A nosa contorna
A importancia da biodiversidade
Como xa dixemos, a biodiversidade é a gran variedade de seres vivos que habitan no noso planeta ou nun ecosistema, e, cada un, cumpre un papel importante no equilibrio da natureza. Concretamente, proporcionan alimentos, medicinas, osíxeno, etc. Sen ela, moitos ecosistemas deixarían de funcionar correctamente, afectando tamén aos seres humanos. A continuación observa atentamente o seguinte vídeo, onde descubrirás a gran importancia da biodiversidade. Poderías mencionar algún exemplo de beneficio que se destaca no vídeo e engadir outro que non mencionásemos ata o de agora? Ademais, enumera algunhas accións que contribúen á perda de biodiversidade. Por último, fíxate nas solucións que se propoñen para frear a crise ambiental. Presta atención!
ODS a que se refire?
Por todo isto as Nacións Unidas crearon os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS 2030) que son un conxunto metas para mellorar o futuro do planeta. Un destes obxectivos, o número 15, céntrase en protexer a vida na Terra, detendo a perda de biodiversidade e conservando os ecosistemas. Para logralo, é fundamental coidar os bosques, ríos, mares e todos os espazos naturais onde viven os diferentes organismos.
Lectura facilitada
- A biodiversidade é a variedade de seres vivos que habitan o noso planeta ou nun ecosistema.
- Os diferentes seres vivos proporciónannos alimentos, medicinas, osíxeno, etc.
- Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) son un conxunto de metas para mellorar o futuro de planeta.
- Un destes obxectivos e deter a perda da biodiversidade conservando os ecosistemas como os bosques, ríos, etc.