.
Anne Magurran, medindo a biodiversidade
Nacida en 1955, na actualidade é profesora británica de ecoloxía na Universidade de St Andrews (Escocia).
Comezou a súa carreira contando avelaíñas nun bosque do norte de Irlanda, cando o estudo da diversidade biolóxica era unha ciencia moi nova. Máis tarde estudou pirañas do Amazonas.
Foi pioneira na medición da biodiversidade.
Cres que é importante cuantificar a biodiversidade?
Certamente, poder medir a biodiversidade é de vital importancia para poder facer programas de conservación e avaliar a súa eficacia. Ademais, permítenos observar como evoluciona un ecosistema.
