Saltar navegación

4.2. Traballando no calendario

Coas mans na masa: traballamos no calendario

Traballamos...

Traballamos no calendario

Lembrade que, en cada mes do voso calendario, terá que ir unha mensaxe impactante cara á conservación da biodiversidade do voso espazo natural. A mensaxe deberá ser unha combinación de imaxes, fotografías, textos...

Investigade. Analizade distintos modelos de calendarios que vistes no desfile de modelos do punto 4. Outras fontes de inspiración poden ser os calendarios que poidades atopar nas vosas casas ou no centro educativo. A Internet tamén pode ser unha boa opción para ver outros modelos.

Facede as fotografías e ilustracións. As imaxes son unha parte moi importante. O atractivo do voso calendario dependerá en grande medida delas.

Redactade os textos. Deberán recoller:

  • Frase, mensaxe ou copla  chamativa para presentar a cada unha das especies.
  • Información sobre a taxonomía das especies representadas.
  • Hábitat e xeito de vida.
  • Hábitos alimentarios e/ou reprodutivos.
  • Descrición breve das adaptacións ao medio.
  • Posibles ameazas para a especie.

Deseñade e elaborade o voso calendario.

Deixade voar a vosa imaxinación!

Lectura facilitada

O calendario terá unha mensaxe impactante. Debe ser unha combinación de imaxes e textos atractiva.

Investigade.

Analizade os distintos modelos de calendario do desfile de modelos do punto 4.

Tamén podedes inspirarvos noutros calendarios. Buscade nas vosas casas ou en Internet.

Facede as fotografías e ilustracións.

Redactade os textos. Deben incluír:

  • Frase, mensaxe ou copla chamativa para presentar a cada unha das especies.
  • Información sobre a taxonomía das especies representadas.
  • Hábitat e xeito de vida.
  • Hábitos alimentarios e/ou reprodutivos.
  • Descrición breve das adaptacións ao medio.
  • Posibles ameazas para a especie.

Deseñade e elaborade o voso calendario. Usade a vosa imaxinación para obter un deseño atractivo e impactante.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)